Curtis - REGULAMENTO PARA A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO REXISTRO MUNICIPAL DE PARELLAS DE FEITO
Artigo 1.- Obxecto e réxime xurídico.-
Artigo 2.-Ámbito.-
No Rexistro Municipal de Parellas de Feito inscribiranse todas aquelas unións non matrimoniais de convivencia de parellas, con análoga relación de afectividade e con independencia da súa orientación sexual, que sexan maiores de idade ou menores emancipados, sen vínculo de consaguinidade ou adopción( concretamente non poden constituir parella de feito os parentes en liña recta por consaguinidade ou adopción, ou os colaterais por consaguinidade ou adopción, ata o terceiro grao), que polo seu libre e pleno consentimento constitúen unha unión de convivencia non matrimonial, manifestan a súa vontade de inscribila no rexistro e cuxos membros teñan a súa residencia habitual e figuren empadroados no Concello de Curtis.
Artigo 3.- Requisitos das inscricións.-
3.1.- A instancia ou solicitude debe acompañarse de documentación acreditativa de cumprimento dos requisitos mínimos establecidos para a inscrición no rexistro:
- Ser maior de idade ou menor emancipado e non ter sido declarado incapacitado. Non estar ligado por vínculo matrimonial.
- Non estar inscrito como membro doutra unión non matrimonial non cancelada.
- Tela súa residencia habitual e figurar empadroado no Concello de Curtis.
- Non ter relación de parentesco por consanguinidade ou adopción en liña recta ou en liña colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
3.2.- As inscricións realizaranse logo da sinatura da correspondente solicitude por parte dos dous membros da unión, seguindo o modelo do Anexo I deste regulamento, a cal se levará a cabo mediante comparecencia persoal e conxunta perante o/a funcionario/a encargado/a do rexistro, e na que se efectuará a correspondente declaración responsable dos seguintes aspectos:
- Manifestación da existencia da unión de convivencia non matrimonial coa indicación do domicilio de empadroamento da mesma.
- Non estar ligado con vínculo matrimonial.
- Non estar inscrito como membro doutra unión non matrimonial non cancelada.
- Non ser declarado incapacitado por resolución xudicial.
- Non ter relación de parentesco por consanguinidade ou adopción en liña recta ou en liña colateral por consanguinidade ou adopción dentro do terceiro grao.
3.3.- A solicitude da inscrición acompañarase da documentación acreditativa do cumprimento dos seguintes requisitos:
- Fotocopia compulsada do D.N.I., N.I.E.
- De ser o caso, declaración xudicial de divorcio ou nulidade.
- De ser o caso, documentación xustificativa de viuvez.
- Xustificante de empadroamento dos membros da unión non matrimonial.
- De ser o caso, certificación literal de nacemento onde conste a anotación marxinal de emancipación do menor.
Artigo 4.- Declaracións e actos inscribibles.-
Serán obxecto de inscrición:
- A declaración de constitución das unións de feito e a extinción das mesmas cando concorran algunha das- causas do artigo 6 do presente regulamento.
- Os contratos civís reguladores das relacións persoais e patrimoniais da unión de feito así como circunstancias relevantes que afecten á unión extramatrimonial.
Non poderá efectuarse inscrición algunha no Rexistro Municipal de Parellas de Feito sen o consentimento conxunto dos membros da unión de feito, agás o previsto no apartado segundo do artigo 6 deste regulamento.
Só as inscricións que fagan referencia á extinción da unión non matrimonial por vontade unilateral se poderán efectuar a instancia dun só dos membros, conforme establece o artigo 6.2 do presente regulamento.
Artigo 5.-Efectos.-
As inscricións no Rexistro de Parellas de Feito terán efectos declarativos sobre a constitución, modificación e extinción das unións de feito, así como dos contratos reguladores das relacións persoais e patrimoniais, pero non afectan á súa validez nin ós efectos xurídicos que lle sexan propios e que acontezan á marxe deste.
No ámbito competencial deste Concedo, tódalas unións non matrimoniais de convivencia inscritas no Rexistro Municipal de Parellas de Feito terán a mesma consideración xurídica e administrativa que as unións matrimoniais, sen obstáculo doutras formas de proba.
Artigo 6.- De constitución e extinción.-
6.1.- A data de constitución será a da solicitude de inscrición, sempre que se acolla a manifestación das dúas partes con tódolos requisitos cumpridos nesa data. No caso contrario será a da data do Rexistro.
6.2.- Serán causas xustificativas da extinción das unións de feito e a cancelación da inscrición, as seguintes:
- De común acordo.
- Vontade unilateral dun dos membros da parella logo da audiencia do outro.
- A morte ou declaración de falecemento dalgún dos seus membros.
- Separación de feito de máis dun ano.
- Matrimonio dalgún dos membros.
Sendo necesario para a disolución efectiva demostrar que o feito está en coñecemento das dúas partes ou, exclusivamente, da parte que propón a disolución de estar demostrado o abandono efectivo da convivencia coa parella a través de documentos que así o acrediten (baixa no Padrón de habitantes, cambio de enderezo ou acta notarial).
Poderase producir unha baixa de oficio, cando a instancias dos servizos municipais conste calquera das tres últimas causas de cancelación
Artigo 7. Llibro de rexistro.-
O rexistro materializarase nun libro-rexistro municipal de unións no que se practicarán as inscricións das parellas non matrimoniais do Concelllo de Curtis. Estará formado por follas correlativamente numeradas e seladas, encabezarase e rematarase coas dilixencias correspondentes de apertura e peche na que se fará constar o número de folios que contén e a data de apertura, legalizado coa sinatura do secretario/a municipal, incluíndose nos asentos os seguintes extremos:
- Nº de rexistro
- Datos identificativos dos membros integrantes da unión.
- Domicilio de convivencia.
- Data de constitución da convivencia.
- A transcrición en extracto dos contratos civis reguladores das relacións persoais e patrimoniais das parellas de feito.
- Calquera modificación posterior dos datos inscritos.
O libro-rexistro tamén terá un libro auxiliar ordenado polos apelidos das persoas inscritas no que se expresará o número de páxinas do libro-rexistro nas que existan anotacións que lles afecten.
Artigo 8.- Publicidade.-
O libro-rexistro municipal de unións de feito non terá carácter público. A súa publicidade quedará limitada exclusivamente á expedición de certificacións dos asentos por parte do/a funcionario/a encargado/a deste, e a petición de calquera dos membros da unión interesada ou dos seus causahabientes.
Expediranse certificacións ou informes sempre que sexan requiridos polas autoridades xudiciais ou administrativas competentes
Artigo 9.- Órgano competente.-
Artigo 10.- Réxime xurídico.-
O incumprimento das condicións para a inscrición da unión ou calquera outro aspecto de legalidade dos feitos inscribibles permitirán ó funcionario/a encargado do rexistro elevar á consideración do/a alcalde/esa a desestimación da inscrición, a que será notificada debidamente motivada.
A declaración de oficio, e outras nas que sexa necesario da disolución ou extinción da unión, corresponderá ao señor/a alcalde/esa, logo do expediente incoado e impulsado polo funcionario/a encargado/a de rexistro.
Contra as desestimacións e estimacións das inscricións e extincións caberán os recursos correspondentes como actos administrativos, consonte a Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracions Publicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de Xaneiro
Disposición derradeira.-
Unha vez aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o mesmo entrará en vigor o día seguinte da publicación do seu texto completo no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 6.5 1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Contra esta aprobación definitiva que esgota a vía adminsitrativa, poderá interpoñer os recursos seguintes:
Con carácter potestativo, o recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou esste acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación do presente acordo nos termos da Lei 30/92
Interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do presente acordo, na forma prevista na lexislación da Xurisdicción contencioso-administrativo Interpoñer calquera outro recurso que estime procedente.
DOCUMENTOS NECESARIOS
1. Copia compulsada dos DNI ou NIE de ámbolos dous membros.
2. Modelo de solicitude conforme ao ANEXO I manifestan a vontade de constituír a unión de parella de feito para os efectos do rexistro municipal asinada polos dous membros da parella.
3. Declaración xurada de cumprir os requisitos esixidos no regulamento municipal conforme ao modelo do ANEXO II asinada polos dous membros da parella.
4. Certificación literal de nacemento con anotación marxinal da emancipación do menor, de ser o caso
5. De ser o caso, declaración xudicial de divorcio, nulidade ou documento xustificativo de viuvez. Poderase suplir coa certificación literal de nacemento coas anotacións marxinais procedentes.