Paderne - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio público na piscina municipal

Publicación provisional: 23/12/1998 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 23/12/1998 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 23/12/1998

Art. 1.-Concepto.

De conformidade co previsto nos artigos 20 a 27 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Paderne establece a taxa pola prestación do servicio público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza.

Art. 2.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades, prestados ou realizados por este Concello sinalados no artigo anterior.

Art. 3.-Non obrigados ó pagamento.

Estarán exceptuados do pagamento as utilizacións das piscinas con motivo de competicións organizadas por iniciativa do Concello ou patrocinadas polo Concello. 0 patrocinio será sempre obxecto de previo acordo do Pleno do Concello ou resolución do Sr. Alcalde.

Art.4.-Contía.

1.-A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada na tarifa contida no apartado seguinte, para cada unha das distintas actividades.

2.-A tarifa desta taxa será a seguinte:

2.1.1.-Abono individual temporada (persoa con 6 anos cumpridos e menor de 18 anos): 2.000 ptas.

2.1.2.-Abono individual temporada (persoa con máis de 18 anos): 3.000 ptas.

2.1.2.-Abono familiar temporada (expedirase a tódalas unidades familiares que o soliciten, a efectos da presente ordenanza enténdese como tal, as persoas que unidas por un vínculo de parentesco vivan no mesmo domicilio. A tal efecto é necesario xustificalo perante o Concello de Paderne de maneira que faga fe: 6.000 ptas.

2.2.- Non abonados.

- Entrada

2.2.1.-Con 6 anos cumpridos e menor de 14 anos: 300 ptas.

2.2.2.-Maiores de 14 anos: 500 ptas.

2.3.-Cursos de temporada.

Establécense dous tipos de cursos, que se realizarán nas piscinas municipais:

- Cursos de natación para menores de 14 anos: 1.000 ptas. curso completo.

- Cursos de natación para maiores de 14 años: 2.000 ptas. curso completo.

Art. 5.-Obriga do pagamento.

1.-A obriga do pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza nace desde que se preste ou se realice calquera dos servicios ou actividades especificadas no artigo anterior.

2.-0 pagamento do prezo público efectuaráse no momento de entrar no recinto da piscina municipal.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da publicación da aprobación definitiva, no Boletín Oficial da Provincia, permenecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.