Mazaricos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos do uso público con mercadorías, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas
Artigo 1.º .-Fundamento e réxime.
De conformidade co previsto no art. 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e de acordo co previsto no art. 20.3, g) da lei 39 /88, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, este Concello establece a taxa por pola ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no art. 16 da Lei 39/88 citada.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible desta taxa a ocupación de terreos de uso público local con:
a) Escombros, terras, areas, materiais de construcción, leña ou calquera outros materiais análogos.
b) Vallas, andamios e outras instalacións adecuadas para a protección da vía pública das obras colindantes.
c) Puntais, asnelos, e en xeral toda clase de apeos de edificios.
2.-Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se produciran desperfectos no pavimento, instalacións da vía pública o bens de uso público, os titulares de aqueles están obrigados a reparar ou reconstruí-los danos causados con independencia do pago da taxa. Se os danos foran irreparables o Concello será indemnizado. A indemnización será fixada nunha suma igual ó valor das cousas destruídas.
Artigo 3.º .-Devengo.
A obriga de contribuír nacerá pola ocupación do dominio público local, autorizada na correspondente licencia ou desde que se inicie o aproveitamento, se se procedeu Sen a oportuna autorización.
Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria, a quenes se autorice para efectúa-lo aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 5.º .-Categorías das rúas.
Os efectos previstos para a aplicación de epígrafes da tarifa do apartado 1 do artigo 7.º . seguinte as vías públicas deste Municipio clasificánse nunha soa categoría.
Artigo 6.º .-Base impoñible e liquidable.
A base estará constituída polo tempo de duración dos aproveitamentos e pola superficie en metros cadrados ocupada polos materiais depositados, os metros cadrados delimitados polas vallas, andamios ou outras instalacións adecuadas e o número de puntais, asnelos e demais elementos empregados no apeo de edificios.
Artigo 7.º .-Cota tributaria.
1) A contía da taxa , regulada nesta ordenanza, será a fixada nas tarifas que a continuación se detallan:
Tarifa primeira.-Ocupación da vía pública con mercadorías.
1. Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou productos da industria ou comercio a que dediquen a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers":
- por mes e metro cadrado: 500 pesetas.
2. Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio:
- Por mes e metro cadrado: 500 pesetas.
Tarifa segunda.-Ocupación con materiais de construcción.
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público, con escombros, materiais de construcción, vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers", para recollida ou depósito dos mesmos, e outros aproveitamentos análogos:
- Por metro cadrado ou fracción, ó mes: 500 pesetas.
Tarifa terceira.- Vallas, puntais, asnelos, andamios, etc.
1. Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con vallas, caixóns de cerramento, sexan ou non para obras e outras instalacións análogas:
- Por metro cadrado ou fracción, ó mes: 500 pesetas.
2. Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con puntais, asnelos, andamios e outros elementos análogos.
- Por cada elemento e mes: 500 pesetas.
- Establecéndose para tódalas tarifas un mínimo de 2.500 pesetas.
As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado. Serán irreductibles polos períodos de tempo sinalados na tarifa e faranse efectivas na Caixa municipal ó retira-la oportuna licencia co carácter de depósito previo, sen prexuízo da liquidación definitiva que corresponda.
Artigo 8.º .- Normas de xestión
1. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
2. Se non se determina con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa.
3. A presentación da baixa terá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda.
Artigo 9.º .-Responsables.
1. Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarios das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herencias xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición e responderán solidariamente e en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade de débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consistiran no incumprimento por quenes dependen deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 10.º .-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no art. 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos nas normas con rango de lei.
O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigadas ó pago das taxas pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadán ou a defensa nacional.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo ás infraccións tributarias e sancións, estarase ó disposto no artigo 77 da Lei Xeral tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal, con redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 30 de outubro de 1998, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 1999 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.