Mazaricos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreos de uso público e industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico
Artigo 1.º .-Fundamento e réxime.
De conformidade co previsto no art. 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e no art. 20.3.n) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, este Concello establece a taxa por ocupación da vía pública ou terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico , que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no art. 16 da Lei 39/1988 citada.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo a ocupación de terreos de uso público municipal con instalacións de carácter non fixo, para o exercicio de actividades de venda de calquera clase, e con aquelas destinadas a espectáculos ou recreos e rodaxe cinematográfico, así como o exercicio de industrias na rúa e ambulantes.
Artigo 3.º .-Devengo.
A obriga de contribuír nace desde o momento no que o aproveitamento autorizado para a instalación de postos, espectáculos, recreos na vía pública, rodaxe cinematográfico e para o exercicio de industrias na rúa e ambulantes se efectúe, ou desde que se realice o aproveitamento se se fixera sen a oportuna autorización.
O pago desta taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, polo ingreso directo na tesourería municipal ou onde sinale o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas desta taxa, por semestres naturais, nas oficinas de recadación municipal, desde o día 16 do primeiro mes do semestre ata o día 15 do segundo.
Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria a quenes se autorice para efectua-lo aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 5.º .- Base impoñible e liquidable.
Tomarase como base do presente tributo, o metro cadrado de superficie ocupada polo posto, instalación ou actividade que se autorice, valorado segundo a tarifa desta Ordenanza, os días naturais de ocupación, e prazo polo que se autorice a industria na rúa ou ambulante ou rodaxe cinematográfico.
Artigo 6.º .- Cota tributaria.
Epígrafe | Pesetas |
1.-Postos de legumes, carnes, pescados, comestibles e outros productos | 50 pts/m2 e día |
Mínimo | 100 pts. |
2.- Venda desde vehículos | 500 pts/vehículo e día. |
3.-Venda e exposición de maquinaria agrícola, por cada aparato exposto | 200 pts. e día |
" \>
O Concello poderá establecer, para determinada temporada, os terreos municipais de uso público, nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudicar ditos terreos mediante licitación, conforme as vixentes normas de contratación.
As adxudicacións realizaranse por temporada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuara pasado o último día, liquidaranse os días de prórroga proporcionalmente ó prezo o que fora adxudicado.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como o importe da adxudicación mediante subhasta, entendense pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve a cabo ou non, polo que non poderá concederse bonificación algunha por causa de chuvias, restriccións no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a que figura na seguinte tarifa:
Epígrafe | Pesetas |
1.-Postos de legumes, carnes, pescados, comestibles e outros productos | 50 pts/m2 e día |
Mínimo | 100 pts. |
2.- Venda desde vehículos | 500 pts/vehículo e día. |
3.-Venda e exposición de maquinaria agrícola, por cada aparato exposto | 200 pts. e día |
O Concello poderá establecer, para determinada temporada, os terreos municipais de uso público, nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudicar ditos terreos mediante licitación, conforme as vixentes normas de contratación.
As adxudicacións realizaranse por temporada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuara pasado o último día, liquidaranse os días de prórroga proporcionalmente ó prezo o que fora adxudicado.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como o importe da adxudicación mediante subhasta, entendense pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve a cabo ou non, polo que non poderá concederse bonificación algunha por causa de chuvias, restriccións no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
Artigo 7.º .-Responsables.
1.-Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2.-Os copartícipes ou cotitulares das herencias xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición responderán solidariamente e en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3.-Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade de débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consistiran no incumprimento por quenes dependen deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4.-Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 8.º .-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 39/1988, de 28 de decembro non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos nas normas con rango de Lei.
O Estado, as Comunidades autónomas e as Entidades locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadán ou a defensa nacional.
Artigo 9.º .-Normas de xestión.
1.-As persoas naturais ou xurídicas interesadas en obter autorización de colocación de postos ou outras instalacións na vía pública presentarán no Concello solicitude detallada da extensión, duración e carácter do aproveitamento, á que achegarán o croquis correspondente do lugar exacto do emprazamento da instalación.
2.-Os titulares dos aproveitamentos, ó caducarlle-la licencia concedida, deberán proceder a retirar da vía pública as instalacións e se non o fixeran o Concello farase cargo das mesmas, se foran utilizables, ou adoptará as medidas necesarias para a súa utilización.
3.-As cantidades esixibles con arreglo á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período de tempo autorizado.
4.-Os emprazamentos, instalacións, postos, etc.., poderán sacarse a licitación pública e o tipo de licitación en concepto de taxa mínima que servirá de base, será a contía fixada na tarifa desta Ordenanza.
5.-Non se consentirá ningunha ocupación da vía publica ata que se abone e obteña polos interesados a licencia correspondente.
6.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos arts. 77 e seguintes da lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente Ordenanza fiscal, con redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do 30 de outubro de 1998, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 1999 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.