Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 11, REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 05/10/2011 BOP Nº: 191
Aplicable dende: 05/10/2011

ARTIGO 1. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a exacción da Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, das que as normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado R.D.lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e dos expedientes de que entenda a Adminitración ou as Autoridades Municipais.

2. Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado/a.

3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

ARTIGO 3. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten, provoquen ou que teñan un interese no que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

ARTIGO 4. Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Retribución.

1. A presente taxa retribuirase coa presentación da solicitude que de lugar ao inicio da tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo, agás para o estabelecido no artigo 7.2.6., que se retribuirá no momento de terse producida a Resolución Administrativa, que se pronuncie sobre a solicitude presentada.

2. Nos casos aos que se refire o artigo 2.2, a retribución producirase cando se inicie a tramitación de documentos e expedientes por parte da Administración, sen previa solicitude do interesado, pero que redunde no seu beneficio.

ARTIGO 6. Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos expedientes ou documentos a tramitar, de acordo coa tarifas que se conteñen no artigo seguinte.

ARTIGO 7. Tarifas.

7.1. Documentos expedidos por dependencias municipais.
7.1.1. Certificacións de acordos municipais; certificacións de informes emitidos por técnicos municipais, así como outros documentos de natureza similar. Informacións urbanísticas e certificacións de cualificación urbanística, alturas, aliñacións e rasantes e outros documentos análogo: 15,12 €
7.1.2. Por fotocopias expedidas en branco/negro (papel normal e vexetal):
Concepto
Tamaño
7.1.2.1
DIN A4
0,17
7.1.2.2.
DIN A3
0,25
7.1.2.3.
DIN A2
2,95
7.1.2.4
DIN A1
4,23
7.1.2.5
DIN >A1
6,48
7.1.3. Por fotocopias expedidas en color:
Concepto
Tamaño
7.1.3.1.
DIN A4
1,71
7.1.3.2.
DIN A3
2,32
7.1.4. Impresión cartografía e planeamento en papel normal ou vexetal.
Concepto
Tamaño
Normal
Vexetal
Color
7.1.4.1
DIN A4
3,46
4,07
4,97
7.1.4.2
DIN A3
4,07
4,97
6,29
7.1.4.3
DIN A2
5,41
6,29
7,59
7.1.4.4.
DIN A1
6,29
8,02
10,24
7.1.4.5.
DIN A0
7,59
9,36
16,30
7.1.4.6
M. lineal
6,96
8,91
14,18
7.1.5. Copias en soporte dixital. Por cada folio ou folla: 13,22 €
7.1.6. Copia con escáner de fotografías aéreas: 4,15 €
7.1.7. Expedición de carteis informadores de licenzas de obras menor: 11,36 €
7.1.8. Expedición de atestados policiais: 37,65 €
7.1.9. Dilixencias de cotexo de documentos:
- Primeira: 0,77€
- Segunda e seguintes (cada folio): 0,22€
7.1.10. Validación de poderes e lexitimación da personalidade sempre que se solicite a súa achega para realizar actos, contratos ou outros trámites diante deste Concello: 37,65 €
7.1.11. Exemplar encadernado de Ordenanzas fiscais e Prezos Públicos: 18,85 €
7.1.12 Modificación Ordenanzas Fiscais e Prezos Públicos. Por folla: 0,17€

7.2. Tramitación de expedientes administrativos.

7.2.1. Pola formalización de contratos administrativos, cada folio.................1,88 €

7.2.2. Pola tramitación das solicitudes para participar nos procesos de selección do persoal ao servizo desta Administración:

Concepto

Subconcepto

Praza

Importe €

7.2.2.1

Grupo A

7.2.2.1.1

Subgrupo A1 ou asimilado

35,50

7.2.2.1.2

Subgrupo A2 ou asimilado

30,20

7.2.2.2

Grupo B ou asimilado

24,89

7.2.2.3

Grupo C

7.2.2.3.1

Subgrupo C1 ou asimilado

19,61

7.2.2.3.2

Subgrupo C2 ou asimilado

14,34

7.2.2.4

Outras agrupacións profesionais

9,04

7.2.3. Licenzas de cans potencialmente perigosos: 13,74 €

7.2.4. Renovación de licenzas: 6,87 €

7.2.5. Inscrición no rexistro de animais potencialmente perigosos: 13,74 €

7.2.6. Declaración de incursión na situación legal de fora de ordenación

7.2.6.1. Por cada m2 de superficie construida: 4,46 €

ARTIGO 8. Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ao escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa.

2. Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de decembro, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisoriamente, pero non se lle dará curso sen que se corrixa a deficiencia, para o que se requirirá ao interesado co fin de que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse ditos escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal a pedimento dos xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, cando sexan probas propostas a instancia de parte, non se entregarán nin remitirán sen que previamente non se aboara a correspondente cota tributaria.

4. A taxa regulada no epígrafe 7.2.6. esixirase en réxime de autoliquidación, practicada unha vez emitida a resolución administrativa correspondente.

ARTIGO 9. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

As tarifas contidas no artigo 7.1.2. tan só serán de aplicación cando a elaboración do certificado veña precedido de estudos, investigacións, indagacións ou analises previas, non considerándose estudo, analise, investigación, etc, a mera transcripción de datos contidos en padróns municipais ou outros documentos municipais análogos.
Asemade, non será de aplicación dita tarifa para os certificados relacionados coa participación dos cidadans, contribuyentes ou administrados en cursos de formación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.

As tarifas estabelecidas na presente ordenanza incrementaranse anualmente segundo o I.P.C.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCERA

Os cidadans que desexen participar en procesos selectivos de personal ao serivizo desta Administración, estarán exentos do pagamento da taxa, a que se refire o artigo 7.2.2. desta ordenanza, sempre que se cumpra algunha das circunstancias seguintes:
1. Cidadans cun porcentaxe de minusvalía igual ou superior ao 33%.
2. Cidadans que leven un ano ou mais en situación de desemprego.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de novembro de 1989, entrando en vigor o día 1 de xaneiro de 1990.

Foi modificada por acordo plenario de datas 31 de outubro de 1996, 30 de decembro de 1997, 30 de marzo de 2000, 31 de maio de 2001, 1 de outubro de 2001, 18 de xullo de 2002, 4 de setembro de 2003, 29 de abril de 2004, 29 de xullo de 2004, 30 de xuño de 2005, 28 de setembro de 2006, 25 de outubro de 2007 e 4 de setembro de 2008.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de xullo de 2011, entrando en vigor, logo da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.