Carnota - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICION DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 30/01/2008 BOP Nº: 25
Publicación definitiva: 30/01/2008 BOP Nº: 25
Aplicable dende: 29/02/2008

Artigo 1.º. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bas es de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, e 20.4 do Real Decreto Legislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por expedición de documentos administrativos", que se rexerá polo disposto no devandito Real Decreto Lexislativo e pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa ou imposto municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos

Artigo 3.º. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º. Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5.º. Exencións. -

Se concederá exención subxectiva nos casos de informe dos servizos sociais municipais sobre incapacidade economica do interesados.

Artigo 6º.- Base Imponible

Constituirá a base imponible da presente exacción a natureza dos expedientes a tramitar e documentos a expedir.

Artigo 7.º. Cota Tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota da tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 8.º. Tarifa.

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase do seguinte xeito:
A.- RELATIVOS O PADRON DE HABITANTES :
I.- Certificados de empadronamento do ano actual: 2,00€
De anos anteriores a partires de 1.996 (padrón vixente): 5,00€
Informes de convivencia¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.: 3,00€
II.- CERTIFICACIONS E COMPULSAS .-
Certificacións de documentos ou acordos municipais do ano en curso¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...3.00€
De anos anteriores ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 5,00 €
Dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos :
Pola 1ª dilixencia ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 2,00 €
Polas seguintes ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 0,20 €
Polo bastanteo de poderes para xurdir efecto nas oficinas municipais do Concello de Carnota ¿¿¿¿¿¿... 30,00 €
Por expediente de celebración de voda civil no Concello... 50,00€
Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio :
Tamaño DIN A4 ¿ 0,20 €
Tamaño DIN A3 ¿ 0,30 €
Expedición de informes ou atestados, relativos a accidentes de circulación realizados pola policia local ¿¿¿¿¿ 50,00€
Expedicion doutros informes realizados pola Policia Local 10,00€
Si o informe e de maís dun trienio de antiguedade, duplicarase a tarifa.
Compulsa ou cotexo de documentos do padrón municipal historico anterior a 1996 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 25,00 €
III.- SERVIZOS DE URBANISMO:
Informes relativos as solicitudes de información urbanistica ou analoga
Sin visita de comprobación ¿¿. 30,00€
Con visita de comprobación ¿¿. 80,00€
Pola expedición de copias de planos e documentos en
DIN4 ¿.................................................................... 04,00€
IV.- CONTRATACION DE OBRAS E SERVIZOS .-
Pola formalización de contratos administrativos de obras e servizos, o interesado deberá abonar..
Exceda de 60.000,00€ e ata 90.000,00€ ¿¿¿ 60,00 €
Mais de 90.000,00€ ¿¿¿ 100,00 €
V.- PUNTO DE INFORMACION CATASTRAL.CERTIFICACIONS.
- Certificación Oficial negativa, 3,00 euros.
-Certificación descriptiva ou certificación gráfica, 6,00 euros.
- Certificación Oficial, gráfica e descriptiva, 10,00 euros.
-Certificación oficial, gráfica e descriptiva con lindeiros, 12,00 euros.
VI.-ENVIO DE FAX.-
Por envio da 1ª folla de FAX -provincial a través de linea telefonica¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿....................................1,00€
Fax nacional ( fora da provincia de A Coruña) ¿... 2,00 €
Fax internacional ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 5,00 €
Polas seguintes follas ¿¿¿¿¿¿¿¿.0,30 € cada unha.

Artigo 8.º. Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos a taxa.
2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2.º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9.º. Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento o expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa, debendo ingresar a taxa resultante nas entidades bancarias autorizadas.
2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 66 e 38.4c.da Lei de procedemento administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 10.º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178, 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Disposición adicional única.

As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente con publicación do texto integro no BOP. permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.