Mazaricos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización de instalacións deportivas municipais
Artigo 1.º .- Fundamento e réxime.
De conformidade co previsto no art. 106 da lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e no art. 20.4.o) da Lei 30/1998, do 28 de decembro, Reguladora das facendas locais, o Concello de Mazaricos establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais (pista polideportiva e campo municipal de deportes), que se rexerá pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/1988 citada.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Está constituído pola utilización da pista polideportiva e o campo de deportes de Pino de Val, sempre que sexa solicitado para tal fin.
Artigo 3.º .-Devengo.
A obriga de contribuír nace desde que a utilización se inicie mediante a entrada ó recinto, previo pago da taxa.
Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos.
Están obrigados ó pago desta taxa as persoas naturais ou xurídicas, os seus representantes, as entidades, asociacións, organismos, federacións, clubes... etc., usuarias das instalacións.
Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable.
Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das instalacións.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
A taxa que se satisfará ó Concello de Mazaricos axustarase as seguintes tarifas:
a) Pista polideportiva: Comprenderá a utilización de tódalas instalacións sen ánimo de lucro e satisfaranse as seguintes cantidades:
- Abonos individuais:
* 1000 pesetas por utilización da pista de tenis dúas horas semanais.
- Abonos por equipos:
* 5000 pts mensuais por utilización do polideportivo por equipos dúas horas semanais.
- Sen abono:
* Por cada hora de utilización do polideportivo sen luz: 500 pesetas.
* Por cada hora de utilización do polideportivo con luz: 750 pesetas.
b) Campo de deportes de Pino de Val.
- Por cada hora de utilización deste campo, que comprenderá a utilización de duchas e vestiarios 6.000 pesetas/hora
Artigo 7.º .-Normas de xestión.
As persoas, clubes, entidades, federacións etc que desexen utiliza-las instalacións deberán solicitalo por escrito, con tres días de antelación como mínimo, ante o Concello, expresando os días e horas que desexen utilizalas instalacións.
As solicitudes serán resoltas polo Sr. alcalde ou persoa en quen delegue.
Artigo 8.º .-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñece ningún beneficio tributario, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos internacionais ou estean previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e sancións, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal, con redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 30 de outubro de 1998, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 1999 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.