Mesía - TAXA POLA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS.

Publicación provisional: BOP Nº: 00
Publicación definitiva: BOP Nº: 00
Aplicable dende:

ARTIGO 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artitos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e en conformidade co disposto nos artitos 15 ó 19 da RDL 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Fachendas Locais, este Concello establece a ¿Taxa polo outorgamento de licencia de apertura de establecementos", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal, tales normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPONIBLE

1. Constitúe o feito imponible da Taxa a actividade municipal, tanto técnica coma administrativa, tendente a unificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera das outras esixidas polas correspondentes Ordenanzas e Reglamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.

2. A tal efecto, terá a consideración de apertura:

a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo as súas actividades.

b) A variación ou ampliaciçon da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que sexa levada a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixendo nova verificación das mesmas.

d) Os traslados de locais.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil, toda edificacuón habitable, estea ou non aberta ó público, non sendo destinado exclusivamente a vivenda, e que:

a) Dedíquese ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesana, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó imposto sobre Actividades Económicas.

b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades, sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas na forma en que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.

 

ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretendan desenvolver ou, se é o caso, desenvólvase en claquera establecemento industrial ou mercantil.

ARTIGO 4º.- RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas as que se refiren os artitos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarias os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquedadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5º.- COTA TRIBUTARIA

As cotas tributaria determinadas con arreglo á seguinte tarifa:

a) Licencias de tramitación ordinaria para o exercicio de actividades comerciais, artesanais ou de servicios:150.00€

b) Licencias de tramitación ordinaria para o exercicio de actividades fabrís ou de construcción:150.00€

c)Licencias para actividades suxeitas ó regulamento de atividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas ou de tramitación especial relativas a establecementos comerciais, artesanais ou de servicios: 250.00€

d)Licencias para actividades suxeitas ó regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas ou de tramitación especial relativas a establecementos fabrís ou de construcción: 350.00€

e) Cambio de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación para o que se requira informe técnico: 50.00€

 

 

ARTIGO 6º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Non se concederá exención nin bonificacación algunha na exacción da Taxa, agás as expresamente previstas en normas con rango de Lei e as derivada da aplicación de Tratados internacionais.

ARTIGO 7º.- DEVENGO

1.- Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuir, cando se inicie a actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2.- Cando a apertura teña lugar sen terse obtido a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para autoriza-la apertura do establecemento ou decreta-lo seu cerre, se non fora autorizada dita apertura.

 3.- A obrigación de contribuír, unha ver nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

 

 

ARTIGO 8.- DECLARACIÓN

1.- As persoas interesadas na obtención duna licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil, presentarán previamente, no rexistro Xeral a oportuna solicitude, coa especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañada do contrato de aluger ou título de adquisición do local, indicando neste último caso, se o local non tivera asignado valor catastral, o prescio de adquisición ou o custe de construcción do mesmo, no seu caso.

2. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura, se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas polo establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñocemento de Administración municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.

 

ARTIGO 9.- LIQUIDACIÓN E INGRESO

Finalizada a actividade municipal e unha vez dictada  a Resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que se notificará ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recaudación.

ARTIGO 10º,. INFRACCIÓN E SANCIÓNS

 1.- En todo o raltivo a infraccións tributarias e a súa calificación, así coma ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas nos artigos correspondentes da lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.