Toques - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización do velorio municipal
Publicación provisional:
07/11/2008
BOP Nº:
257
Publicación definitiva:
24/12/2008
BOP Nº:
295
Aplicable dende:
14/01/2009
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa de velatorio municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao previsto no artigo 58 da citada Lei 3/1988.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitue o feito impoñible da taxa a prestación do servizo do velorio municipal.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos os solicitantes da concesión da autorización ou da prestación do servizo.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A cota tributaria será a seguinte:
- Pola utilización da sala do velatorio por período de 36 horas: 120,00 euros.
Artigo 6.-Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 7.-Liquidación e ingreso.
1.-A taxa liquidarase e esixirase durante o periodo comprendido entre o primeiro e quinto día habil posterior a utilización do velatorio.
Artigo 8.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno corporativo en sesión celebrada o día 27 de outubro de 2008 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación unha vez que sexa instaurado o servizo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.