Lousame - Regulamento rexistro de parellas estables non matrimoniais
Artigo 1.º .
Créase o Rexistro municipal de unións non matrimoniais do Concello de Lousame, de carácter administrativo, no que se poderán inscribi-las unións non matrimoniais, con independencia da orientación sexual, así como aquelas non definibles polo trato sexual e constituídas para a convivencia e apoio mutuo, isto na forma e cos requisitos que se establecen no presente regulamento.
Artigo 2.º .
Poderán insta-la súa inscrición no rexistro todas aquelas unións de dúas ou máis persoas, incluso do sexo, que polo seu libre e pleno consentimento constitúan unha unión de convivencia non matrimonial.
Serán requisitos para que se leve a cabo a inscrición:
a) Estar empadroados no Concello de Lousame. Para tal efecto, formulada a solicitude de inscrición, a encargada do servicio do padrón municipal informará ó respecto.
b) Ser maior de idade ou menor emancipado e non ter sido declarado incapacitado. Axuntará fotocopia do DNI e documentos acreditativos de emancipación, se é o caso, de conformidade co establecido no artigo 314 e seguintes do Código civil. Adxuntará declaración responsable de non ter sido declarado incapacitado por sentencia xudicial firme.
Artigo 3.º .
Tódolos membros da unión deberán asina-la solicitude de inscrición que se levará a cabo mediante comparecencia persoal e conxunta perante o funcionario encargado do rexistro, efectuando declaración formal respecto da existencia da unión de convivencia non matrimonial.
Artigo 4.º .
Artigo 5.º .
Calquera modificación posterior dos datos inscritos en canto ó convenio e feitos ou circunstancias deberase efectuar mediante comparecencia persoal e conxunta dos membros da unión de convivencia non matrimonial.
Artigo 6.º .
O Rexistro municipal de unións non matrimoniais estará a cargo da Secretaría Xeral do Concello.
Artigo 7.º .
O rexistro materializarase nun libro-rexistro municipal de unións non matrimoniais, que estará formado por follas móbiles, foliadas e seladas, legalizada coa rúbrica da Secretaría da Corporación, e expresará na súa primeira páxina, mediante dilixencia de apertura asinada polo secretario/a, o número de folios e data de apertura.
Artigo 8.º .
O libro rexistro municipal de unións non matrimoniais non ten carácter público, agás as certificacións que expida o funcionario encargado do rexistro a instancia exclusivamente de calquera dos membros da unión ou de xuíces e tribunais de xustiza.
Artigo 9.º .
No ámbito competencial do Concello, as unións non matrimoniais de convivencia no Rexistro municipal, cando se trate de parellas, terán a mesma consideración xurídica e administrativa coas unións matrimoniais, sen obstáculo doutras formas de proba.