Boqueixón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 9 REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCANCÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ESCOMBROS, VALADOS, PUNTAIS, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS
Artigo 1.º .-Concepto.
Artigo 2.º .-Obrigados ó pago.
Artigo 3.º .-Categorías das rúas.
1.-Ós efectos previstos para a aplicación dalgúns epígrafes da Tarifa do apartado 1 do artigo 4.º seguinte, as vías públicas deste Municipio clasifícanse en dúas categorías, segundo estean dotadas de beirarrúas pavimentadas ou non.
2.-Cando o espacio afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dúas ou máis vías públicas clasificadas en distinta categoría, aplicarase a tarifa que corresponda á vía de categoría superior.
Artigo 4.º .-Contía.
1.-A contía da taxa, regulada nesta Ordenanza, será a fixada nas Tarifas que a continuación se detallan:
EPÍGRAFE | PESETAS | EUROS |
Tarifa primeira.-Ocupación da vía pública con mercancías | ||
1. Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou productos da industria ou comercio a que dediquen a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers", por mes e metro cadrado | 225 | 1,,35 |
2.-Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio por mes e metro cadrado | 225 | 1,,35 |
Tarifa segunda.-Ocupación con materiais de construcción. | ||
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con escombros, materiais de construcción, vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers" para a recollida ou depósito dos mesmos, e outros aproveitamentos análogos. | ||
Por metro cadrado ou fracción, ó mes: | ||
Nas rúas de 1.ª categoría con beirarrúa pavimentada | 225 | 1,,35 |
Nas rúas de 2.ª categoría sen beirarrúa non pavimentada | 150 | 1,,00 |
Tarifa terceira.-Valados, puntais, andamios, etc. | ||
1 Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con valados, caixóns de cerramento, sexan ou non para obras, e outras instalacións análogas. | ||
Por metro cadrado ou fracción ó mes: | ||
En rúas de 1.ª categoría con beirarrúa pavimentada | 225 | 1,,35 |
En rúas de 2.ª categoría sen beirarrúa pavimentada | 150 | 1,00 |
Agás nos casos especiais e previa autorización expresa do Órgano Municipal correspondente, non se autorizarán ocupacións superiores ó 75% da beirarrúa, deixando libre o 25% para circulación de peóns.
Reparación pavimento: O concesionario está obrigado a deixa-lo pavimento nas mesmas condicións no que se atopaba antes da ocupación. Para responder desta obriga depositará no momento de efectua-la solicitude, a cantidade de 20.000 pesetas (120,20 euros) por metro cadrado e que lle serán devoltas unha vez rematada a ocupación e previo informe favorable do Técnico Municipal. No caso contrario o Concello efectuará a reparación con cargo á fianza e devolverá o sobrante previa liquidación.
2.-Normas de aplicación das Tarifas:
a) Cando as obras se interrumpisen durante un tempo superior a dous meses sen causa xustificada, as contías resultantes por aplicación da Tarifa segunda sufrirán un recargo do 25 por cen a partir do terceiro mes, e, no caso de que unha vez rematada-las obras continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 100 por cen.
b) As contías resultantes por aplicación da Tarifa terceira sufrirán os seguintes recargos a partir do terceiro mes dende a súa instalación ou concesión. Durante o segundo trimestre un 10 por cen; durante o terceiro trimestre un 25 por cen; e por cada trimestre, a partir do terceiro un 100 por cen.
c) A Taxa por ocupación con vagóns ou vagonetas metálicas, denominadas "containers", para a recollida ou depósito de escombros e materiais de construcción liquidarase polos dereitos fixados nas rúas de primeira categoría.
Artigo 5.-Normas de xestión
1. De conformidade co prevido no artigo 24.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se produciran desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias ou os obrigados ó pago virán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación destes desperfectos ou a repara-los danos causados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
2. As cantidades esixibles de acordo cás Tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados no respectivos epígrafes.
3. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
4. Se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa.
5. A presentación da baixa terá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando o prezo público.
Artigo 6.-Obriga de pago
1.-A obriga de pago da taxa regulada nesta Ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada semestre natural.
2.-O pago da taxa realizarase:
a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la licencia ou documento que corresponda.
b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas desta taxa, por semestres naturais nas oficinas da Recadación Municipal, dende o día 16 do primeiro mes do semestre ata o día 15 do segundo.