Coristanco - ORDENANZA Nº 1 : ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.

Publicación provisional: 13/12/1989 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 13/12/1989 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 13/12/1989

Artigo 1º.- Fundamento e Natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora das Bases de Rexime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de Decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º.- Feito Imponible.

1.- Constitúe o feito imponible da taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos administrativos que expida e de expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

2.- A estes efectos, entenderáse tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio ainda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3.- Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estén grabados por outra taxa ou polos que se esixa un precio público por este Concello.

Artigo 3º.- Suxeito Pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en cuio interés redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º.- Responsables.

1.- Respostarán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e Entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións Subxetivas.

Gozarán de exención aqueles contribuíntes nos que concurra algunha das seguintes circunstancias:

1.- Haber sido declaradas pobres por precepto legal.

2.- Estar inscritos no Padrón da Beneficiencia como pobres de solemnidade.

3.- Haber obtido o beneficio xudicial de pobreza, respecto ós expedientes que deban surtir efecto precisamente, no procedemento xudicial no que foran declarados pobres.

Artigo 6º.- Cota Tributaria

1.- A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que conten o artigo seguinte.

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa de cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3.- As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaránse nun 50 por 100 cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

Artigo 7º.- Tarifa.

A tarifa que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:

CONCEPTOS

EUROS

Epígrafe 1º.- Censos de poboación de habitantes

1. Rectificación de nomes, apelidos e demáis erros consignados nas follas de empadroamento ...................................................................

2. Altas, baixas, e alteracións no padrón de habitantes ......................

3. Certificacións de empadroamento no Censo de poboación ...........

4. Actas de comparecencia testifical ..................................................

5.Certificados de conducta, convivencia e residencia.........................

6. Declaracións xuradas e autorizacións paternas ..............................

 

0,60

1,50

1,50

1,50

1,50

1,50

Epígrafe 2º.- Certificacións e compulsas.

1. Certificación de documentos ou acordos municipais ......................

2. Certificacións relacionadas co servicio de reclutamento ................

 

1,50

0,60

Epígrafe 3º.- Documentos expedidos ou extendidos polas Oficinas Municipais.

1.- Por expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, de apertura ou similares de locais, por cada un .....................

2.- Por cada documento que se expida fotocopia, por folio ..................

3.- Por cada documento por xerocopia autorizado por certificación ....

4.- Por cada contrato administrativo, que se suscribe de obras, bens ou servicios .................................................................................................

 

 

 

1,20

0,60

1,20

3,06

 

Epígrafe 4º.- Documentos relativos a Servicios de Urbanismo.

1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios .................

2.- Por cada certificación que se expida de servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte .................................................................

3.- Por cada informe que se expida sobre características do terreo, ou consulta a efecto de edificación a instancia de parte ..............................

4.- Por expedición de copias de planos obrantes no expediente de concesión de licencia de obra, por cada m2 ou fracción de plano ..........

 

90,15

6,01

3,06

1,50

Epígrafe 5º.- Outros expedientes ou documentos administrativos

1.- Por calquer outro expediente ou documento non expresamente tarifado ....................................................................................................

.

 

1,20

 

Artigo 8º.- Bonificacións da cota.

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na Tarifa desta Taxa.

Artigo 9º.- Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

Nos casos a que se refire o número 2º do artigo 2º.- o devengo se produce cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sean previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º.- Declaración e ingreso.

A Taxa se esixirá en réxime de autoliquidación, polo procedemento de selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou en estos mismos se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisoriamente, pero non poderá dárlles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuio fin se requerirá ó interesado para que no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes có apercibimento de que transcurrido dito prazo sen efectualo, teránse os escritos por non presentalos e será arquivada a solicitude.

As certificacións ou documentos que expida a administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacera a correspondente cota tributaria.

Artigo 11º.- Infraccións e Sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Final.

A presente Ordenanza Fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 13 de decembro de 1989, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.