Boqueixón - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DE LICENCIA POLA TENENCIA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS
Artigo 1.º .-Obxecto.
1.-É obxecto da presente ordenanza, a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para a tenencia de calquera animal clasificado como potencialmente perigoso, ó que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenencia de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a regulación do Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos e a inscrición na sección local do Rexistro galego de animais de compañía e das taxas pola concesión e renovación das licencias e inscricións indicadas.
2.-Quedan excluídos da aplicación da presente ordenanza os cans e animais pertencentes ás forzas armadas, forzas e corpos de seguridade do Estado, corpos da Policía das comunidades autónomas, Policía Local e empresas de seguridade con autorización oficial.
Artigo 2.º .-Definición de animal potencialmente perigoso.
1.-Se consideran animais potencialmente perigosos, tódolos que pertencendo á fauna salvaxe, son utilizados como animais domésticos ou de compañía, con independencia da súa agresividade, pertencen a especies ou razas que teñan capacidade de causa-la morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos as cousas.
2.-En particular terán a cualificación de potencialmente perigosos, os animais domésticos ou de compañía que regulamentariamente se determinan pola Comunidade Autónoma de Galicia, en particular os pertencentes á especie canina definidos no artigo 2.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenencia de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.
3.-En todo caso, aqueles cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. Esta agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio, ou previa notificación ou denuncia, e despois dun informe dun adestrador ou veterinario designado para tal efecto.
Artigo 3.º .-Licencia municipal.
1.-A tenencia no municipio de animais clasificados como potencialmente perigosos requirirá a obtención da correspondente licencia municipal.
2.-Están obrigados á obtención de licencia municipal para a tenencia de animais clasificados como potencialmente perigosos os propietarios ou posuidores destes incluídos no padrón de habitantes, así como os establecementos ou asociacións, con sede neste municipio, que alberguen animais potencialmente perigosos ós que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da comunidade autónoma galega, e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollida, residencia, centros recreativos e establecementos de venda colocados neste municipio.
3.-Os propietarios de animais potencialmente perigosos non aveciñados neste municipio deberán acreditar, cando se encontren residindo temporalmente neste e mentres permaneza o animal no termo municipal, a tenencia da licencia no municipio de orixe.
4.-Nos casos de inscrición de animais como consecuencia de haber efectuado anteriores ataques a persoas, animais ou cousas, no Concello, unha vez coñecida a resolución ou sentencia, de oficio ou a instancia de calquera interesado directo, e previa tramitación de expediente administrativo con audiencia do interesado, requirirá ó propietario mediante resolución da Alcaldía, ó obxecto de que en prazo dun mes proceda á solicitude de licencia, efectuándose en caso contrario a retirada e depósito do animal de conformidade co establecido no artigo 9.º desta ordenanza.
Artigo 4.º .-Requisitos para a obtención da licencia.
1.-Para a obtención da licencia administrativa con destino á tenencia de calquera animal clasificado como potencialmente perigoso, será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporciona-los coidados necesarios ó animal.
b) Non haber sido condenados por delictos de homicidio, lesións, torturas contra liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenencia de animais potencialmente perigosos.
c) Non haber sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licencia, haber sido sancionado coa suspensión temporal desta, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.
d) Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física para a tenencia de animais potencialmente perigosos.
e) Acredita-la formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causa-los seus animais na contía mínima de 125.000 euros.
2.-Os requisitos esixidos deberán manterse vixentes durante todo o período da tenencia do animal; a perda destes dará lugar á revisión da licencia nos termos recollidos no artigo 9.º desta ordenanza.
Artigo 5.º .-Vixencia das licencias.
1.-As licencias terán unha vixencia de cinco anos, á finalización da que deberán ser obxecto de renovación, debendo acreditarse en cada exercicio, para o seu mantemento:
a) A subscrición do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.
b) A expedición do certificado de sanidade animal, expedido por autoridade competente, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.
2.-A condena por calquera dos delictos recollidos ó apartado b) do artigo anterior dará lugar á revisión da licencia polo Concello.
Artigo 6.º .-Acreditación
1.-A identificación da tenencia da licencia municipal de animais potencialmente perigosos acreditarase mediante entrega de certificación relativa a esta.
2.-Por cada can que se posúa, expedirase unha tarxeta identificativa na que se fará consta-los seguinte datos:
a) Número de licencia municipal.
b) Código de identificación do can.
c) Raza.
d) Titular da licencia e DNI.
e) Número de Rexistro municipal.
No dorso, se farán consta-las persoas autorizadas polo titular da licencia para uso temporal e transporte do animal.
Artigo 7.º .-Documentación.
1.-Para a expedición da tarxeta identificativa de cada can requirirase a apartación dos seguintes datos:
a) Raza e sexo do animal.
b) Ano de nacemento.
c) Domicilio habitual do animal.
d) Especificación se está destinado a convivir cos seres humanos ou se pola contra, ten finalidades distintas coma a garda, protección ou outra que se indica.
e) Nome do propietario.
f) Domicilio do propietario.
g) DNI do propietario.
h) Nome ou razón social e domicilio do vendedor ou cedente.
i) Póliza de seguro de responsabilidade civil.
l) Certificado de aptitude psicolóxica e física nos termos recollidos nos artigos 4 e 5 do RD 287/2002, do 22 de marzo.
ll) Certificado de penais.
m) Certificado de sanidade animal expedido por autoridade competente, que acredite, con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.
n) Xustificante do abono da taxa por expedición da licencia municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos.
ñ) Certificado sanitario de esterilización se se efectuou esta.
o) Memoria descritiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para impedi-la fuxida dos animais conforme o artigo 3.4 do Decreto 90/2002, no seu caso.
p) Facturas e xustificante da adquisición.
Os citados datos e, no seu caso, a documentación oportuna, deberá facilitala o adquirente do animal no prazo de quince días, que comezará a contar dende a súa tenencia efectiva.
2.-O certificado de sanidade animal deberá ser expedido polos servicios sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia ou por un veterinario colexiado.
3.-Para a renovación da licencia municipal deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Solicitude de renovación.
b) Copia compulsada da renovación do seguro de responsabilidade civil.
c) Copia compulsada do certificado de sanidade animal efectuado nunha data non anterior a dous meses á da renovación da licencia.
d) Xustificante do abono da taxa municipal.
e) Certificado de capacidade física.
f) Certificado de aptitude psicolóxica.
Artigo 8.º .-Órgano competente para a concesión das licencias municipais.
1.-As licencias municipais para a tenencia de animais potencialmente perigosos, se concederán mediante resolución do órgano que teña atribuída a competencia en materia de licencias, previa acreditación da incorporación da documentación esixida na presente ordenanza.
Artigo 9.º .-Revisión, perda de licencias e depósito de animais.
1.-A perda de calquera dos requisitos esixidos no artigo 4.º desta ordenanza, dará lugar á revisión das licencias municipais concedidas e a súa retirada previa tramitación de expediente contradictorio.
2.-A retirada da licencia dará lugar á perda do dereito á tenencia do animal e a obriga do interesado do proceder, no prazo máximo de dez días, que comezará a contar dende a recepción do requirimento, a súa entrega e depósito no establecemento adecuado para tal efecto ata a obtención desta, salvo que o animal sexa obxecto de entrega a outro propietario ou sacrificio.
3.-En caso de incumprimento da obriga de depósito procederase á súa execución subsidiaria polo Concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación comporta a cargo e conta do antigo titular da licencia.
4.-O Concello poderá retirar dos espacios públicos e depositar de oficio en establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espacios de uso común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou tecedor.
5.-Igualmente o Concello poderá retirar e depositar en establecemento adecuado aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñían da correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe ata tanto se acredite tal circunstancia polo titular deste.
6.-A falta de licencia municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención no prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos neste artigo.
Artigo 10.º .-Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos
1.-Créase o Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos, no que se fará constar con carácter obrigatorio de acordo co Decreto 90/2000, do 28 de febreiro, da comunidade autónoma de Galicia, a seguinte documentación:
a) Datos persoais do posuidor: nome, enderezo habitual, DNI. teléfono.
b) Características do animal: idade, especie, raza, características externas e número de microchip.
c) Lugar habitual de residencia do animal.
d) Función/aptitude do animal (compañía ou garda, defensa, raza.
2.-Os propietarios dos animais serán os responsables de identifica-los animais e de sufraga-los gastos que esto ocasione, independentemente do lugar de residencia das ditas persoas. A identificación definitiva suporá un requisito previo e obrigatorio para realizar calquera transacción do animal.
3.-O Rexistro municipal é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as administracións públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos obrantes neste. Para estes efectos considerarase, en todo caso, interese lexítimo o que ostenta calquera persoa física ou xurídica que desexe adquirir un animal destas características, así como aquelas que sufrisen calquera tipo de agresión polo animal e desexen exerce-las accións correspondentes en calquera vía xurisdiccional, para o que deberán acreditar previamente a interposición da correspondente denuncia.
4.-En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no Rexistro será de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos persoais.
Artigo 11.º .-Inscrición no Rexistro.
1.-A inscrición no Rexistro de animais potencialmente perigosos efectuarase de oficio polo Concello trala concesión da licencia municipal regulada no artigo 3.º da presente ordenanza, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licencia.
2.-Non obstante, será igualmente obrigatoria a instancia do interesado, a inscrición no Rexistro municipal, en sección aberta para tal efecto, cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días, que comezará a contar dende o inicio da residencia no municipio.
3.-Estimarase que se efectuou un traslado de animal potencialmente perigoso, salvo acreditación expresa en contrario polo interesado, nos casos de cambio de residencia do titular deste, e nese caso será preciso a acreditación da obtención da licencia no municipio de orixe anterior, procedendo a renovación da licencia nos casos previstos na presente ordenanza.
4.-Das inscricións que se efectúen no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos darase traslado ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
5.-Igualmente nos casos de cambio de residencia dende o municipio sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado do animal, notificarase ó Concello do municipio de nova residencia a titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.
Artigo 12.º .-Baixa no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
1.-A baixa no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos efectuarase a instancia do interesado, previa acreditación da venda, traspaso, cesión ou morte do animal.
2.-Igualmente procederase á baixa no Rexistro no caso de traslado da residencia do titular do animal a municipio distinto e así quede acreditado xa sexa a instancia do interesado ou de oficio polo Concello.
3.-Farase figurar no Rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados nas súas instalacións como consecuencia de recollida destes da vía pública ou por perda da licencia do seu anterior titular.
Artigo 13.º .-Circulación e permanencia do can en vías públicas e locais.
1.-Nas vías públicas e os espacios naturais protexidos, os cans irán suxeitos con cadea ou correa.
2.-Os cans guía poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados polo seu dono e cumpran as condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que prevén as ordenanzas.
3.-Queda expresamente prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en toda clase de locais destinados á fabricación, almacenamento, transporte, venda ou manipulación de alimentos.
4.-Queda asemade prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en restaurantes, bares, cafeterías e similares.
5.-Prohíbese a circulación ou a estancia de cans e outros animais nas piscinas públicas e locais de espectáculos públicos, deportivos e culturais e nos recintos escolares.
6.-Os titulares de estes locais deberán colocar na entrada dos establecementos e en lugar visible o sinal identificativa de esta prohibición.
7.-Quedan exentos das prohibicións anteriores os cans guía que acompañen a persoas invidentes.
8.-Queda expresamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio.
9.-Conforme ó establecido no artigo 112 apartado 5 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da comunidade autónoma de Galicia, os cans catalogados como potencialmente perigosos terán que circular polas vías públicas e en lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a dous metros, provistos da correspondente buceira homologada e adecuada para a súa raza, e en ningún caso poderán ser conducidos por un menor de 16 anos.
Artigo 14.-Infraccións.
1.-As infraccións que se cometan contra o disposto nesta ordenanza clasifícanse en moi graves, graves e leves.
2.-Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves, as previstas no artigo 13.1 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas no artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, da comunidade autónoma de Galicia.
3.-Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves, as previstas no artigo 13.2 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas no artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, da comunidade autónoma de Galicia.
4.-Son infraccións administrativas leves o incumprimento de calquera das obrigas establecidas nesta ordenanza, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, do Estado, e na Lei 1/1993, do 13 de abril, da comunidade autónoma de Galicia, non comprendidas nos parágrafos anteriores e qué competencia corresponda ó Concello, de acordo co previsto no artigo 20.3 a), do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da comunidade autónoma de Galicia, e en particular os seguintes:
a) A non presentación no prazo requirido da documentación complementaria esixida no artigo 6.2 desta ordenanza.
b) A non renovación no prazo dun mes da licencia concedida para a tenencia de animais potencialmente perigosos.
c) A non presentación cando lle sexa requirida da licencia do municipio de orixe de animais potencialmente perigosos polos propietarios non aveciñados neste municipio.
Artigo 15.º .-Sancións.
1.-As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas con multas dos que as contías serán:
- Leves: de 30 euros a 300 euros.
- Graves: de 300,01 euros a 3.000 euros.
- Moi graves: de 3.000,01 euros a 15.000 euros.
2.-En todo caso, as infraccións graves e moi graves tipificadas no artigo anterior desta ordenanza, poderán levar aparelladas como sancións accesorias a confiscación, comiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, a clausura do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licencia para tenencia de animais potencialmente perigosos ou do certificado de capacitación do adestrador.
Artigo 16.º .-Responsable.
Artigo 17.º .-Procedemento sancionador.
1.-O procedemento sancionador aplicable rexerase polo establecido na Lei 50/1999, do 23 de decembro, así como a Lei 30/92, do 26 de novembro, e normas de dessenvolvemento.
Artigo 18.º .-Exercicio da potestade sancionadora.
1.-Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos artigos 24.2 da Lei 1/1993, do 13 de abril, da comunidade autónoma de Galicia, serán:
a) Por infraccións leves, o alcalde.
b) Por infraccións graves, o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.
c) Por infraccións moi graves, o conselleiro do Medio.
2.-A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas como leves correspóndelle ó Concello.
Non obstante, o alcalde poñerá en coñecemento de xeito fidedigno, do director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, toda acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.
3.-Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o alcalde poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.
Artigo 19.º .-Obxecto.
Artigo 20.º .-Feito impoñible.
1.-O feito impoñible da taxa é a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións reguladas nesta ordenanza, para a concesión da licencia, a actividade de control que se efectuará nas renovacións que dela deban verificarse, a tramitación, control e custodia que de ela se establece e aqueles outros servicios que se recollen nas tarifas de esta ordenanza.
Artigo 21.º .-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos da taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no Rexistro municipal e que están obrigados á súa renovación.
2.-En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda.
Artigo 22.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedade e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 23.º .-Devengo.
1.-O devengo da taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos ós que se refire o feito impoñible.
2.-A non concesión da licencia, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.
Artigo 24.º .-Tarifas.
1.-Licencia de cans potencialmente perigosos: 30 euros.
2.-Renovación de licencias: 30 euros.
3.-Cando se soliciten polos suxeitos pasivos a que se refire o número 2 do artigo 21, terán un recargo do 50 por cento.
Artigo 25.º .-Ingreso da taxa.
1.-O ingreso da taxa efectuarase en réxime de autoliquidación e con carácter previo ó acto que o motiva.
Artigo 26.º .-Infraccións e sancións.
Disposición adicional única.
Disposición final.
Esta ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Boqueixón, 11 de novembro de 2002.