Laxe - Regulamento do rexistro de parellas de feito.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O libre desenvolvemento de personalidade e a igualdade ante a Lei dos cidadáns, que constitúen algúns dos principios do noso ordenamento jurídico e social, comporta o mandato a tódolos poderes públicos da obriga de promove-las condicións para que a liberdade e igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivos, debendo ser removidos os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude conforme ó previsto nos artigos 1.1, 9.2, 10.1 e 14 da Constitución española e artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía para Galicia.
Asemade, no libre e lexítimo ejercicio da súa autonomía persoal, todo home e toda muller teñen dereito a constituír, mediante unha unión afectiva e estable de convivencia, unha comunidade de vida que, completada ou non con fillos, dea lugar á creación dunha familia, protección que queda garantida no artigo 39 do noso texto constitucional, que establece a obriga dos poderes públicos de asegura-la protección social, económica e xurídica da familia, sen que nel exista referencia ningunha a un modelo de familia determinado non predominante. O que fai necesaria unha interpretación ampla e xenerosa do concepto de familia en consonancia coa realidade social actual e co articulado e espírito da nosa Carta Magna.
No mesmo teor pronúnciase o artigo 32 da Constitución española, que contempla o dereito a contraer matrimonio con plena igualdade jurídica, o que comporta " a sensu contrario" o dereito a non contraelo sen que por iso se deriven circunstancias particulares ou discriminatorias.
A unión entre as parellas manifestouse historicamente a través da institución do matrimonio, no desenvolvemento actual da sociedade os modos e formas de convivencia expóñense de maneira plural, comprobándose a alta porcentaje de parellas que optan ou ben se ven obrigadas a establece-la súa comunidade afectiva e estable da vida á marxe do matrimonio, sen que por iso se deba infravalora-la calidade humana e social das súas relacións persoais ou dunha menor entidade jurídica das súas obrigas paterno-filiais.
Estas unións non matrimoniais e que, polo tanto, deveñen de feito, e as familias que delas se derivan deben gozar de idéntica protección social, económica e jurídica que as unións matrimoniais, e todo elo coa finalidade de garanti-lo respoecto e a promoción dos principios fundamentais antes citados, de libre desenvolvemento da personalidade e de igualdade de tódolos cidadáns.
Polo tanto, as unións afectivas constituídas por parellas do mesmo sexo, unha vez superadas as discriminacións históricas que por razóns de orientación sexual viñeron marxinando e incluso criminalizando a aquelas que desenvolvían unha vida en común con outras persoas do mesmo sexo, deben alcanzar polos mesmos fundamentos a súa protección de acordo coa esixencia constitucional de igualdade e liberdade dirixidos a tódolos poderes públicos, todo elo en sintonía coa Resolución sobre igualdade de dereitos dos homosexuais e lesbianas na Unión Europea (A3-0028/94) e tal e como ordenaron e regularon algúns dos Estados Membros da Unión Europea.
A resposta legal e xudicial a esta realidade social das unións non matrimoniais foi ás veces tímida, dubitativa e incompleta, cegando a ser en demasiadas ocasións contradictoria e serrando para moitos cidadáns situacións de auténtico desamparo xurídico e de penosas inxustizas en ámbitos diversos como o civil, administrativo, fiscal, social e penal.
A Esixencia constitucional de igualdade e liberdade está dirixida a tódolos poderes públicos e por iso, mentres non se dea unha resposta legislativa nos diversos ámbitos competenciais a esta cuestión, sen prexuízo da aplicación analógica ou dunha interpretación judicial acorde á realidade social do noso tempo (artigos 3 e 4 do vixente Código civil), a dita obriga recae nas administracións públicas locais, condicionada na prestación de servicios e a mellora destes, polo que procede que o Concello de Laxe se dote dun instrumento jurídico que favoreza a igualdade e garante a protección social, económica das familias constituídas mediante unións non matrimoniais.
Neste sentido o Pleno da Corporación do Concello Laxe no ano 2004 pretende aprobar a creación dun rexistro de parellas de feito con carácter administrativo onde se poidan inscribir, de forma totalmente voluntaria, as parellas que convivan sen estar casadas e con independencia da súa orientación sexual.
En todo caso, o funcionamento do Rexistro deberá salvagardar no marco da legislación vixente o dereito á intimidade das persoas.
Na súa virtude e de acordo co disposto nos artigos 22.1 d) e 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, e 215 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, se regula o Regulamento do rexistro municipal de parellas de feito do seguinte xeito:
Artigo 1.º.- Obxecto
1.º.- Ponse en marcha o Rexistro das unións de feito do Concello de Laxe para o cumprimento das conpetencias propias deste.
2.º.- O Rexistro das unións de feito terá carácter administrativo e rexerase polo presente acordo e demais disposicións que poidan dictarse no seu desenvolvemento.
3.º.- Será de aplicación para este e con carácter supletorio, a normativa establecida pola Comunidade Autonoma de Galicia.
Artigo 2.º.- Ámbito
Terán acceso a este Rexistro as unións non matrimoniais de convivencia de parella, tanto heterosexuais como homosexuais, cando os dous membros da unión estén empadroados no municipio de Laxe.
3º..- Requisitos das inscripcións.
1.º.- As inscricións que poidan practicarse no Rexistro municipal das unións de feito realizaranse previa solicitude conxunta dos membros da unión de feito, acompañada da documentación acreditativa de cumprimento dos seguintes requisitos:
- Ser maiores de idade ou menores emancipados.
- Non ter relación ou parentesco por consaguiniedade ou adopción en liña recta colateral ata o terceiro grao.
- Non estar incapacitado/as xuridicamente.
- Non estar ligado algún dos membros da unión de feito con vínculo matrimonial.
- Ter, ámbolos dous membros, a condición de residente habitual no Concello de Laxe, de acordo co disposto no artigo 2 do presente reguamento.
- Declaración responsable de non figurar inscrito/a como membro doutra unión de feito que non se estea cancelada ou anulada.
2.º.- Soamente as inscricións que fagan referencia á extinción da unión de feito poderán efectuarse a instancia de un só dos seus membros.
Artigo 4.º.- Declaración e actos inscribibles
1.º.- Serán obxetos susceptibles de inscripción neste Rexistro os seguintes:
a) As declaracións de constitución de unións de feito tanto de parellas heterosexuais como homosexuais, así como a extinción destas calquera que sexa a súa causa.
b) Mediante trancrición literal, inscribiranse os contratos reguladores das relacións persoais e matrimoniais entre os membros das unións de feito.
2.º.- Non poderán practicarse inscrición ningunha no Rexistro sen o consentimento conxunto dos membros da unión de feito, salto o previsto no apartado 2.º do artigo 3.º do presente Decreto.
Artigo 5.º.- Efectos
A inscrición no Rexistro declara os actos registrados pero non afecta á súa validez, nin para os efectos jurídicos que lle sexan propios e que se produzan á marxe deste.
Artigo 6.º.- Publicidade:
A publicidade no Rexistro municipal de unións de feito quedará limitada exclusivamente á expedición de certificacións dos seus asentos a instancia de calquera dos membros da unión de feito ou dos xuíces e tribunais de xustiza.
Artigo 7.º.- Órgano competente:
O Rexistro municipal de unións de feito adscríbese á Secretaria Xeral do Concello de Laxe, podendo delegarse a súa adscrición e xestión administrativa a calquera outra unidade administrativa deste Concello.
Artigo 8.º.- Libro rexistro:
1.º) O Rexistro de unións de feito materializarase nun libro xeral no que se practicarán as inscricións ás que se refiren os artigos anteriores.
O citado libro constará de follas correlativamente numeradas, seladas e rubricadas polo señor alcalde-presidente ou concelleiro no que delegue e o secretario xeral da Corporación ou funcionario no que delegue, que igualmente o encabezarán e finalizarán coas correspondentes dilixencias de apertura e peche.
2.º) A primeira inscrición de cada parella terá carácter de inscrición básica e na súa marxe anotarase a referencia de calquera outro asento, relativo a esa unión que se produza con posterioridade no libro xeral.
3.º) O Rexistro contará igualmente cun libro auxiliar ordenado polos apelidos das persoas inscritas, no que se expresará o número de páxinas do libro xeral nas que existan anotacións que lles afecten.
Artigo 9.º.- Gratuidade:
As inscricións que se practiquen serán totalmente gratuítas; respecto ás certificacións que se expidan, estarase ó "establecido nas correspondentes ordenanzas de tributos, taxas e prezos públicos do Concello de Laxe.
Artigo 10.º.- Desenvolvemento.
Por parte da Alcaldía-Presidencia do Concello de Laxe dictaranse cantos acordos e resolucións administrativas sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente regulamento.
Disposición final. Vixencia
O presente regulamento entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
LAXE, 20 de maio de 2004.