Irixoa - Ordenanza fiscal nº 10 reguladora da taxa por reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías e entrada de vehículos cruzando beirarrúas

Publicación provisional: 25/05/2005 BOP Nº: 117
Publicación definitiva: 25/05/2005 BOP Nº: 117
Aplicable dende: 01/01/2005

ARTIGO 1º .- FUNDAMENTO LEGAL

De conformidade co previsto nos artigos 20.3.h e 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 15 a 19 do xa citado R D Lexislativo 2/2004, este Concello establece a taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas entradas de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase.

ARTIGO 2º .- FEITO IMPOÑIBLE

Constitue o feito impoñible da taxa o aproveitamento especial que ten lugar pola entrada de vehículos a traves das beirarrúas e a reserva de vía pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercancias de calquera clase, especificado nas tarifas contidas no artigo 5º desta Ordenanza

ARTIGO 3º .- SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro , que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, conforme a algún dos supostos expresados no anterior artigo.

Terán a condición de substitutos do contribuinte, nas taxas establecidas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial por entradas de vehículos a través das beirarruas e pola súa construcción, mantemento, modificación ou supresión, os propietarios das fincas e locais a que den acceso ditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios

ARTIGO 4º .- RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.- Os copartícipes ou cotitulares das Entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas Entidades.

3.- Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da sua incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias de aquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) cando se cometera unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) cando se cometera unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) Nos supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data de cese.

4.- A responsabilidade esixirase en todo caso nos térmos e de acordo ó procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03.

ARTIGO 5º .- COTA TRIBUTARIA

1.- A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de fixar unha tarifa e calcularase dacordo cos conceptos e importes establecidos nos correspondentes números da mesma, según o seguinte cadro:

 

Tarifa Primeira:

Por cada entrada ó ano: euros

Almacens ó por maior e fábricas: 95

Empresas de transportes de viaxeiros e mercancías: 120

Establecementos de exposición e venda de vehículos automóviles: 80

Garaxes industriais e particulares o ano: Por cada vehículo que, de conformidade coa licencia obtida, poida aparcar, 10 euros cun mínimo de: 30

Talleres: Mecánicos e de servicios de reparación, pintura e lavados e outros similares: 50

Outras actividades de tipo comercial: 60

 

Para a aplicación da Tarifa precedente, teránse en conta que os obrigados ó pago declararán os elementos tributarios que utilicen, especificando as características dos mesmos, e comunicando calquera variación que deba repercutir na contía da Tarifa, así como en caso de construcción de badén autorizado, dar conta á Administración da data na que remate a construcción.

 

Tarifa Segunda:

Por cada metro lineal ou fracción de calzada a que alcance a reserva de espacio destiñada a estacionamento, ó ano:

Concepto: Euros/ml

a) Reservas permanentes para carga e descarga: 24

b) Reservas de duración limitada: de 8 a 11 e de 14 a 16 horas: 10

b) Reservas de duración limitada: de 11 a 14 e de 16 a 19 horas: 15

 

Tarifa Terceira:

Reserva parada para transporte lixeiro, ó ano por cada un: 60 euros

 

Tarifa Cuarta:

Reserva de espacio con carácter temporal, por m.l. ou fracción de calzada: Euros

a) Servicio de mudanzas, por día cun mínimo de 21 euros: 3

b) Vehículos de exposición, día: 5

c) Outros usos, día (cun mínimo de 8): 1

Tarifa Quinta:

Por cada peche de rúa ou pista, por unidade e máximo 200 ms.: 100 euros

 

As reservas estarán sinalizadas coas placas que subministrará o Concello ó precio de custe das mesmas. Estas cotas están referidas ás vías municipais principais, que están recollidas como de 1ª categoría na normativa urbanística municipal; para o resto das vías municipais será aplicable unha bonificación de oficio do 25 %, polo que as cotas serán o 75 % das establecidas nos cadros precedentes.

2.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe, según á conta que formule a oficina técnica municipal.

Se os danos foran irreparables, a entidade municipal será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruidos ou a o importe do deterioro dos danados.

O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.

ARTIGO 6º .-NORMAS DE XESTIÓN, ADMINISTRACIÓN E COBRANZA.

1.- As persoas ou entidades interesadas na concesión da utilización privativa ou do aproveitamento especial do dominio público local regulado nesta Ordenanza , terán que solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que consten as características do aproveitamento, acompañando un plano da superficie que se pretende utilizar e da súa situación dentro do municipio.

2.- No momento de presentación da solicitude efectuarase unha liquidación provisional que terá carácter de depósito previo e se elevará a definitivo unha vez concedida a correspondente licencia ou autorización, previas as comprobacións que procederan por parte dos servicios municipais.

3.- Os servicios técnicos do Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; si se diran diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados, concedendose as autorizacións unha vez subsanadas.

4.- As cantidades esixibles de acordo coas tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán prorrateables por trimestres naturais respecto dos períodos sinalados nos respectivos epígrafes no caso de que o aproveitamento sexa periódico.

5.- Consideraranse caducadas as licencias se, despois de concedidas, transcorreran trinta dias sen ter comenzado o aproveitamento, que deberá realizarse sen interrupción unha vez iniciado, agas que se especifique outro prazo na resolución de concesión da respectiva licencia.

6.- Autorizada a licencia, para a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local para entradas de vehículos a través de beirarrúas, entenderase ésta prorrogada automáticamente mentras non se solicita a baixa polo interesado, ou se declare a súa caducidade.

A presentación da baixa surtirá efectos a partires do día primeiro do período natural de tempo seguinte a aquel no que se causa dita baixa.

A non presentación da baixa, determinará a obriga de seguir aboando a taxa.

ARTIGO 7º .- DEVENGO.

1.- A obriga de pago nace :

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública: cando se inicie o uso, se ben no momento en que se presente a solicitude que inicie a actuación ou o expediente deberá realizarse o depósito previo total da liquidación.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados: cando a natureza material da taxa esixa o devengo periódico desta, o mesmo terá lugar o 01 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou no aproveitamento especial; en tal caso o período impositivo se axustará a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota, que se realizará por trimestres naturais.

Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o dereito á utilización ou aproveitamento do dominio público non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.

2.- O pago da taxa efectuarase:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos: por ingreso directo na Caixa da Tesourería Municipal, na entidade bancaria correspondente ou donde establecera o Concello, con anterioridade á entrega da correspondente licencia ou autorización.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados: unha vez incluídos nos padróns ou matrículas da taxa por períodos anuais, nas oficinas de Recadación, ou por domiciliación bancaria no período de cobranza que se estableza ó efecto.

ARTIGO 8º .- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

1.- O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades locais non estarán obrigadas ó pago da taxa cando solicitaren licencia para disfrute dos aproveitamentos especiais referidos no artigo 1 desta Ordenanza, sempre que sexan necesarios para os servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e para outros usos que inmediatamente interesen a seguridade cidadán ou a defensa nacional.

2.- Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda, respecto da taxa regulada pola presente ordenanza.

ARTIGO 9º .- NOTIFICACIÓNS DAS TAXAS

Nos supostos de aproveitamentos especiais continuados a taxa que ten carácter periódico, notificarase persoalmente ó solicitante ó alta no rexistro de contribuíntes. A taxa de exercicios sucesivos notificarase colectivamente, mediante a exposición pública do padrón no taboleiro de anuncios do Concello, polo período que se publicará no Boletín Oficial da Provincial.

ARTIGO 10º .- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a sua normativa de desenrolo, e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspección, Xestión e Recadación

DISPOSICION FINAL . APROBACIÓN E VIXENCIA

1.- A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no "Boletin Oficial da Provincia", e será de aplicación no exercicio de 2005, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación. A presente ordenanza foi aprobada por acordo plenario do 3-3-2005.