Mesía - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DEPORTIVOS E CULTURAIS NO CONCELLO DE MESÍA

Publicación provisional: 21/10/2004 BOP Nº: 243
Publicación definitiva: 21/12/2004 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 26/09/2006

Artigo 1º .- Fundamento e natureza

Conforme ó autorizado polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de acordo co previsto no artigo 40.1do RDl 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Mesía establece o prezo público pola prestación de servizos deportivos e culturais do municipio, redactada conforme ó diposto no artigo 49 da lei reguladora das bases de réxime local, ó tratarse dunha ordenanza non fiscal.

Artigo 2º.- Actividades gravadas

Constitúe servicio ou actividade gravada por este prezo público a prestación de actividades culturais consistentes en:

A.-Actividades manuais: manualidades, pintura, encaixe de bolillos e outras análogas.

B.-Actividades formativas: animación á lectura e psicomotricidade, obradoiro de contos, obradoiro de idiomas, actividades musicais e outras análogas.

C.-Visitas de carácter cultural, xeográfico e etnográfico: excursións para o coñecemento do contorno na Comunidade Autónoma ou fóra dela, sendeirismo fóra do Concello, visitas a exposicións ou museos e outras análogas.

Así mesmo,constitúe servicio ou actividade gravada por este prezo público a prestación de actividades deportivas consistentes en:

A.-Escolas deportivas municipais: ximnasia de mantemento, ximnasia de mantemento para a terceira idade, voleibol, patinaxe, fútbol-sala, baloncesto, tenis, xogos psicomotrices e outras de natureza análoga.

B.-Actividades acuáticas en piscina: natación (distintos niveis).

As actividades programadas nos eventos deportivos (día do deporte, festas da auga, xogos populares, tolo-olimpiadas,...). así coma o senderismo dentro do Concello, non están suxeitas a prezo de ningún tipo.

Artigo 3º.- Suxeitos obrigados ó pagamento.

Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas que, tendo solicitado a súa participación nas actividades culturais ou deportivas organizadas, sexan admitidas polo servicio correspondente.

Artigo 4º.-Contías das actividades gravadas.

1.-O importe do prezo público fixado cubrirá, como mínimo, o custo das actividades prestadas, podendo así fixarse un prezo público por debaixo do custo cando existan razóns sociais benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen. Especialmente nos casos enunciados no apartado 3 deste artigo.

2.-A contía do prezo público determinarase aplicando as tarifas seguintes e en función do número de horas prestadas en cada actividade:

Tarifa primeira: actividades culturais programadas.

A.-Actividades manuais: manualidades, pintura, encaixe de bolillos e outras análogas: 1,20 euros/hora.

B.-Actividades formativas: animación á lectura e psicomotricidade, obradoiro de contos, obradoiro de idiomas, actividades musicais e outras análogas: 1,20 euros/hora.

C.-Visitas de carácter cultural, xeográfico e etnográfico: excursións para o coñecemento do contorno na Comunidade Autónoma ou fóra da Comunidade Autónoma, sendeirismo fóra do Concello, visitas a exposicións ou museos e outras análogas:

- Dentro da Comunidade Autónoma.

- Con comida incluída: 15,00 euros/día.

- Sen comida incluída: 6,00 euros/día.

- Fóra da Comunidade Autónoma: dividirase o custo da actividade (incluido o transporte) entre o número de solicitantes.

Tarifa segunda: actividades deportivas programadas.

A.- Escolas deportivas municipais que se programen con carácter anual: ximnasia de mantemento, ximnasia de mantemento para a terceira idade, voleibol, patinaxe, fútbol-sala, baloncesto, tenis, xogos psicomotrices e outras de natureza análoga:

- 1 actividade/ano/2 horas á semana: 32,00 euros.

- 2 actividades/ano/2 horas á semana: 52,00 euros.

- 3 actividades/ano/2 horas á semana: 72,00 euros.

- Máis de 3 actividades: 96,00 euros.

Para actividades que non se desenvolvan con carácter anual, a tarifa será de 0,90 euros/hora.

B.-Actividades acuáticas en piscina: natación (distintos niveis): 6 euros (por toda a temporada de apertura da piscina municipal ó ano).

3.- O Concello de Mesía resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto ou cunha reducción de contías de ata un porcentaxe do 100% para determinados colectivos con escasos recursos que se consideren desfavorecidos, previo informe da Área de Servicios Sociais, e/ou que sexa necesaria a súa formación neste campo, previo informe da Área de Educación. En ningún caso poderán disfrutar de reducción da tarifa as unidades familiares que superen en 2 veces o IPREM.

4.- Para persoas que acrediten formar parte de familia numerosa, para cursos ou actividades, a contía verase reducida nun 50%. As persoas que acrediten figurar nos rexistros do paro, terán unha unha reducción do 30% da tarifa. Finalmente, cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar nun mesmo programa deportivo, aplicaráse o desconto do 50% ás cotas correspondentes ós menores de idade integrantes dela. A estes efectos, para a determinación da existencia ou non de unidade familiar, estaráse ó previsto no artigo 84 do RDLex. 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do IRPF.

Artigo 5º.-Obriga de pagamento.

 

A obriga de pagamento nace dende que se inicia a prestación da actividade cultural ou deportiva, se ben este Concello poderá esixir o depósito previo no momento da inscrición.

Artigo 6º .- Normas de Xestión

1.- O prezo público esixirase en réxime de autoliquidación.

2.- Os interesados na prestación destes servizos deberán presenta-la solicitude de matrícula nos prazos que se fixen para cada ano pola Área de Cultura e Deporte. No momento de presentación da solicitude, xurdirá o dereito a favor do Concello para o cobro do prezo. As baixas causadas polos abonados en calquera dos servizos especificados na tarifa surtirán efecto ó finalizar o período de abono ou do servizo concertado e, en ningún caso, terán dereito ó reintegro das cotas satisfeitas.

3.- A cota anual é obrigatoria dende o primeiro día de cada curso, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora.

4.- En calquera momento e a requerimento de Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

5.- As débedas non satisfeitas nos termos deste artigo esixiranse por vía de constrinximento de acordo co que dispón o Regulamento xeral de recadación.

6.- Nos supostos en que a actividade a desenvolver, previa autorización, non se encontre tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme o artigo 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa a proposta do Servicio Técnico co previo informe da Intervención municipal.

Artigo 7º .- Exencións e bonificacións

Soamente a cota do prezo público polos servizos deportivos poderá reducirse pola aplicación das seguintes bonificacións:

* As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50% da cota en cada actividade.

* Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar nun mesmo programa deportivo, aplicarase o desconto do 50% ás cotas correspondentes ós menores integrantes dela.

* As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, terán unha bonificación do 30% da tarifa.

* As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo o informe dos Servizos Sociais do Concello de Mesía ó respecto, o 100% da cota.

* As persoas que se inscriban en máis dunha actividade se lle aplicará o seguinte desconto: por dúas actividades, o 20 % do total, por tres actividades, o 25 %.

Estes beneficios fiscais só serán aplicables a aquelas persoas que figuren empadronadas no concello de Mesía.

Artigo 8º .- Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó diposto nos Capítulo II do Título IV da lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa."