Índice
Carral - ORDENANZA FISCAL Nº 4 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Publicación provisional:
11/04/2008
BOP Nº:
83
Publicación definitiva:
12/06/2008
BOP Nº:
134
Aplicable dende:
12/06/2008
Artigo 1. Normativa aplicable
Este Concello, conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 60.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TLRHL), establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO), que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto nos artigos 101 a 103 do TRLRHL citado.
Artigo 2. Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. O feito impoñible prodúcese pola mera realización das construccións, instalacións e obras mencionadas; e afecta a todas aquelas que se realicen neste termo municipal, aínda que se esixa a autorización doutra Administración.
Artigo 3. Construccións, instalacións e obras suxeitas.
Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas que a súa execución implique a realización do feito impoñible definido no artigo anterior e, en particular, as seguintes:
a) As obras de nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou de reforma que afecten á estructura, ó aspecto exterior ou á disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) A construcción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto ás obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou arranxo do que puidera estragarse coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, entullados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valos e as estadas (`andamios e andamiaxes¿) de precaución.
h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa o seu emprazamento.
i) Os usos e instalacións de carácter provisional.
j) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valos que teñan publicidade ou propaganda.
k) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, ás actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso ó que se destine o subsolo.
l) A realización de calquera outras actuacións establecidas polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licencia municipal, sempre que se trate de construccións, instalacións ou obras.
Artigo 4. Exencións
Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeitas ó mesmo, vaian a ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Artigo 5. Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Ós efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2. No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.
Ó substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfei
Artigo 6. Base impoñible
A base impoñible do imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra entendéndose por tal, a estes efectos, o custe de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custe de execución material.
Artigo 7. Tipo de gravame e cota.
1. O tipo de gravame será o 2,8 por cen.
2. A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
Artigo 8. Bonificacións
1. Establécese unha bonificación de ata o 50 por cento a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración, así como o establecemento da porcentaxe aplicable, ó Pleno da Corporación e acordarase previa solicitude do suxeito pasivo e previa proposta da Alcaldía- Presidencia -que tamén propoñerá a bonificación a aplicar en cada caso-, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Esta bonificación deberá ser solicitada no mesmo momento no que se solicite a licencia de construcción, acreditando fidedignamente o carácter non lucrativo da construcción e o seu destino social, cultural, histórico-artístico ou de fomento do emprego.
2. Establécese unha bonificación do 90 por cento a favor das construccións, instalacións u obras coxo obxecto exclusivo sexa favorecer as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, que deberá solicitarse no momento de solicitar a correspondente licencia de obra. Se ben esta bonificación pode aplicarse á liquidación provisional do imposto, antes de que dita liquidación teña carácter definitiva, será necesario incorporar ó expediente Acta do Técnico municipal de que a obra cumpre as condicións nas que se concedeu a bonificación.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións ás que se refiren os apartados anteriores.
Artigo 9. Nacemento da Obriga tributaria.
A obriga tributaria nace no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia
Artigo 10. Xestión e Recadación
1. Cando se conceda a preceptiva licencia practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio correspondente, noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de acordo co custe estimado do proxecto.
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custe efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso, a base impoñible á que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
Artigo 11. Revisión
Os actos de xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto serán revisables conforme ó procedemento aplicable á entidade que os dicte. En particular, cando ditos actos sexan dictados por unha entidade local, os mesmos revisaranse conforme ó preceptuado no artigo 14 do TRLRFL
Disposición final única. Aprobación, entrada en vigor e modificación da ordenanza fiscal.
A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 31 de marzo de 2008, comezará a rexer con efectos dende a data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, e continuará vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación. En caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal, os artigos non modificados continuarán vixentes.