Mazaricos - ORDENANZA FISCAL Nº 8.- REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA CORRENTE.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e consonte o que dispoñen os artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Rerguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola subministación de auga corrente, que rexerá a presente ordenanza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio de subministración de auga corrente polo Concello de Mazaricos.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1. Están obrigados ó pagamento da taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refiren os artigo 35 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT), seguintes:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.
b) Cando se trate da recepción do servicio, os ocupantes ou usuarios do inmoble beneficiario del, calquera que sexa o seu título (donos, usufructuarios, arrendatarios ou precaristas).
2. En calquera caso, o dono da vivenda ou local terá a natureza de substituto do ocupante ou usuario na obrigación do pagamento e poderá, se é o caso, repercuti-las cotas que satisfaga sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente da obrigación de pagamento da taxa, as persoas físicas e xurídicas as que se refire o artigo 42 da LXT.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.
Artigo 5.º .-Base impoñible.
A base impoñible da taxa por suministración de auga corrente está constituida polo consumo de auga medido en metros cúbico e a coñexión á rede de subministración.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
1. A cota correspondente á licencia ou autorización de conexión á rede de suministración de auga consistirá nunha cantidade fixa de 150 euros, que se aboará unha soa vez.
2. A cota correspondente á prestación do servicio de suministración de auga corrente determinarase en función do volume de auga consumido, de conformidade co seguinte cadro de tarifas:
A) Usos domésticos:
a) Mínimo de 45m3/trimestre: 0,25 euros./m3.
b)Desde 45 m3 a 70 m3/trimestre: 0,32 euros./m3.
c) Máis de 70 m3/trimestre: 0,45 euros./m3.
B) Usos comerciais:
a) Mínimo de 90m3/trimestre: 0,25 euros./m3.
b)Desde 90 m3 a 150 m3/trimestre: 0,32 euros./m3.
c) Máis de 150 m3/trimestre: 0,45 euros./m3.
C) Usos gandeiros ou industriais:
a) Mínimo de 300m3/trimestre: 0,25 euros./m3.
b)Desde 300 m3 a 450 m3/trimestre: 0,32 euros./m3.
c) Máis de 450 m3/trimestre: 0,45 euros./m3.
Artigo7.º .-Obriga de contribuír.
A taxa devengaráse a partir do comezo da prestación do servicio.
Artigo 8º .-Infraccións e sancións.
Con respecto á cualificación das infraccións rexerá o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do servicio municipal de suministración de auga corrente e para todo o relativo a calificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto na LXT.
Disposición derogatoria.
A partir da entrada en vigor desta Ordenanza queda derogada a anterior Ordenanza reguladora da taxa polo subministro de auga, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 30 de outubro de 1998 e publicada no BOP núm. 298 do día 30 de decembro do mesmo ano.
Disposición derradeira.
A presente Ordenanza fiscal, foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 28 de outubro de 2005 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.