Muxía - Ordenanza reguladora do outorgamento de licenza de primeira ocupación ou utilización nos edificios no concello de Muxía.

Publicación provisional: 17/11/2008 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2008 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1

A presente ordenanza ten por obxecto establecer os requisitos e o procedemento para outorgamento de licenza de primeira utilización ou ocupación dos edificios, vivendas, naves, locais,etc segundo o establecido no artigo 195-6 da Lei 9/2002 de Galicia, e R.D.U.

Artigo 2

Aos efectos desta ordenanza ten natureza de edificio as obras de nova planta e tamén os inmobles resultantes da ampliación ou reforma de estructuras dos xa existentes, realizados ó abeiro da licenza urbanística.

Artigo 3

A licenza de primeira utilización ou ocupación ten por finalidade:
-Comprobar que o edificio construído e no seu caso a urbanizaicón realizada se levaron a cabo de acordo co proxecto técnico e licenza no seu día concedida.
-Comprobar que o construído reune as condicións de habilitabilidade e hixiene e que o construído pode destinarse ó seu uso.
-Asegurarse de que o constructor repuxo no seu caso de telo derribado, os elementos e equipamento urbanístico afectados.

SOLICITUDE DE LICENZA

Artigo 4

1.-Os interesados na obtención da licenza presentarán ante o Sr. Alcalde do Concello solicitude que deberá de conter os seguintes datos:
a) Nome, apelidos do interesado e no seu caso da persoa que o represente, así como domicilio a efectos de notificaicón.
b) Identificación do edificio para o que solicita licenza, que debe concretarse con toda claridade.
c) Lugar, data e sinatura do solicitante ou representante.
2.-Xunto coa instancia os interesados entregarán a seguinte documetanción:
- Fotocopia da licenza de obra.
- Certificado final da obra subscrito polo Director da obra e polo Director de Execución de obra, visados polos seus respectivos colexios.
- Reformado do proxecto no caso de variación respecto do orixinal.
- Certificación técnica de cumprimento de normativa
- Certificación da dirección facultativa, de non deterioro do dominio público ou da urbanización realizada.
- Escritura de declaración de obra nova e división horizontal
- Xustificante de ter dado de alta a efectos de IBI o inmoble de que se trate.
- Fotografías das fachadas da edificación
- Xustificante abono das taxas municipais establecidas.

OUTORGAMENTO

Artigo 5

A competencia para outorgar a licenza será do Sr. Alcalde Presidente sen prexuizo da súa delegación da Xunta de Goberno Local.

Artigo 6

O procedemento de outorgamento impulsaráse de oficio en todos os seus trámites, recabando informe dos servizos técnicos municipais no que se fagan constar se o obra foi realizada de acordo co proxecto técnico en base ó que se deu licenza, se se restauraron ou executaron os elementos urbanísticos afectados, se reúne as condicións de seguridade e salubridade e se o edificio é apto para o uso a que se destina.
Os informes serán evacuados no prazo de 20 días.
Se os servizos ténicos comprobasen a existencia de variacións sobre o proxecto aprobado , faráse constar no informe técnico que se evacue, a clase de modificación e a súa posible legalización.

Artigo 7

O Alcalde ou órgano en quen delegue, resolverá a solicitude no prazo de tres meses.

Artigo 8

Se rematase o prazo da resolución sen terse dictado consideraráse estimada de acordo co disposto no artigo 43.2 da Lei 20/92.

OBRIGAS

Artigo 9

Queda prohibido ós titulares do edificio ou inmoble a súa ocupacion previa á obtención da licenza de primeira utilización ou ocupación.
Nas enaxenacións totais ou parciais do inmble construído faránse constar de forma fehaciente ós adquirentes a carencia da licenza de primeira ocupación, se esta non se obtivera ó tempo da enaxenación.

EMPRESAS SUMINISTRADORAS

Artigo 10

As empresas suministradoras de enerxía eléctrica (e no seu caso de auga-gas), suxeitaránse á necesidade da previa licenza de primeira ocupación para edificacións.
O suministro de auga para obras, previa obtención da licenza urbanística, ten carácter provisional e duración limitada ó tempo de vixencia da licenza urbanística.. Será cortado, previo aviso de 10 días ós interseados, unha vez rematado o prazo concedido para as obras en licenzas e no seu caso as prórrogas concedidas.
Queda prohibido o suministro e uso de auga concedida para obras noutras actividades, en especial o uso doméstico.
O Concello, ou non seu caso a compañía suministradora de auga, non poderá suministrar auga para uso doméstico en edificios que non conten coa licenza de primeira ocupación.

INFRACCIONS E SANCIONS

Artigo 11

Constitúe infracción urbanística a primeira ocupación de edificios sen a preceptiva licenza de primeira ocupación.

Artigo 12

A infracción referida no artigo anterior será sancionada con multa do 1 ó 5% do valor da obra realizada, ata un máximo de 2000€ se a actuación fose legalizable. Se non o fose a sanción podería ser do 5 ó 10% do valor do local ocupado, ata un tope de 6000 €.

Artigo 13

Da ocupación de edificios sen licenza de primeira ocupación serán responsables quenes realicen a ocupación.

Artigo 14

O órgano competente para a resolución do procedemento sancionador será o Alcalde, sen prexuizo da súa delegación.

Artigo 15

A potestade sancionadora exerceráse mediante procedemento previsto no R/Decreto 1398/93 de 4 de agosto.

TAXAS

Artigo 16

Aboaranse por esta licencia as tasas establecidas na ordenanza fiscal ó respecto.

REXIME XURIDICO

Artigo 17

No non previsto por esta ordenanza estaráse ó establecido na Lei 7/85, Lei 7/2002 do R.D.U de Galicia e demais lexislación na materia.
Esta ordenanza estaá en vigor ata a súa derogación expresa.