Mañón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUMINISTRO DE AUGA

Publicación provisional: 17/11/1998 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación do servicio de subministro domiciliario de auga potable, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas 6 previsto no artigo 20 (apartado 1, letra B e apartado 4, letra t) e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988, segundo a modificación efectuada pola Lei 25/1998, de 13 de xuño, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público (BOE 167, do 14 de xullo de 1.998).

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

De conformidade co previsto nos artigos 58, 20.1b) e 20.4) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible da taxa o subministro domiciliario de auga potable e a súa acometida.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaría, que sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas por dito servicio.

2.-Terán a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas, sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaría.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.

As bases de imposición e tipo de gravame son os contidos na seguinte tarifa:

- Cota fixa, inclúe ata 18 m3 consumidos cada tres meses: 684 pesetas.

- Consumo que exceda de 18 m3 ata 30 m3 cada tres meses: 38 pesetas/m3.

- Consumo que exceda de 30 m3 cada tres meses: 70 pesetas/m3.

- Acometida a rede xeral: 10.000 pesetas.

Artigo 6.º .-Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na execución da presente Taxa.

Artigo 7.º .-Devengo.

Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se inicia a prestación do servicio.

Artigo 8.º .-Liquidación e Recadación.

1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.

2.-O período voluntario de cobramento será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan os recibos ó cobro. Transcorrido dito período sen se ter efectuado o ingreso, abrirase o recargo do 20 por 100 da débeda non ingresada así como o dos intereses de demora correspondentes a este, computándose no seu caso, como pagos a conta, as cantidades pagadas fóra de prazo.

3.-Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda non ingresada se satisfaga antes de que fose notificada 6 debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os intereses de demora reportados dende o comenzo do período executivo.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo ó relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase 6 previsto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Artigo 10.º .-Remisión o regulamento do servicio.

En todo o non especialmente previsto nesta Ordenanza estarase ó disposto no Regulamento do Servicio Municipal de Abastecemento domiciliario de auga potable.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1.999 permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.