Lousame - REGULAMENTO REGULADOR DO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DO DONCELLO DE LOUSAME

Publicación provisional: 08/10/2004 BOP Nº: 233
Publicación definitiva: 08/10/2004 BOP Nº: 233
Aplicable dende: 08/10/2004

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O fenómeno do asociacionismo, de gran importancia no ámbito local, vese reforzado en virtude da Lei 57/2003, de 16 de Decembro, de Medidas para a Modernización do goberno local, mediante unha profundización na regulación da participación dos veciños nos asuntos municipais.

Dita participación, require duns cauces normativos específicos, e , un paso adiante para a mesma, o constitúe a creación dun Regulamento regulador do rexistro municipal de asociacións.

Artigo 1

Constitúese o Rexistro de Asociacións do Concello de Lousame cos seguintes obxectivos:

a) Establecer e definir un marco común de relación entre las asociacións existentes no termo municipal e o Concello .

b) Articula-la actuación subsidiaria en materias obxecto de interese común.

c) Plasmar un cauce de colaboración entre o Concello e as referidas asociacións.

d) Regulamentar o réximen de outorgamento de subvencións municipais a favor das asociacións, así como os requisitos ou obrigas mínimas para acceder ás mesmas.

Artigo 2

Poderán obter do Concello de Lousame a condición de "Asociación Municipal", aquelas entidades que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Revestir a natureza de persoa xurídica asociativa.

b) Estar inscrita neste concepto no Libro do Rexistro de Asociacións do Concello de Lousame, cumprindo tódolos trámites requiridos para a súa inscrición.

c) Ter o seu domicilio social ubicado no termo municipal.

d) Ter como obxecto social calquera das seguintes actividades: social, cultural, deportiva, ecolóxica o lúdica.

Artigo 3

1. Non poderán, en ningún caso, obter a condición de "Asociación Municipal" aquelas entidades que teñan finalidades susceptibles de lesiona-los dereitos e liberdades constitucionais, que sexan constitutivas de infracción penal, ou que, en xeral, sexan contrarias o ordenamento xurídico vixente.

Artigo 4

Para a obtención da condición de "Asociación Municipal" estarase o seguinte procedemento:

1. O presidente da entidade deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:

a) Instancia dirixida ó Alcalde na que solicite, en nome da entidade, a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.

b) Certificación do órgano competente da entidade no que se acorde solicitar do Concello a referida inscrición.

c) Copia dos seus Estatutos, da Acta de constitución, localización da sede social e relación dos membros que compoñen a directiva.

d) Memoria das actividades realizadas pola entidade nos últimos años.

e) C.I.F.

f) Orzamento vixente da entidade.

2. No suposto de que a documentación sexa incompleta ou non reúna as condicións esixidas no apartado anterior, a Alcaldía requirirá á Entidade para que proceda a súa subsanación, con advertencia de que de non proceder en tal sentido no prazo de 30 días, a petición terase, previa Resolución de la Alcaldía, por desistida, e en consecuencia, arquivada.

3. Previa calificación da documentación validamente aportada, a Alcaldía disporá, mediante Resolución, la inscrición da entidade, no Rexistro Municipal de Asociacións.

Esta Resolución poderá ser recurrida potestativamente en reposición ante a propia Alcaldía, dacordo co disposto na Lei 30/1992, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las Bases del Réximen Local, e en todo caso poderá ser objeto de recurso contencioso - administrativo, ante la xurisdicción competente nos termos e prazos a tal efecto establecidos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción contencioso - administrativa.

Artigo 5

1. As Asociacións inscritas que desexen obter axudas económicas do Concello de Lousame deberán presenta- la seguinte documentación:

a) Instancia firmada polo Presidente da entidade dirixida á Alcaldía na que solicite, en nome da entidade, o outorgamento da axuda de que se trate.

b) Orzamento aproximado das actuacións que deban ser subvencionadas.

c) No seu caso, Nº de conta córrente, a nome da asociación.

d) Declaración xurada do Presidente da Entidade na que exprese o seu compromiso de aplica-lo importe da axuda ás actuacións subvencionadas.

e) Calquera outro que puidese estar recollido na Ordenanza xeral de subvenciones do Concello de Lousame.

2. A Alcaldía (ou a Xunta de Goberno Local por delegación), previa valoración da documentación expresada no apartado anterior, e existiendo consignación presupostaria suficiente, disporá mediante a correspondente Resolución o outorgamento da correspondente axuda.

3. A axuda referida no apartado anterior abonarase na conta corriente de titularidade da Entidade, previa xustificación válida de tódolos gastos realizados.

Artigo 6

1.As Entidades rexistradas poderán colaborar ou organizar conxuntamente co Concello de Lousame, actividades de interese común.

2.Ós efectos de solicitar axudas económicas ó Concello, estarase ó disposto no artigo anterior, e na ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Lousame.

3.Para a realización de actividades conxuntas co Concello, as Entidades colaboradoras designarán a unha persoa membro da mesma, en calidade de delegado e responsable.

4.Na realización de actividades conxuntas, o Concello de Lousame, en todo caso, ostentará a potestade de dirección superior.

Artigo 7

As Entidades rexistradas poderán solicitar e, no seu caso, obter do Concello a cesión gratuíta do uso de terreos e/ou locais municipais, para a realización das súas actuacións, nos términos impostos no acordo resolutorio. No caso de denegarse a solicitude, a desestimación haberá de ser motivada.

Artigo 8

O incumprimento por parte da Asociación dos requisitos previstos neste Regulamento, poderá determinar, previo trámite de audiencia e mediante Resolución da Alcaldía, a pérdida da condición de "Asociación municipal" e a obrigación de reintegra-las axudas outorgadas polo Concello no exercicio corriente e no inmediatamente anterior