Muros - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TASA POLO OUTORGAMENTO DAS LICENZAS URBANISTICAS ESIXIDAS POLA LEXISLACIÓN DO SOLO E O ORDENAMENTO URBAN

Publicación provisional: 23/08/2008 BOP Nº: 194
Publicación definitiva: 17/10/2008 BOP Nº: 240
Aplicable dende: 18/10/2008

Artigo 1. Fundamento legal

No uso das facultades concedidas pola Constitución, o artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime local, e de conformidade co previsto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Muros establece a taxa polo outorgamento das licenzas urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbán, a cal rexerase pola presente Ordenanza Fiscal e polo disposto nos artigo 20 a 27 do TRLFL

Artigo 2. Feito impoñible

1. Constitue o feito impoñible a actividade municipal, técnica e administrativa, realizada para verificar se as instalacións, construccións ou obras se efectúan con suxección ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, son conformes ao destino e uso previstos, non atentan contra a harmonía da paisaxe e condicións de estética, cumpren coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene e saneamento, e finalmente, que non existe ningunha prohibición de interese artístico, histórico ou monumental.
2. A estes efectos, constitúen feitos imponibles deste tributo a concesión de licenzas para a realización das seguintes actividades:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c) Obras de modificación, rehabilitación, restauración, consolidación, conservación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servizos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licenza outorgada.
h) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i) As instalacións subterráneas adicadas a estaciona mentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j) As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m) A instalación de invernadoiros.
n) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles dende a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o) Os cerramentos e valados de predios.
p) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria elou forestal.
q) Aliñacións e rasantes.
r) Obras de fontanería e sumidoiros.
s) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc, de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t) Obras nos cemiterios.
u) A primeira utilización ou ocupación de edificios e instalacións en xeral.
v) As parcelacións urbanísticas
w) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que soliciten, provoquen, ou en cuio interés redunden as prestacions ás que se refire a presente Ordenanza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuinte, os contructores e contratistas de obras.

Artigo 4. Responsables

1. Responderán solidariamente da obriga tributaria do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Responderán subsidiariamente da obriga tributaria do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refiere o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral Tributaria.

Artigo 5. Vindicación

1. A taxa vindicarase cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2. Cando as obras se inicien ou executen sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.
3. A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola concesión da licenza solicitada condicionada á modificación do proxecto presentado, nen pola renuncia ou desestimento do solicitante.

Artigo 6. Base impoñible e liquidable

Tomaránse como base impoñible da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construcción ou instalación, entendendose por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela, do que non forman parte, en ningun caso, o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de caracter público local relacionados con ditas construccións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estrictamente o custo do execución material.

Artigo 7. Tipo de gravame

Se establece un tipo de gravame do 0,50 por 100.

Artigo 8. Cota tributaria

1. A cota tributaria determinarase polo resultado de aplicar o tipo de gravame sobre a base impoñible.
2. Nos casos particulares contemplados nos artigos 2.2.q) (alineacións e rasantes) e 2.2.v) (parcelacións urbanísticas) da presente ordenanza fiscal, a cota tributaria estará constituida pola seguinte cuantía fixa:
‑ Alineacións e rasantes: 20,00 euros. Este importe únicamente se devengará cando o custo de tal actuación non fora incluido no cálculo do custo real e total da construcción, instalación ou obra a realizar, así como naquelas obras de nova pranta nas que, cando así o considere a oficina técnica municipal, a solicitude da licenza para demarcación de alineacións e rasantes deba producirse con carácter previo á licenza de obras para iniciar as referidas obras.
‑ Parcelacións urbanísticas: 20,00 euros
3. En todo caso, os dereitos por outorgamento das preceptivas licenzas para calquera clase de obras ou instalacións, non poderán ser inferiores a 10,00 euros.
4. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación do acordo municipal e a sua notificación ao interesado.

Artigo 9. Exencións

Non se concederá exención nen bonificación algunha na referida taxa.

Artigo 10. Normas de xestión.

1. Os dereitos desta Ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamentos especiais ou por prestación de servizos distintos.
2. Será previa á licenza de obras de nova planta, a solicitude da licenza para demarcación de alineacións e rasantes, sempre e cando así o esixa a oficina técnica.
3. Para as obras que leven consigo a obriga de colocar valados ou andamios, esixiráse o pago dos dereitos correpondentes a este concepto, liquidándose simultáneamente á concesión da licenza de obras, segundo as tarifas recollidas na ordenanza fiscal n° 9 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal.
4. As licenzas para instalacións, obras e construccións, solicitaranse por medio de instancia dirixida ao Sr. Alcalde, na cal figuraran os documentos que deberá de aportar o interesado. Nos supostos de falla de calquera dos documentos esixidos, actuarase conforme ao previsto no artigo 54 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo.
5. A solicitude poderá ser formulada polo interesado, ou polo contratista de obras, pero faráse constar o nome e enderezo do propietario do inmoble, do arrendatario do mesmo cando as obras se realicen por conta e interese deste, así como a expresa conformidade ou autorización do propietario.
6. Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal acompañando o novo presuposto reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación. Se a reforma se pretende incluir nas obras xa autorizadas, deberá tramitarse de igual xeito que si de nova construcción se tratase, e con abono dos novos dereitos.

Artigo 11. Liquidación e ingreso.

1. En virtude da potestade recoñecida no artigo 27.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establecese o réxime de autoliquidación da taxa. O solicitante da licenza procederá a autoliquidar o importe a través do modelo subministrado polo Concello e a ingresar a cota tributaria resultante na Tesouraría Municipal ou nas contas correntes indicadas no modelo. Esta autoliquidación é un acto do obrigado tributario cuxo importe será reintegrado se por causas non imputables ao suxeito pasivo non se chegase a prestar o servizo.
2. Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra e tendo en conta o custo real da mesma, o Concello, mediante comprobación polos servizos técnicos municipais e requerindo dos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais datos que se consideren oportunos, modificará no seu caso a base impoñible, practicando unha liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo o importe resultante que corresponda.
3. Non se tramitará a licenza urbanística mentres non se teña constancia do ingreso da autoliquidación. A tal efecto o solicitante presentará a autoliquidación da taxa coa xustificación de ingreso ao mesmo tempo que insta ao outorgamento da correspondente licenza urbanística.
4. Cando os servizos comproben que se realizou ou se está realizando calquera actividade suxeita sen ter obtido a oportuna licenza practicarase unha liquidación que será notificada ao suxeito pasivo ou substituto do contribuínte para o seu ingreso nas arcas municipais
5. As liquidacións que se practiquen, serán notificadas ao suxeito pasivo para o seu ingreso utilizando os medios de pago e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 12. Infraccions e sancions tributarias

Para todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e á imposición de sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición final

De conformidade co establecido no artigo 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor ao día seguinte da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e surtirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derogación.