Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 21, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LACERÍA E POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS RELATIVOS Á POSESIÓN E CUSTODIA DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA.
Publicación provisional:
02/02/2008
BOP Nº:
28
Publicación definitiva:
18/04/2008
BOP Nº:
89
Aplicable dende:
18/04/2008
Artigo 1.- Fundamento e réxime.
Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 20.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba ou Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa pola pola prestación do servizo de lacería e pola expedición de documentos relativos á posesión e custodia de animais de compañía, que se regulará pola presente ordenanza.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións esixidas polo ordenamento xurídico para a concesión da licencia para a tenencia de animais potencialmente perigosos, renovación, tramitación, control e custodia da mesma, e aqueles outros servizos que se recollen no artigo 6 desta Ordenanza.
b) A prestación do servizo de lacería para a recollida de animais perdidos ou abandonados.
Artigo 3. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que soliciten, provoquen ou resulten beneficiadas pola tramitación ou expedición dos documentos a que se refire o artigo 2a), ou pola prestación do servizo ó que se refire o artigo 2b).
Artigo 4. Devengo
A obrigación de contribuír nace coa solicitude da expedición do documento, ou co documento mesmo, do que vaia entender a Administración municipal, sen que se inicie a actuación ou o expediente ata que se efectúe o pago xunto coa solicitude, co carácter de depósito previo.
No caso de prestación do servizo de lacería, a obriga de contribuir nacerá no momento no que o suxeito solicite a recuperación do animal, ou, cando pola propia administración municipal, se identifique o propietario do animal extraviado ou abandonado. Neste segundo caso, instruirase, se procede, o expediente sancionador correspondente.
Artículo 5. Responsables
1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 6. Tarifas.
1.- Licenza de animais potencialmente perigosos:..25,00 euros
2.- Inscripción rexistro de animais potencialmente perigosos...20,00 euros
3.- Ficha identificativa individual...0,60 euros
4.- Renovación de licenzas...12,00 euros
5.- Cancelación rexistral...6,00 euros
6.- Servizo de lacería...152,00 euros
Artigo 7. Infraccións e sancións.
En todo o relativo ós expedentes e calificacións de infraccións, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na ordenanza municipal reguladora da posesión e custodia de animais de compañía publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 170, de 24/7/2007.
No caso de infracción e sancións tributarias, estarase ó disposto na lexislación vixente en cada caso.
Disposición adicional única.
Quedan excluídos da obriga de obtención da licenza municipal, aqueles exemplares caninos que foran obxecto de adestramento baixo a supervisión directa da ONCE e sexan destinados a guía de personas invidentes.
Disposición final
A presente ordenanza entrar en vigor coa súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa polo Concello de Cerceda.