Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 15.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE DE MADEIRA DE CORTA.
ARTIGO 1. Fundamentos e Natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿Taxa reguladora do depósito, carga e transporte de madeira de corta"
ARTIGO 2. Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa tendente a verificar a correcta prestación dos servicios de depósito, carga e transporte de madeira de tala realizada por vehículos de peso máximo autorizado superior a 5Tm, atopándose dita actividade sometida a licencia municipal de carácter anual, a cal debe ser renovada antes que remate o período de vixencia.
ARTIGO 3. Suxeitos Pasivos
1.- Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan:
a) Titulares, empresarios ou organizadores da actividade de depósito, carga e transporte de madeira de corta.
ARTIGO 4. Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5.- Cota Tributaria.
ARTIGO 6. Exencions e Bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación ningunha á exacción da Taxa, salvo aqueles expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.
NORMAS DE XESTIÓN. ARTIGO 7. Devengo
1.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licenza.
ARTIGO 8. Liquidación e Ingreso
Os contribuíntes, ao tempo de solicitar a correspondente licenza, deberán aboar o importe das tarifas estipuladas no artigo 5, tras a liquidación practicada polos Servicios Económicos.
ARTIGO 9. Documentación
1.- As licenzas para depósito, carga e transporte de madeira de corta solicitaranse mediante instancia dirixida ao Alcalde, na que se fará constar a identificación do titular da explotación, razón social, NIF, último recibo do Imposto de Actividades Económicas, os vehículos adscritos á actividade, con fotocopia cotexada do permiso de circulación, da ficha técnica e da tarxeta de transportes. No suposto de falla de calquera dos documentos esixidos, actuarase conforme ó establecido na lexislación reguladora do procedemento administrativo común.
ARTIGO 10. Tramitación
Recibida a petición polo centro xestor correspondente, emitiranse os preceptivos informes no prazo de dez días, formulando a correspondente proposta de resolución.
A resolución do expediente será adoptado pola Alcaldía, que será notificada ao interesado.
ARTIGO 11. Condicións da Licencia
1.- Os titulares das licencias virán obrigados antes do comezo do inicio da actividade de depósito, carga e transporte de madeira procedente da tala, a notificar á Policía Local o inicio da actividade, lugar da mesma así como a súa duración previsibel.
2.- Sen prexuízo do cumprimento do establecido na lexislación urbanística, de Medio Ambiente Forestal, do Código de circulación, e demais lexislación, normas e/ou ordenanzas que poidan ser de aplicación, o posuidor dunha licencia para a actividade descrita, virá obrigado á reparación inmediata dos deterioros producidos nos viais, ou nas interestructuras anexas, así como a retirada total dos restos procedentes das operacións de carga e almacenamento.
3.- Os depósitos de rolla, ramas ou podalla non poderán invadir a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, nin menoscabar a funcionalidade das gabias, canalizacións, pontes ou calquera outra canle ou paso de auga, como calquera outra infraestructura auxiliar ou anexa os viais, nin supoñer riscos para os usuarios da vía, prohibíndose o verquido de residuos procedentes das operacións reguladas na presente ordenanza en lugares non autorizados expresamente para iso, aplicándose, no caso de incumprimento, o previsto na ordenanza xeral de limpeza do Concello de Arteixo.
4.- Transcorrido un prazo de sete días dende que se produciran os danos, a infracción ou a acumlación dos restos, o Concello, previo - os trámites correspondentes, e tras agotar tódalas vías administrativos establecidas pola lexislación vixente, poderá realizar con cargo ás fianzas, as operacións de amaño, corrección e/ou retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda, e de exercer as accións oportunas para resarcirse dos custos, se non foran totalmente cubertos pola fianza.
5.- Non se concederá nova licencia, renovación, nin novas anotacións no rexistro de vehículos a persoas físicas ou xurídicas incursas en causa de anulación ou que manteñan débedas derivadas de expediente de tramitación ou sanción, aberto en cumprimento dos preceptos da presente ordenanza ata a conclusión do expediente e/ou a liquidación dos importes pendentes.
6.- A anulación dunha licencia implicará a non concesión de nova licencia durante o período dun ano a contar dende a data na que exista resolución firme en tal senso
7.- Unha segunda anulación da licencia suporá a non concesión de renovación ou nova licencia de actividade a persoa física ou xurídica titular da mesma.
ARTIGO 12.- Infraccións e Sancións.
1.- En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.