Lousame - Regulamento do servicio de sumidoiros e depuración de augas residuais
Exposición de motivos e fundamentación legal.
1. Dado o desenvolvemento que ten acadado o establecemento do servicio de sumidoiros e depuración de augas residuais no Concello, así coma a proxectada implantación do servicio, aconsella a aprobación dun regulamento que regule o servicio en se e mailas obrigas e dereitos da Administración e dos usuarios.
2. En canto á fundamentación legal, o art. 26.1 a) da LRBRL establece o servicio como mínimo obrigatorio para cada entidade local por si ou asociada. O art. 18.1 g) establece o dereito dos veciños a esixir a prestación do servicio -"esixi-la prestación e, no seu caso, o establecemento do correspondente servicio público, no caso de constituír unha competencia municipal e propia de carácter obrigatorio.
En canto á lexislación estatal, na Lei Xeral de Sanidade, inclúese como obriga "saneamento de augas residuais" (art. 42.3 a)).
No referente á xurisprudencia, a STS do 25 de abril de 1989 (Arz. 3233), considera a obrigación mínima non somentes os sumidoiros (alcantarillado), senón, a depuración de augas residuais. Polo que toca á normativa autonómica, a Lei 8/1993, reguladora da Administración Hidráulica, crea e regula o canon de saneamento como tributo da C.A.
Se ben é certo que o R.D.-Lei 11 /1995, en cumprimento de directiva 91/271/CEE, alonga os prazos obrigatorios da depuración das augas residuais; polo exposto ó principio, nada impide o establecemento e regulación do servicio.
Por todo o que antecede, o Concello de Lousame aproba o presente "Regulamento de prestación do servicio de sumidoiros e depuración de augas residuais
Art. 1.º
O Concello de Lousame establece con carácter xeral o servicio de sumidoiros e depuración de augas residuais en tódolos núcleos de poboación, en virtude do determinado no art. 25.2.L da LRBRL e lexislación complementaria.
Art. 2.º .
Unha vez instalada polo Concello a rede xeral de sumidoiros e depuración de augas residuais en cada núcleo de poboación, tódolos titulares de vivendas e edificios habitables están obrigados a efectuar ó seu cargo o enganche ou conexión á rede xeral, sempre que tecnicamente sexa posible, extremo que se determinará no proxecto técnico, relacionando edificios incluídos e excluídos.
Art. 3.º .
Enténdese por augas residuais as procedentes de servicios hixiénicos, lavadora, fregadoiro e limpeza en xeral, quedando excluídas as augas pluviais e mailo zudre procedentes de cortes, cochiqueiras, etc.
Art. 4.º .
Art. 5.º .
O prezo dos enganches ou conexións á rede xeral determinarase da seguinte maneira:
a) O técnico autor do proxecto de sumidoiros achegará como anexo ó proxecto relación de usuarios, metros lineais de entubado de conexión e demais elementos necesarios, efectuando unha estimación media en metálico por cada usuario.
b) Este prezo medio unitario notificarase a cada usuario.
c) Coñecido o prezo unitario, os usuarios poderán elixir por maioría unha das seguintes alternativas:
1.ª) Acepta-lo prezo medio unitario sen máis. Neste, suposto, a empresa instaladora da rede xeral será encargada de efectua-las conexións.
2.ª) Encargar a outra empresa as conexións, sempre que o prezo sexa inferior ó prezo medio unitario do proxecto. En ningún caso cada usuario poderá efectua-la conexión individualmente.
Art. 6.º .
O prezo acordado en calquera das dúas alternativas ten carácter de compromiso entre a empresa e usuarios. A empresa virá obrigada a notificar ó Concello a relación de conexións e calquera incidente que se produza.
Art. 7.º .
O Concello entregará a cada usuario ficha de conexión e copia do presente regulamento.
Art. 8.º .
Unha vez que o servicio de sumidoiros e depuración estean en funcionamento, os usuarios que teñan pozos negros ou equivalentes están obrigados a valeiralos, purgalos e anulalos en prazo de tres meses.
Art. 9.º .
O Concello vén obrigado a manter en correcto funcionamento e purga-las redes xerais e depuradoras.
Art. 10.º .
Art. 11.º .
As infraccións e incumprimento das obrigas establecidas neste regulamento cualifícanse en leves, graves e moi graves.
Son faltas leves: o retraso superior a 15 días no cumprimento dos prazos establecidos nos artigos 8 e 10.
Son faltas graves: o retraso en máis dun mes no cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 2, 3, 4, 8 e 10, e especificamente, o vertido de augas pluviais á rede xeral.
Son faltas moi graves: a negativa a efectua-lo enganche e a realiza-las obras necesarias; a non eliminación en forma dos pozos negros ou equivalentes; o vertido de zudres de cortes ou cochiqueiras, de aceites e todo tipo de residuos contaminantes distintos dos autorizados no art. 3.
Art. 12.º .
As faltas leves sancionaranse con apercibimento.
As faltas graves sancionaranse con multa que se graduará entre o 10% como mínimo e o duplo do custo dos enganches.
As faltas moi graves sancionaranse con multa que, segundo a gravidade, xirará entre 25.000 e 100.000 pesetas.
Nos supostos de faltas graves e moi graves tramitarase expediente sancionador con audiencia do interesado.
De persisti-los incumprimentos e infracción previo acordo plenario, pasarase o asunto á xurisdicción penal.
Disposición adicional 1.ª.
O presente regulamento será de aplicación plena ós saneamentos que se instalen despois da súa publicación. Para os saneamentos xa establecidos e en funcionamento serán de aplicación os artigos 1, 2, 3, 8, 10, 11 e 12. O Concello vén obrigado a notificar individualmente a cada usuario o presente regulamento.
Disposición adicional 2.ª.
O presente regulamento aprobado polo Pleno da corporación municipal en sesión do 29 de xuño de 1998 comezará a rexer transcorridos vinte (20) días da súa publicación no BOP.