Mazaricos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase
Artigo 1.º .-Fundamento e réxime.
1. De conformidade co previsto no art.106 da Lei 7/85, de 2 de abril , Reguladora das bases de réxime local e de acordo co previsto no art. 20, 3,h) da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas locais, este Concello establece a taxa por entradas de vehículos a través de beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no art. 16 da Lei 39/88 citada.
2. Será obxecto deste tributo:
- A entrada ou paso de vehículos e carruaxes nos edificios e solares.
- A reserva de espacios nas vías e terreos de uso público para carga e descarga de mercadorías a solicitude de entidades, empresas e particulares.
Artigo 2.º .-Feito impoñible
Está constituído pola realización sobre a vía ou terreos de uso público de calqueira dos aproveitamentos enumerados no artigo 1 desta ordenanza , e a obriga de contribuír nace desde o momento no que o aproveitamento se inicie.
Artigo 3.º .-Devengo.
O tributo considerarase devengado ó iniciarse algúns dos aproveitamentos obxecto desta ordenanza, e anualmente, o 1 de xaneiro de cada ano. Esixíndose previamente ó depósito total do seu importe, salvo nos períodos anuais sucesivos á alta inicial.
Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos.
Están solidariamente obrigados ó pago , en concepto de contribuíntes:
a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.
b) Os propietarios dos inmobles onde se atopen as entradas ou pasos de carruaxes.
c) As empresas, entidades ou particulares dos aproveitamentos enumerados no apartado b) do artigo 1 n.º . 2 desta Ordenanza.
Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable.
Tomarase como base do presente tributo a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de carruaxes e de reserva de espacio.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
1. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2. As tarifas da taxa serán as seguintes:
- Por cada badén na beirarrúa para facilita-la entrada de carruaxes nun edificio: 1.000 pesetas ML/ano.
- Por cada lugar de entrada de carruaxes nun edificio no que na beirarrúa non hai badén: 1.000 pesetas ML/ano.
As cotas serán de carácter anual e devengaranse o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos casos de inicio e cese no aproveitamento, que se prorrateará a cota por trimestres naturais.
A recadación das liquidacións que se practiquen, realizarase polo sistema de ingreso directo na tesourería municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.
Artigo 7.º .-Normas de xestión.
1. As Entidades ou particulares interesados na concesión dos aproveitamentos regulados por esta Ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento requirido.
2. Tamén deberán presenta-la oportuna declaración no caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos xa concedidos desde que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte ó que tal feito tivo lugar. Quenes incumpran tal obriga seguirán pagando o tributo. Tales declaracións terán efecto a partir do semestre seguinte a aquel no que se formulen.
3. Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias, se se desen diferencias notificaranse as mesmas ós interesados e xiraranse no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizado-los ingresos complementarios que procedan.
4. No caso de denegarse as autorizacións os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
Artigo 8.º .-Responsables.
1.-Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2.-Os copartícipes ou cotitulares das herencias xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición e responderán solidariamente e en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3.-Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consistiran no incumprimento por quenes dependen deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran as súas actividades.
4.-Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 9.º .-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 39/1988, de 28 de decembro non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados os acordos internacionais ou os previstos nas normas con rango de Lei.
O Estado, as Comunidades autónomas e as Entidades locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadán ou a defensa nacional.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos arts. 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, con redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 30 de outubro de 1998, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 1999 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.