Lousame - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por utilización do Ximnasio Municipal
Artigo 1.º . Fundamento e natureza.
En virtude do establecido no artigo 41 da Lei reguladora das facendas locais, de acordo coa redacción dada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo; o Concello de Lousame establece o prezo público polo uso do ximnasio municipal.
Artigo 2.º . Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible o uso das dependencias, locais e aparellos do ximnasio municipal.
Artigo 3.º . Obrigados ó pagamento.
Estarán obrigados ó pagamento do prezo público as persoas físicas e xurídicas que soliciten o uso das instalacións do ximnasio municipal.
Artigo 4.º . Tarifas.
1.-O prezo público por utilización do ximnasio municipal aboarase polo sistema de autoliquidación.
2.-A tal efecto preséntanse as seguintes opcións:
A.1.) Bono anual de 11 meses. Cota anual de 60,00 euros por persoa, con dereito a tres (3) horas semanais.
A.2.) Bono mensual. Cota de 6,00 euros por persoa, con dereito a tres (3) horas semanais.
A.3.) Bono anual de 11 meses. Cota de 120,00 euros dous (2) días á semana, durante dúas (2) horas por clubes ou asociacións deportivas legalmente constituídos."
Artigo 5.º . Bonificación.
Terán bonificación do 50% do prezo público os minusválidos e mailos titulares de carné xove, así como os voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lousame e os voluntarios do grupo de voluntariado do Concello de Lousame.
Artigo 6.º . Normas de xestión.
1.-Os interesados na utilización do ximnasio municipal solicitarán por escrito autorización, sinalando os días e horas a que opte.
2.-Concedida a autorización, ingresará en Tesourería municipal o importe do prezo público que corresponda, entregándoselle documento acreditativo dos seus dereitos, no que constarán os días e horas que lle corresponden.
Disposición final.
O prezo público por utilización do ximnasio municipal e maila ordenanza correspondente, foron acordadas polo Pleno da Corporación municipal en sesión do 17 de novembro de 2000.
Comezará a rexer unha vez publicada no BOP, permanecerá en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.