Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DAS PISCINAS MUNICIPAIS CUBERTA CLIMATIZADA E DESCUBERTA, E LIGA DE FÚTBOL SALA

Publicación provisional: 07/11/2007 BOP Nº: 257
Publicación definitiva: 22/12/2007 BOP Nº: 294
Aplicable dende: 22/12/2007

Artigo 1.º.-FUNDAMENTO E NATURALEZA.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril; e artigos 20 e 57 do texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais; e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 de dito texto legal; acórdase a imposición e ordenacións da taxa pola prestación do servicio das piscinas municipais climatizada e descuberta.

Artigo 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúen o feito impoñible desta taxa:
1.-A prestación do servicio da piscina climatizada municipal, mediante a súa utilización por particulares e entidades, con motivo da ocupación do tempo libre e a realización de actividades deportivas, durante toda a tempada a excepción do mes de agosto, cuia instalación permanecerá pechada, segundo o seguinte horario:
* Laborais:
Mañá: 9.00 a 14.00 h.
Tarde: 16.00 a 23.00 h.
* Sábados:
Mañá: 9.30 a 14.00 h.
Tarde: 16.00 a 20.00 h.
* Domingos e festivos:
Mañá: 10.00 a 14.00 h.
Tarde: pechado
2.-A prestación do servicio da piscina municipal descuberta, mediante a súa utilización por particulares e entidades, con motivo da ocupación do tempo libre e a realización de actividades deportivas, dende o 10 de xuño ata o 20 de setembro, segundo o seguinte horario:
* De luns a domingo: de 11.:00 a 20.00.
3.-A participación nos partidos de futbol celebrados con motivo da participación na liga de futbol sala local.

Artigo 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.

Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas polos serivizos ou actividades realizadas nas piscinas municipais climatizada e descuberta; así como os solicitantes para a participación na liga de futbol sala.

Artigo 4.º.-RESPONSABLES.

Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.º.-COTA TRIBUTARIA.

Epígrafe 1.º).-Piscina municipal climatizada, a cota tributaria será a resultante de aplicar as seguintes tarifas:
A. Cotas de abonados e entradas puntuais.
I) Cuota de inscripción: 12,00 euros.
Cantidade que se fará efectiva ó formalizarse a inscripción, de carácter irrecuperable e será dende a data da formalizacón da inscripción ata a data na que o abonado cause baixa.
II) Abono individual: 19,00 euros.
III) Abono familiar:
Titular: 19,00 euros.
Cónxuxe: 3,70 euros.
Cada fillo menor de 18 anos: 3,70 euros.
A partir de 2 fillos:
- Menores de 18 anos: cota de 30,10 euros.
- Menores de 6 anos: gratuíto
IV) Terceira idade:
Individual: 16,00 euros.
Familiar (titular máis cónxuxe): 19,00 euros.
Persoas maiores de 60 anos.
V) Abonado xoven; persons de 16 a 21 anos: 16,00 euros.
VI) Abonado matinal; persoas que irían á piscina en horario de mañá: 16,00 euros.
VII) Entrada puntual piscina (con dereito a utilizar a piscina, ximnasio e sauna. Un día en horario de mañá ou tarde, a escoller):
a) En xeral: 3 euros.
b) Menores de 18 anos e maiores de 60: 2 euros.
c) Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro a entrada puntual será de 4 euros para tódolos públicos.
B. Cotas de servicios:
I) Sesión de solárium: 3,50 euros.
II) Bono de 10 sesións de solárium: 30 euros.
C. Cotas de actividades:
Área de natación:
Actividad
Abonado
Non abonado
Natación de adultos. Iniciación
9,50
19,00
Natación adultos. Perfeccionamento
9,50
19,00
Natación nenos. Iniciación
9,50
19,00
Natación nenos. Perfeccionamiento
9,50
19,00
Actividades acuáticas para bebés
6,50
13,00
Actividades 3ª idade
9,50
19,00
Todas estas actividades son de dos días semanales e de duración de 1 hora por día.
Área de saúde:
Actividad
Abonado
Non abonado
Natación terapéutica
12,50
25,00
Natación pre e post-parto
12,50
25,00
Auguas salus
12,50
25,00
Auguas fitness
12,50
25,00
Outros
12,50
25,00
Todas estas actividades son de 3 días semanais e de duración de 1 hora por día.
Outras actividades:
Actividade: abonado
* Aeróbic: gratuíta
* Mantemento ou acondicionamento: gratuíta
* Outros: gratuíta
Actividades para centros educativos;
* Actividade: precio por persona/mes
* Natación. Iniciación: 6,50 euros
* Natación. Perfeccionamiento: 6,0 euros
Estas actividades realizaranse un día por semana, dunha hora de duración en horario de mañá, acompañados dun profesor educativo, e sempre en grupos organizados.
Epígrafe 2.º.-piscina descuberta, a cota tributaria será o resultado de aplicar as seguintes tarifas:
I) Non abonado: Por entrada diaria de cada persoa.
* Ata 6 anos de idade e maiores de 65 anos: 0 euros.
* Menores de 14 anos: 2 euros
* Maiores de 14 anos: 3 euros
II) Bonos:
* Menores de 14 anos:
* Bono de 10 baños: 9,00 euros
* Bono de 20 baños: 12,00 euros
* Toda a tempada: 15,00 euros
Maiores de 14 anos:
* Bono de 10 baños: 12,00 euros
* Bono de 20 baños: 15,00 euros
* Toda a tempada: 18,00 euros
III) Abono familiar:
* Por toda a tempada: 20,00 euros.
Enténdese por abono familiar ó titular, cónxuxe e fillos menores de 18 anos.
IV) Abonados á piscina climatizada: gratuito
Epígrafe 3.º.-Liga local de futbol sala.
Cota pola actividade da Liga local de futbol sala: 120 euros.
Esixirase a constitución dun aval por importe de 100 euros como garantía de presentación ós partidos para os cales se solicitou a súa participación. No caso de non presentarse retraeranselle do mesmo a cantidade de 30 euros por partido non presentado. A non presentación a máis de dous partidos traerá consigo a expulsión e a pérdida da totalidade da cantidade depositada en concepto de aval.

Artigo 6.º.-EXENCIÓNS.

Estará exceptuada do pago desta taxa a utilización das piscinas con motivo das actividades organizadas por iniciativa do Concello, ou patrocinadas polo mesmo.

Artigo 7.º.-DEVENGO E INGRESO.

Devengase a taxa e nace a obriga de contribuír, dende o momento en que se inicia a prestación do servicio.
Para o caso das piscinas municipais, as cotas no seu caso enténdese referidas a meses. O pago da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina cando se trate de entradas puntuais e bonos.
O pago das cotas mensuais fixadas para abonados e das cotas de actividades tanto para abonados como para non abonados, farase sempre por anticipado ou a través do recibo domiciliado. Os recibos poranse ó cobro a partir do 15 de cada mes anticipado.

Artigo 8.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

No relativo á calificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Queda derogada a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio da piscina municipal aprobada polo Pleno o día 30 de decembro de 2002 e publicada no BOP o día 31 de decembro de 2002.
Queda derogada a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio da piscina municipal descuberta e liga de futbol sala local aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 27 de abril de 2004 e publicada no BOP o día 28 de xuño de 2004.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 30 de outubro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da sua publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.