Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 18, REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE PISCINA MUNICIPAL E ESCOLAS DEPORTIVAS
Artigo 1.-Fundamento e natureza
Artigo 2.-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de piscina municipal e escolas deportivas.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades que se detallan na tarifa desta taxa.
Artigo 4.-Responsables
1.-Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
Epígrafe 1º .-Piscinas
I.-Entradas individuais:
- Ata 14 años de idade: 0,90 euros
- Maiores de 14 anos de idade: 2,10 euros
II.-Bonos:
- Bono de 10 baños ata 14 anos de idade: 6,00 euros
- Bono de 10 baños maiores de 14 anos de idade: 15,00 euros
Epígrafe 2º - Escolas deportivas
- Cota cursos de natación: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de futbol: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de baloncesto: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de tenis: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de voleibol: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de patinaxe: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de aerobic: 30,00 euros/persoa
- Cota cursos de ximnasia: 30,00 euros/persoa
- Cota actividade liga de futbol sala: 180 euros/ equipo
Artigo 6.-Beneficios fiscais
Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de Lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación dos servicios ou a realización das actividades, aínda que se poderá esixi-lo depósito previo.
Artigo 8.-Declaración e ingreso
1.-A taxa se esixirá en réxime de autoliquidación, previa solicitude da prestación do servicio da piscina municipal ou da realización da actividade polo interesado, realizándose o ingreso antes da prestación do servicio ou da realización da actividade na Tesourería Municipal ou directamente nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello.
2.-Se se realiza a prestación do servicio da piscina municipal sen mediar solicitude, liquidarase e notificarase a taxa tan axiña como se detecte esta situación, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.-Infraccións e sancións
Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral Tributaria e na normativa de desenvolvemento.
Disposición adicional única
Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o artigo 27.2 da lei 39/88, do 28 de decembro, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta Ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios.