Fene - TAXA POLO SERVICIO DE SANEAMENTO

Publicación provisional: 24/12/2004 BOP Nº: 295
Publicación definitiva: 14/02/2005 BOP Nº: 35
Aplicable dende: 23/10/2008

FUNDAMENTO LEGAL

ARTIGO 1

De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación có artigo 20.4.r) da mesma lei, e en uso das facultades concedidas polos artigo 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004, este Concello establecece a taxa polo servicio de saneamento.

FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 2

Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de saneamento municipal.
b) A prestación de servicios de evacuación de augas residuais, a través de rede de saneamento municipal e o seu tratamento para depuralas, no seu caso.
Non estarán suxeitas á taxa as edificacións derruídas, e as declaradas ruinosas non ocupadas.

SUXEITO PASIVO

ARTIGO 3

1.-Son suxeitos pasivos contribuintes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede: o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do apartado b) do artigo anterior: os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título, propietarios, usufructuarios ou arrendatarios, incluso en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do ocupante ou usuario das vivendas, ou locais, o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

RESPONSABLES

ARTIGO 4

1.-Responderán soliariamente das obrigas tributarias do suxeto pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren o artigo 42.1 da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades, en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43.1 apartados a),b),c) da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

CUOTA TRIBUTARIA

ARTIGO 5

1.-A base do presente tributo virá determinada:
a) Polo volume de auga consumida polo contador.
b) Ou, no suposto de que a finca careza do servicio de abastecemento de auga, liquidarase o saneamento por estimación indirecta, mediante a asignación dun consumo equivalente ó límite superior establecido na tarifa b.1,Tramo I do artigo 4 da Ordenanza Fiscal n.º 7, reguladora da Taxa pola subministración de auga (36 m³/aboado/trimestre).
2.-Para a valoración dos consumos, fixarase a seguinte tarifa, IVE incluído (ó tipo vixente do 7%):
 
Euros
a) Cuota de servicio por aboado/trimestre
3,316
b) Importe por m³ de auga consumida
0,16966
Apartado 3º
3.1.- Son considerados destinatarios/as todas aquelas personas empadronadas e con residencia efectiva no concello de Fene cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer frente ó custo establecido pola taxa.
3.2.- Poderán ser beneficiarios/as destas bonificacións quen reúna todos e cada un dos seguintes requisitos.
a) Estar empadronado/a no concello de Fene e ter residencia efectiva.
b) Dispoñer dos recursos económicos máximos contidos no baremo establecido no presente artigo aceditados mediante a presentación da última declaración da renda, ou calesqueira outro documento que sinale a situación económica do solicitante.
c) Non ter débedas co concello.
3.3.- Determinación dos recursos.
Para a determinación dos recursos terase en conta as seguintes condicións:
a) Ingresos familiares:
-Para 1 persoa sóa: pensión mínima de xubilación da seguridade social, para maiores de 65 anos e sen cónxuxe a cargo.
-Para 2 persoas en unidade de convivencia: a pensión mínima de xubilación da seguridade social, para maiores de 65 con cónxuxe a cargo.
- Para 3 ou máis persoas en unidade de convivencia: non superar o 110 % do Salario Mínimo Interprofesional estipulado para cada ano.
 
Para a comprobación dos requisitos económicos, teranse en conta os seguintes factores:
-Os ingresos netos que perciba o/a solicitante e os demáis membros da unidade familiar nos 6 meses anteriores á solicitude.
-Para o cálculo do conxunto dos ingresos familiares realizarase a seguinte operación:
¿ Ingresos netos anuais (-) gastos de aluguer de vivenda/amortización anuais = ingresos familiares netos anuais.
¿ Para o cálculo dos ingresos anuais teranse en conta os seguintes aspectos:
-Para os pensionistas, a pensión que cobrarán no ano en curso.
-Para os desempregados/as e as persoas que aleguen outras circunstancias, deberán xustificar os ingresos obtidos por todos os conceptos, nos últimos 6 meses anteriores á data de solicitude.
b) Ingresos procedentes de rendas de capital inmobiliario e/ou mobiliario:
Non poderán beneficiarse desta exención cando a/o solicitante ou calquera outro membro da unidade familiar sexan propietarios/as e/ou usufructarios/as de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración,  posibilidade de venda ou calquera forma de explotación indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios materiais suficientes para atender o gasto obxecto da presente exención municipal, agás a propiedade referente á vivenda destiñada a uso propio, sempre que a súa valoración catastral non supere 10 anualidades do salario mínimo interprofesional vixente para cada ano.
No referente á existencia de capital mobiliario, entenderanse medios económicos suficientes aos efectos da presente ordenanza os que superen os 2.500 euros en contas de aforro ou investimento.
Posesión de vehículo:
Non poderán ser propietarios dun vehículo no domicilio familiar de uso particular ou comercial, independentemente da titularidade do mesmo.
3.4- Documentación a aportar.
a) Solicitude debidamente cumplimentada segundo modelo oficial.
b) Fotocopia do DNI dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos e fotocopia das páxinas do libro de familia, no seu caso.
c) Certificado de empadronamento.
d) Xustificante dos ingresos anuales da unidade familiar: fotocopia compulada da declaración da renda do último exercicio, ou certificado de rentas no caso de non ter que presentar declaración da renta, ou calqueira outro documento que sinale a situación económica do solicitante dos 6 meses anteriores á data de solicitude (certificado de vida laboral da Seguridade Social, contratos de traballo, recibos actualizados das pensións, nóminas, ou calesqueira outro documento que acredite a situación económica de tódolos membros da unidade familiar maiores de 18 anos).
e) Xustificantes da vivenda: contrato de aluguer con aportación dos últimos 6 recibos, documentos de amortización do préstamo hipotecario sobre a vivenda, etc.
f) Certificación bancaria de xuros e retencións con indicación do saldo bancario a 31/12 do ano anterior á solicitude.
g) Certificación de conta bancaria.
h) Calesqueira outra documentación que poida resultar necesaria para a resolución do expediente.
3.5.- Prazo
O prazo para a presentación das solicitudes comprenderá todo o exercicio.
3.6.-Procedemento para a resolución.
Presentada a solicitude, por parte do concello comprobarase a documentación obrante en cada solicitude e nun prazo máximo de dous meses  resolverase a petición dándose traslado ós solicitantes.
Para a instrucción do expediente, realizarase a comprobación dos seguintes datos:
- Comprobación da non existencia de débedas co concello.
- Comprobación da existencia doutros bens ( IBI urbana e IVTM).
No suposto de que se comprobara que non son certos os datos consignados na declaración ou se houberan ocultado outros que pudieran calificarse como esenciales, procederase a desestimar a solicitude,
Analizada a documentación presentada e unha vez emitidos os informes técnicos correspondentes, a Alcaldía dictará resolución ó respecto, na que se concretará os beneficios concedidos para o exercicio.

ARTIGO 6

Correrá a cargo da empresa concesionaria a conserva do ramal dende a tubería xeral de acometida ata o pé do parámetro exterior do muro da edificación; así mesmo correrá ó seu cargo a reparación das averías que se produzan no tramo de ramal que discurre dende a tubería xeral de acometida ata o pé do parámetro exterior do muro da finca ou da alineación viaria do Plan Xeral no seu caso, ó prezo que de seguido se indica, IVE incluído:
 
Euros
Acometida de saneamento por aboado/trimestre
0,48551
Os amaños derivados das roturas na acometida, producidas por neglixencia demostrable na súa manipulación, ou outros danos non imputables ó normal disfrute do servicio, serán por conta do aboado.

ARTIGO 7

Sobre o importe resultante da aplicación destas tarifas poderán outras administracións supramunicipais establecer recargos, cánones ou impostos que incrementarán o importe total do recibo.

BENEFICIOS FISCAIS

ARTIGO 8

Non se recoñecen máis beneficios fiscais que os establecidos na normativa vixente ou nos tratados internacionais.

DEVENGO

ARTIGO 9

1.-Devengase a taxa, e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Si se trata de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, cando o suxeto pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento municipal. O devengo por esta modalidade da taxa produciráse con independencia de que se teña obtido, ou non, a licencia de acometida e sen prexuizo da iniciaciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da sua depuración, teñen caracter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou rúas públicas nas que exista rede de saneamento e sempre que os edificios poidan acomete-la rede xeral.

DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO

ARTIGO 10º

1.- Os suxetos pasivos sustitutos do contribuinte formularán as declaracións de alta e baixa no padrón de suxetos pasivos da taxa no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no padrón farase de oficio, unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

2.- A liquidación e cobro das taxas levarase a cabo trimestralmente ós aboados dos servicios de auga e saneamento e, anualmente, ós aboados exclusivos do saneamento, confeccionando, a tal efecto, unha lista cobratoria en que se especificarán nome, apelidos do contribuinte, domicilio, metros cúbicos de auga facturada e débeda tributaria. As listas cobratorias, unha vez fiscalizadas pola Intervención, serán sometidas para a aprobación da Xunta de Goberno Local.

3.- Establecido e en funcionamento o referido servicio, o devengo periódico destas taxas terá lugar o 01 de xaneiro de cada ano, liquidandose por trimestres naturais, e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, en cuio caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia có conseguinte prorrateo trimestral da cuota.

O abono das taxas realizarase durante o periodo determinado polo Concello iniciándose ó día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón.

Transcorridos os prazos que fixe o Concello para o cobro en período voluntario, poderán esixirse os recibos en vía de prema.

4.- O cobro levarase a cabo pola empresa concesionaria da explotación, nas suas oficinas recadatorias, poidendo os usuarios do mesmo domicilia-lo pago dos seus recibos en entidades bancarias colaboradoras, sen prexuizo de que a administración municipal, excepcionalmente, estableza outra modalidade.

5.- Nos supostos de licencia de acometida, o contribuinte formulará a oportuna solicitude nas oficiñas da empresa concesionaria do servicio; unha vez concedida aquela, practicarase a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

6.- As altas e baixas que se produzan no servicio de abastecemento de auga potable surtirán efectos, con carácter automático, no de saneamento.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de saneamento, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan o alta da auga.

ARTIGO 11º

Non se concederá a alta a aboados que se trasladen de domicilio e non se atopen ó corrente do pago do saneamento

ARTIGO 12º

As reclamacións sobre a recadación, por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaranse na empresa concesionaria da explotación, acompañando os recibos ou facturas que se presuma conteñan erro ou omisión.

ARTIGO 13º

No caso de traslado de domicilio do aboado, éste seguirá a ser reponsable do importe da taxa de saneamento da vivenda que deixóu, si non se da de baixa coa antelación suficiente nas oficiñas do servicio

ARTIGO 14º

O servicio de saneamento limitarase á zona que comprenda a rede xeral.

ARTIGO 15º

A concesión de novas acometidas á rede farase mediante solicitude dos interesados nas oficiñas da empresa concesionaria da explotación, e con acordo adoptado polo Concello, previo informe dos servicios técnicos municipais.

ARTIGO 16º

As acometidas que se soliciten para utiliza-lo saneamento en fincas onde non existe rede xeral, no caso de acceder a elo o Concello, deberán sufraga-los gastos de ampliación da rede, e as obras deberán ser levadas a cabo pola empresa concesionaria da explotación, a cal levará o control e supervisión das mesmas , xuntamente cos técnicos muncipáis.

Unha vez posta en funcionamento pasará a instalación a ser propiedade do Concello.

ARTIGO 17º

Os propietarios de fincas que non teñan contribuido a sufraga-los gastos de primer establecemento da rede xeral de saneamento, na vía de que se tratara, cando soliciten levar a cabo a acometida para os seus inmobles, virán obrigados a paga-la extensión de rede xeral necesaria para que se produza tal acometida, baixo as condicións técnicas de dimensión e instalación que os servicios municipáis dispoñan.

ARTIGO 18º

Unha acometida servirá somentes á finca para a que foi solicitada, sen que se permita extendela a outras, inda estando contiguas e perteñecendo ó mesmo dono, agás conveniencias de distribución para o servicio, facéndose neste caso a derivación fora da finca privativa.

ARTIGO 19º

Se por a venda, ou outras causas, se dividira a propiedade, os novos propietarios virán obrigados a executar unha acometida independiente para cada un deles.

ARTIGO 20º

Os diámetros da tubería que se usen para as acometidas serán:

-Para edificios composto de baixo e dúas vivendas, o diámetro mínimo será de 160 mm. aumentándose éste a medida que a casa teña máis pisos ou sexa susceptible de ser ampliado.

-Para edificios compostos de planta baixa e que non sexan susceptibles de ampliación, 160 mm. de diámetro mínimo.

INFRACCIONS E SANCIONS

ARTIGO 21º

En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion,Xestion e Recadacion

DISPOSICIÓNS ADICIONÁIS:

1.- O Imposto sobre o Valor Engadido repercutido sobre as tarifas establecidas nesta Ordenanza o será ó tipo de gravame vixente en cada momento.

2.- Na última quincena do ano, aprobaranse os listados de prezos que rexerán para as obras do exercicio seguinte, previo informe técnico e adopción de acordo pola Xunta de Goberno Local.

APROBACIÓN E VIXENCIA. DISPOSICION FINAL

1.- A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia", e será de aplicación no exercicio de 2005, permañecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación.