Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 27, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/10/2001 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 13/10/2001

Artigo 1º .-Fundamento e réxime.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co artigo 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Narón establece as taxas pola prestación do servicio da Escola Infantil Municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de escola infantil municipal, consistente en gardería para nenos, educación, comedor e outros complementarios.

Artigo 3º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

2.-Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais, titores ou calquera outro representante legal.

Artigo 4º .-Responsables.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria virá determinada pola aplicación das tarifas máximas fixadas neste artigo e, tendo en conta, no seu caso, os coeficientes reductores que se establecen no artigo seguinte, atendendo a criterios xenéricos de capacidade económica.

 

Tarifas:

 

Ingresos familiares renda per cápita mensual Cota/mes/euros Cota/mes/pesetas Cota tarde/mes euros,,
Horario tarde: 14.00 a 18.30
Cota tarde/mes euros,,
Horario tarde: 14.00 a 18.30
Más de 55.001 pesetas 90,16 euros 15.000 pesetas 48,09 euros 8.000 pesetas
De 55.000 a 45.001 pesetas 67,62 euros 11.250 pesetas 36,07 euros 6.000 pesetas
De 45.001 a 40.000 pesetas 67,62 euros 11.250 pesetas 36,07 euros 6.000 pesetas
De 40.000 a 30.001 pesetas 45,08 euros 7.500 pesetas 24,05 euros 4.000 pesetas
De 30.000 a 20.001 pesetas 18,04 euros 3.000 pesetas 9,62 euros 1.600 pesetas
Inferior a 20.000 pesetas Exento total Exento total Exento total Exento total

 

Prezo do comedor: 12,03 euros/mes 2.000 pesetas/mes
Prezo da hora adicional: 6,02 euros/mes 1.000 pesetas/mes

 

2-Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Defínese a unidade familiar como a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade e menores de 26 anos e os incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica competente.

Nos casos de separación legal ou cando non existir a vínculo matrimonial a unidade familiar estará formada polo pai ou a nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo a situación existente a 31 de decembro de cada ano.

Artigo 6º .-Reduccións.

1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 5 desta Ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:

a) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.

b) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.

c) 20 por 100 no caso de asistencia dalgún irmán á mesma Escola Infantil Municipal

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

2.-No suposto de nenos/as que soliciten ingreso na Escola Infantil Municipal e non estean empadroados, abonarán o custo total do servicio.

Artigo 7º .-Período impositivo e retribución.

1.-O período impositivo coincide co mes natural de prestación de servicios. A cota tributaria resultante da aplicación dos dous preceptos anteriores non poderá reducirse aínda cando a prestación do servicio non teña lugar durante todo o mes natural.

2.-A taxa retribúese co inicio do mes natural, agás nos casos de incorporación ó servicio con posterioridade a tal data, nos que se retribuirá a taxa coa correspondente alta.

Artigo 8º .-Xestión e recadación da taxa.

1.-A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberánas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilia-los recibos.

2.-A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Artigo 9º .-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complemente e desenvolvan.

Artigo 10º .-Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa