Mañón - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercancías, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarías do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaría.
Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.
As bases de imposición e tipos de gravame son os comprendidos nas seguintes tarifas:
Tarifa primeira.-Ocupación con materiais de construcción.
Ocupación da vía pública o terreos de uso público con escombros, materiais de construcción, vagóns ou vagonetas metálicas, para recollida ou depósito dos mesmo, e
outros aproveitamentos análogos.
Por metro cadrado ou fracción, ó mes: 1.000 pesetas.
Tarifa segunda.-Vallas, puntais, asnillas, andamios, e outros elementos análogos.
Por cada elemento e mes: 1.000 pesetas.
Artigo 6.º .-Exencións.
Estado, as Comunidades Áutónomas e as Entidades Locais non estarán obrigadas ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicación que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadana ou á defensa nacional.
A parte do anterior, non se concederá exención nin bonificación algunha na execución da presente taxa, agás as previstas en normas con rango de Lei ou as derivadas de aplicación dos Tratados Internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón no artigo 9 da Lei Reguladoras das Facendas Locais.
Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1.-As cantidades esixibles con arranxo ás Tarifas liquidaránse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período autorizado.
2.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realizar o depósito previo a que se refire o artigo 9.º seguinte e formular declaración na que conste a superficie de aproveitamento, á que se axuntará un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.
3.-Os Servicios Técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións das licencias; se se desen diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4.-Os aproveitamentos autorizaranse sempre discrecionalmente e sen prexuízo de terceiros.
5.-En caso de denegarse as autorizacións ou cando por causas non imputables ó suxeito pasivo o dereito á utilización ou ó aproveitamento do dominio público non se realice, procederá a devolución do imposto correspondente.
6.-Non se consentirá a ocupación de vía pública ata que non se teña aboado o depósito previo a que se refire o artigo 9' seguinte e se obteña a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia sen prexuízo do pago da taxa e das sancións e recargos que procedan.
7.-As autorizacións entenderanse concedidas con carácter provisional e a precario. En base a esta declaración, que deberá facerse constar nos correspondentes acordos de concesión de aquelas, se o interese xeral esixise a supresión do aproveitamento, a Comisión de Goberno revogará a licencia concedida, requirindo ó titular para que suprima, a súa costa, o aproveitamento.
8.-No acordo de autorizacións da ocupación fixarase o prazo de duración da mesma, farase constar que dito prazo será improrrogable, e que unha vez rematado o mesmo o interesado deberá suprimir o aproveitamento, agás, cando por causa xustificada
alegada polo interesado, a ocupación tivese que seguir por máis tempo do sinalado na autorización, suposto no que aquel solicitará a ampliación do prazo de duración do aproveitamento e realizará o depósito previo do importe da liquidación que proceda. Tal ampliación será aprobada pola Comisión de Goberno.
9.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.
10.-As licencias poderán ser revogadas polo órgano que as concedeu nos seguintes casos:
a) Polo non uso ou uso indebido.
b) Por cambiar as circunstancias en base ás que se conceden a licencia.
c) En xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta Ordenanza ou na licencia de autorización.
Artigo 9.º .-Liquidación e recadación.
1.-O pago das tarifas da taxa realizarase:
a) Tratándose de concesión de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde estableza o Concello, pero sempre antes de retirar a correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1 a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, modificada pola Lei 25/1988, de 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Cando se liquide polo Concello en caso de aproveitamento non autorizados, unha vez aprobada a liquidación pola Comisión Municipal de Goberno e notificada a mesma ó interesado. Na notificación consignaranse os medios de impugnación que poidan interpoñerse contra a liquidación e órganos ante os que terán que ser interpostos e así mesmo o período voluntario de cobro e cando quedase incurso en constrinximento a cota non satisfeita dentro daquel período.
O período voluntario de ingreso da liquidación será:
- Para as notificacións efectuadas na primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.
- Para as notificacións efectuadas na segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.
Transcorrido o período voluntario de cobro sen terse efectuado o ingreso, o período executivo iniciarase o día seguinte ó remate daquel.
O inicio do período executivo determina o devengo dun recargo do 20 por 100 do importe da débeda non ingresada, así como dos intereses de demora correspondentes a esta.
Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda tributaría non ingresada se satisfaga antes de que sexa notificada ó debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os intereses de demora devengados dende o inicio do período executivo.
Dita liquidación efectuarase por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde estableza o Concello.
Artigo 10.º .-Gastos de reconstrucción e indemnizacións.
1.-Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial que se conceda leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o suxeito pasivo, sen prexuízo de pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e o depósito previo do seu importe.
2.-Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada con contía igual ó valor dos bens destruídos ou ó importe do deterioro dos danados.
3.-O Concello non poderá condonar, total nin parcialmente, as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente artigo.