Camariñas - REGULAMENTO DE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 04/08/2008 BOP Nº: 178
Publicación definitiva: 16/09/2008 BOP Nº: 214
Aplicable dende: 03/10/2008

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.-

O presente Regulamento ten por obxecto regular o réxime xurídico, uso e utilización das Instalacións Deportivas de titularidade do Concello de Camariñas, e se dicta ao amparo das competencias que nesta materia atribúe aos municipios os artigos 4.a), 22, 25.1 e 2 m), e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local; artigo 55 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións Vixentes en materia de Réxime Local; e o artigo 50.3 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
O presente Regulamento será de aplicación a totalidade das Instalacións Deportivas Municipais nos termos establecidos no artigo terceiro.

Artigo 2.-

Enténdese por instalación deportiva, aos efectos deste Regulamento, toda instalación, campo, dependencia ou espacio, de calquera característica, tanto ao aire libre como cuberta, adicada á práctica do deporte e á actividade física, en todas a súa gama de modalidades, posibilidades e finalidades, incluíndo as zonas de equipamento, complementarias ou funcionalmente necesarias para o desenrolo da actividade deportiva.

Artigo 3.-

As instalación deportivas definidas no artigo anterior, cuxo titular sexa o Concello de Camariñas, terán a consideraciónd e Instalacións Deportivas Municipais.
Poderán ter a consideración de Instalacións Deportivas Municipais aquelas cedidas, por calquera título, ao Concello para a súa xestión ou explotación. Estas Instalacións rexiranse polo establecido no presente Regulamento salvo que o instrumento de cesión estableza un réxime propio de xestión ou explotación.

Artigo 4.-

Os usuarios/as das instalacións deportivas municipais están obrigados/as a respetar e coidar as mesmas, o seu mobiliario e o equipamento deportivo, utilizando os mesmos conforme ao seu destino propio e ordeándoo unha vez utilizado.

Artigo 5.-

Para o aceso ao ¿uso libre" ás instalacións deportivas municipais é requisito indispensable e ter cumpridos os 14 anos. Os menores desa idade só poderán acceder e permenecer nas instalacións acompañados dun maior de idade, que será responsable do uso das instlacións feito polo menor.

Artigo 6.-

Para aceder ás instalacións é requisito imprescindible a presentación do talón de pagamento, ou documento ou tarxeta que habilite o Concello ao efecto e o DNI (ou documetno que o sustitúa)

Artigo 7.-

O acceso e permanencia na instalación respetará os horarios concedidos, a instalación e categoría asignadas, atendendo en todo momento as indicacións do persoal do Departamento Municipal de Deportes. Non se poderá permanecer nas mesmas fóra dos horarios concedidos.

Artigo 8.-

Os usuarios/as das instalacións deberán utilizar o atuendo deportivo e calzado específico en atención ás características especiais de cada pavimento.

Artigo 9.-

O usuario deberá satisfacer as taxas correspondentes que se axustarán á Ordenanza reguladora en cada momento, salvo que exista convenio ou patrocinio

Artigo 10.-

O pagamento de taxas para a utilización de instalacións deportivas municipais poderase facer nos lugares que se habliten para tal efecto

Artigo 11.-

Os pagamentos de taxas para usos de instalacións deportivas por parte de menores de 16 anos serán emitidos a nome do pai/nai ou titor-a.

Artigo 12.-

O pagamento das taxas correspondentes implica o uso de instalacións, exclusivamente, pola persoa ou entidade para a que foron emitidas, e para a instalación, actividades e horarios recollidos no documento de pagamento. Esta persoa ou entidade serán responsables do uso da instalación.

Artigo 13.-

O Departamento de Deportes resérvase o dereito a realizar modificacións dos horarios, instalacións, cursos e outras actividades concedidas por causas de programación e organizativas, comunicándoo aos interesados coa maior brevidade posible.

Artigo 14.-

En casos de anulacións de usos previamente concedidos por causas imputables á administración, os interesados poderán optar por:
a) Solicitar devolución da taxa, acreditando a realización do pagamento e con indicación do nº de conta bancaria.
b) Solicitar o cambio de data, e/ou hora, e/ou instalación presentando o recibo nas oficinas do Departamento de Deportes.

Artigo 15.-

As comunicacións, avisos e calquera outra información aos usuarios realizarase a través do Taboleiro de anuncios das Instalacións Deportivas e vía telefónica ou e-mail.

Artigo 16.-

O Concello de Camariñas non se fará responsable da desaparición de obxectos persoais dos usarios dentro das instalacións deportivas municipais. As pezas de vestir esquecidas ou extraviadas que non sexan reclamadas en 7 días, serán entregadas a alguna casa de beneficiencia ou a Igrexa para que a reparta como consideran máis oportuno. Os obxectos de valor serán entregados na Policía Local

Artigo 17.-

O incumprimento das normas xerais e específicas de instalacións, escolas e entidades e instuccións que dite o Departamento de Deportes por si ou a través do persoal da instalación, poderá ocasionar o cesamento no uso da instalación.

Artigo 18.-

Para realizar cursos, clases, e outras actividades organizadas deberá solicitarse a través das oficinas do rexistro municipal, facilitando cando sexa requerida a relación de participantes, identificando ao responsable, o seguro de acidentes con inclusión de atención sanitaria e hospitalaria e de RC para cada un dos participantes, descrición do evento, e/ou a ficha federativa correspondente ademais doutros documentos que se soliciten.

Artigo 19.-

Nos vestiarios respetarase a orde e instrución do peroal. Non se poderá utilizar tinguiduras, nin se afeitar nin similares. Non se debe mostrar actitudes indecorosas ou molestas para o resto dos usuarios. En beneficio de todos recoméndase utilizar os vestiarios e duchas coa maior celeridade.

Artigo 20.-

Prohíbese tirar ao chan calquera tipo de desperdicios no transcurso das actividades deportivas, tanto para os deportistas como para o público en xeral.

Artigo 21.-

Para efectos de aplicación da presente normativa e da aplicación da ordenanza fiscal, será o Concello quen califique o tipo de actividade: adestramento federado, competición federada, uso libre, actividades físico-deportivas, festivais e actos non deportivos.
a) Adestramento federado: práctica de modalidade deportiva co fin de participación en competición federada organizado por entidades deportivas.
b) Competición federada: toda competición das modalidades deportivas recoñecidas polo CSD do Ministerio de Educación, Polítca Social e Deporte ou Direción Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, organizada por entidades deportivas. Será necesario acreditar certificación de participación en competición federada.
c) Actividade físico deportiva: campus, curso, competición non federada, práctica de calquera modalidade deportiva e outras actividades de tipo docente, organizada por entidades.
d) Uso libre: partidos, xogos deportivos e prática deportiva en xeral por persoas físicas e non profesionais.
e) Festivais e actos non deportivos: todos os non recollidos nos supostos anteriores.

Artigo 22.-

 Á hora de reparto dos horarios das instalacións deportivas terán prioridade as de carácter municipal (Escolas deportivas e os eus encontros tanto amigables como oficiais), seguido por aquelas de maior representatividade (internacional, nacional, autonómicas, provinciais, intercomarcais, comarcais e locais)

Artigo 23.- NORMAS ESPECÍFICAS PARA ESCOLAS DEPORTIVAS E DEMAIS ACTIVIDADES.

Ademais das xerais e das específicas da instalación, aplicaranse as seguintes:
1. Os pais, nais, titores ou acompañantes, non terán aceso aos locais onde se desenvolven as clases, ao obxecto de non entorpecer a organización e ensino destas.
2. As clases e actividades darán comezo e finalizarán segundo o horario establecido, salvo modificacións por causas de forza maior. ESÍXESE PUNTUALIDADE.
3. As faltas de asistencia:
3.1 As faltas de aistencia non xustificadas de un mes poderán ser causa de perda dos dereitos adquiridos coa inscrición na actividade correspondente.
3.2 Un 33% de faltas de asistencia en relación á totalidade do curso (1 de cada 3) sen xustificación, poderán ser causa de perda dos dereitos adquiridos coa inscrición na actividade correspondente.
4. O material deportivo de uso persoal (raquetas, esterillas, balóns,¿) necesario para a práctica deportiva deberá ser aportado polo usuario. O devandito material será indicado polo profesor ao inicio do curso.
5. DEREITOS:
5.1) A ser admitido ao uso do Servizo sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos pola súa regulamentación e haxa prazas abondas para todos os solicitantes. No caso de que haxa máis solicitudes de novas inscrición que prazas ofertadas a admisión realizarase por sorteo.
5.2) A renovar a praza ocupada na Escolas Deportivas Municipais, sempre que se asistira ao curso e exista disoñiblidade de prazas e as razón organizativas, pedagóxicas o permitan.
6. DEBERES:
6 .1) Cumprir a normativa xeral e específica de uso de instalación
6.2) Asistir ás actividades, cumprindo o horario do curso ou actividade para a que foi admitido.
6.3) Os-as persoas maiores ou igual a 60 anos deben presentar un informe do seu médico no que se especifique que son aptos para desenvolver a actividade depotiva que desexa realizar.
6.4) Presentar un xustificante de pagamento cando sexa requerido.
6.5) Seguir as indicacións dos profesores e persoal da isntlación
6.6) Cubrir toda documentación vinculada á práctica deportiva que lle sexa requerida polo Departamento de Deportes directamente ou por calquera dos profesores das Actividades ou Escolas deportivas.
6.7) Os cambios de horarios ou de grupo solicitarase a través do Departamento de Deportes. Concederase sempre e cando sexa posible por razóns pedagóxicas, ratios, niveis, dispoñibilidade de prazas¿
6.8) Non se poderá permanecer nas instalacións fóra do forario concedido.
6.9) Os prazos para a solicitude de admisión de alumnos das Escolas Deportivas Municipais ou Actividades Deportivas formalizaranse nos períodos que determine o Departamento de Deportes.

Artigo 24.- NORMAS PARA O USO DA SALA DE MUSCULACIÓN.

1. É obrigatorio o uso de atuendo e calzado deportivo. Non está permitido a entrada en chanclas.
2. É obrigatorio o uso de lubas e toalla nas máquinas.
3. Deixar no seu lugar calquera elemento utilizado tras o seu uso.
4. Para aceder á sala de musculación hai que presentar o seu DNI e recollelo á saída da instalación.

Artigo 25.- NORMAS PARA ENTIDADES E CLUBES

Ademais das citadas:
1. Todos os clubes e entidades que soliciten uso de instalación deben estar inscritos no libro de rexistro de entidades do Concello de Camariñas. A inscrición deberá solicitarse nos rexistros municipais.
1.1) As entidades deberán presentar para a súa inscrición: estatutos, actas de cargos, CIF, domicilio social, designación de representante.
2. A entidade que non vaia utilizar unha instalación previamente concedida, deberá comunicalo ao Departamento de Deportes cun mínimo de 48 horas de antelación.
3. As instalacións no horario concedido non poderán cederse a tereceiros salvo que exista excepcionalmente autorización do Departemento de Deportes.
4. O uso da instalación durante unha ou varias tempadas, non establece dereito ningún para a concesión da instalación na seguinte tempada.
5. A entidade deberá de dispoñer dun seguro de RC e un seguro de acidentes con asistencia sanitaria incluída ou licenza federativa de cada un dos participantes. O Clube ou entidade usuaria farase responsable dos posibles deterioros da instalación que podan producirse polos seus xogadores, adestradores, persoal auxiliar e asociados, así como de acidentes deportivos.
6. En horarios de adestramentos non poderán estar nas pistas deportivas nada máis que aqueles xogadores, técnicos, directivos e outro persoal auxiliar oficialmente autorizado.
7. É obrigatorio a asistencia de adestrador, delegado, directivo, ou do mestre-profesor durante o desenvolvemento do adestramneto e outras actividades físico deportivas.
8. Os clubes e entidades deberán entregar relación detallada de xogadores, adestrador e persoal auxiliar ao comezo da tempada, comunicando calquera modificación que se produza durante o seu desenvolvemento. Nesta relación debe figurar: nome, apelidos, nº de licenza federativa e DNI ou Libro de Familia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Única: En todo o non previsto neste Regulamento se estará á normativa básica estatal en materia de deportes e de prevención da violencia nos espectáculos públicos, á normativa da Comunidade Autónoma, e á Ordenanza municipal existente ou que se dicte en materia de convivencia de interés local.

DISPOSICIÓN FINAL

Única: O presente regulamento entrará en vigor aos quince días seguintes da súa íntegra publicación no Boletín Oficial da Provincia, previa comunicación á Comunidade Autónoma e á Delegación de Goberno, conforme ao disposto no artigo 70.2 en relación co 65.2 da LBRL.