Teo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Artigo 1º . Natureza e fundamento
Artigo 2º . Feito impoñible
Artigo 3º . Suxeito pasivo
1. Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o art. 35 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria que gocen, utilicen o aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.
2. Terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios das fincas e locais a que dean acceso as entradas de vehículos, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os beneficiarios.
Artigo 4º . Base impoñible
A base tributaria estará constituída, segundo ó feito impoñible:
1. Polo número, en metros da lonxitude da entrada.
2. Polo número de prazas no caso de garaxes comunitarios.
Artigo 5º . Cota tributaria
Artigo 6º . Período impositivo e devengo
1. O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de inicio da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, xa que, neste caso abranguerá desde a data da concesión da autorización municipal ata o remate do ano natural.
2. A taxa devéngase o 1 de xaneiro de cada ano e as cotas serán irreducibles, agás nos casos de utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local no que a data de solicitude non coincida co ano natural, prorratearase por semestres a partir da aprobación da solicitude pola Xunta de Goberno Local.
3. Así mesmo, e no caso de cesamento na utilización privativa ou aproveitamento especial as cotas serán prorrateables por semestres naturais, computando no prorrateo aquel no que se produce o cesamento.
Artigo 7º . Normas de xestión
1. Os interesados na obtención dunha autorización para utilizar privativamente ou para o aproveitamento especial do dominio público local para a entrada de vehículos a través das beirarrúas ou pola reserva da vía pública para o aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase deberán presentar unha solicitude nas oficinas xerais do concello, cubrindo o modelo establecido, que se lle facilitará nas devanditas oficinas.
2. Neste impreso especifícase o lugar exacto da ocupación e se fai unha descrición desta.
3. Coa solicitude iníciase o expediente, inscrición no rexistro de vados e informe sobre a viabilidade desta ocupación.
4. Os servicios técnicos ou a Policía Local deste concello comprobarán as solicitudes presentadas e informaranas propoñendo a concesión ou denegación da licencia.
5. Coa concesión da licencia practicarase a liquidación da taxa, así como o importe da placa e non se considerará concedida a licencia ata tanto non se xustifique o pagamento da débeda tributaria.
6. Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada anualmente mentres o interesado non presente declaración de baixa ou sexa revogada polo concello, de acordo co que se estableza na Ordenanza municipal de circulación.
Artigo 8º . Infraccións e sancións
Para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 181 e seguintes e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.