Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACION DE LOCAIS MUNICIPAIS EN HORARIO NOCTURNO
Publicación provisional:
22/12/2007
BOP Nº:
294
Publicación definitiva:
22/12/2007
BOP Nº:
294
Aplicable dende:
23/12/2007
Derrogada:
31/07/2013
BOP Nº:
144
Artigo 1.- CONCEPTO
De conformidade co previsto no artigo 20.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, este Concello establece a taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial por parte de persoas físicas ou xurídicas, dos locais e instalacións municipais existentes no municipio, para pasa-la noite. Os locais a utilizar serán as instalacións deportivas municipais, os albergues de titularidade municipal e os locais sociais ou outras instalacións. So se poderá solicitar dúas noites por persoa ou grupo de persoas. O horario permitido de estancia será de dezaseis horas dun día ás nove horas do día seguinte.
Artigo 2.- FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible a utilización dos locais municipais existentes no municipio para pasa-la noite co cumprimento das normas de uso de cada un dos establecementos.
Artigo 3.- SUXEITO PASIVO
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da LXT que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunden as prestacións a que se refire a presente ordenanza.
Artigo 4.- RESPONSABLES
Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 e 43 da LXT.
Artigo 5.- BASE IMPOÑIBLE E COTA TRIBUTARIA
1.- A cota tributaria será a resultante de aplica-las seguintes tarifas:
A) Por utilización dos locais municpais mencionados para pernoctar: 3 Euros por persoa
Artigo 6.- NORMAS DE XESTIÓN
O aboamento da taxa realizarase no momento da entrada no local a que se refire a presente ordenanza, a partir das dezaseis horas; excepto no caso de entrada en pavillóns deportivos, a cal será a partir das vinte horas; a cuio efecto será entregado o ticket correspondente polos medios que poña a disposición o Concello.
A alcaldía determinará as temporadas anuais nas que se poderá facer uso das instalacións citadas para a finalidade descrita no artigo 2.
Artigo 7.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Para o tocante as infraccións e sancións rexerá o disposto nos artigos 181 e seguintes da LXT.
DISPOSICION FINAL
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación o día 30 de outubro de 2007 e entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación posterior.
Arzúa, 14 de decembro de 2007.