Mesía - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réximen Local, e de conformidade co disposto nos artigos
Artigo 2º.- Feito impoñible.
Constitúe o feito imponible desta taxa a utilización das instalacións deportivas municipais, así como a prestación de servicios nas mesmas.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria seguintes:
As que soliciten a utilización das instalacións deportivas municipais ou se beneficien do seu uso público ou dos servicios prestados polo Concello nas mesmas.
Artigo 4º.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do sexeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
A cota tributarias consistirá na cantidade resultante de aplica-la seguinte tarifa:
1) PAVILLÓNS E PISTAS POLIDEPORTIVAS
1.a. Competicións:
-Veciños do Concello: 6 €/hora
-Veciños doutros concellos: 12 €/hora
1.b. Resto de actividades deportivas
-Veciños do Concello: 6 €/hora
-Veciños doutros concellos: 12 €/hora
1.c. Festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter profesional, por cada acto : 120 €
A contía establecida neste epígrafe se incremetará nun cincuenta por cento por cada día de utilización do pavillón, con anterioridade ou posterioridade á celebración dun acto, para a preparación ou arreglo do mesmo.
1.d. Festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter non profesional, ou organizado por asociacións ou entidades sen fin de lucro, cada acto: 60 €
1.e. Festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter benéfico, didáctico ou escolar : Exentos.
2) CURSIÑOS, REHABILITACIÓN E MANTEMENTO, (en Polideportivos e Piscinas)
O importe irá en función do número de actividades escollidas polos distintos membros da familia, segundo a táboa seguinte:
1ª actividade: 6 €
2ª actividade: 12 €
3ª actividade: 18 €
4ª actividade: 21 €
5ª actividade: 24 €
6ª actividade: 27 €
7ª actividade: gratuita
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención algunha na exacción da taxa, agás o establecido no artifo 5º para actuacións de carácter benéfico, didáctico ou escolar.
Para aquelas unidades de convivencia que non superen os ingresos indicados na seguinte táboa, as actividades serán totalmente GRATUITAS:
- Familias de 1 membro 416,00 €/mes
- Familias de 2 membros 480,00 €/mes
- Familias de 3 membros 541,00 €/mes
- Familias de 4 membros 605,00 €/mes
- Familias de 6 membros 730,00 €/mes
- Familias de 7 membros 790,00 €/mes
- Familias de 8 membros 853,00 €/mes
- Familias de 9 membros 915,00 €/mes
- Familias de 10 membros ou máis : 978,00 €/mes
Artigo 7º.- Esixibilidade da taxa.
Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación de servicios ou se solicite a utilización do pavillón polideportivo municipal, podendo esixirse o depósito previo do seu importe total ou parcial, sen prexuízo do establecido no artigo seguinte.
Non están sexeitos ó pagamento do prezo:
a) Os actos organizados, promovidos ou patrocinados polo Concello, os que sexan consecuencia de intercambios ou convenios con outras institucións, que se rexerán polo respectivo convenio, nin os que sexan declarados de interese deportivo ou cultural por acordo da Comisión de Goberno.
b) As actividades ordinarias escolares de carácter deportivo ou cultural que se realicen dentro da xornada escolar.
O pagamento da taxa terá lugar por ingreso directo na Tesoureiría municipal, antes de retira-la correspondente licencia, con carácter de depósito previo, conforme ó disposto no artigo 47.1 da Lei 39/88.
Artigo 8º.- Normas de xestión.
As solicitudes de autorización para a utilización das instalacións deportivas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, cunha antelación mínima dun día hábil, excepto no caso de torneos ou competicións deportivas e actos extradeportivos, nos que dita antelación será de cinco días hábiles.
As autorizacións serán concedidas pola Alcaldía, que poderá condicionales á previa constitución dunha garantía en metálico, cando a natureza ou circunstancias de utilización solicitada poidan representar danos por deterioros para as instalacións municipais, sendo o importe de dita garantía o da valoración estimada dos posibles danos ou deterioros feita polos servicios municipais.
O documento xustificativo da concesión da autorización haberá ser presentados no momento de entrar ó recinto do mesmo.
As inscripcións en cursos e actividades realizarase nos termos das correspondentes convocatorías.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.