Carballo - ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO DE HORARIO LIMITADO NA QUE SE DENOMINA ZONA AZUL

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/02/2002 BOP Nº: 139
Aplicable dende: 19/07/2002

Título preliminar

Artigo 1.-Obxecto.

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei de bases de réxime local, das disposicións contidas no RDL 339/90, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, e da Lei 5/97, do 24 de marzo, de reforma do texto articulado da Lei 339/90 dita, díctase a presente ordenanza que ten por obxecto fixar medidas de estacionamento limitado, co fin de garantir a rotación dos vehículos.

Artigo 2.-Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación da presente ordenanza estenderase a aquelas vías ou tramos destas que se relacionan de seguido, denominado "zona azul", durante o seu horario de funcionamento.

- Rúa Cervantes, marxe esquerda

- Rúa Colón, marxe esquerda

- Rúa Desiderio Varela

- Rúa Coruña, desde Desiderio Varela ata a rúa Hórreo

- Rúa Hórreo

- Rúa Valle Inclán, ata a súa confluencia coa rúa Rosalía de Castro

Artigo 3.-Conceptos previos

1.-A zona azul comprende a superficie do término municipal sinalada no artigo anterior e o seu réxime de estacionamento queda sometido ás normas desta ordenanza.

2.-Dentro da zona azul e durante o seu funcionamento, no hai libre aparcamento, senón que tódolos espacios están suxeitos ó réxime de estacionamento limitado, salvo que estea reservado ou prohibido expresamente, neste caso estarán sometidos ó réxime xeral de prohibición.

Artigo 4.-Competencias

1.-Corresponde ó Pleno a fixación e modificación do perímetro da zona azul.

TÍTULO I

Funcionamento da zona azul

Artigo 5.-Sinalización vertical e horizontal

1.-Sinalización vertical da zona azul.

a) Tódalas entradas e saídas estarán indicadas mediante sinais verticais e específicos de comezo e fin da zona azul.

b) O formato dos sinais verticais ditos no apartado anterior será o establecido no anexo III desta ordenanza.

2.-En canto á sinalización horizontal, os espacios estarán delimitados mediante liñas descontinuas de cor azul.

Artigo 6.-Disco de control

Dentro da zona, o conductor, ó aparcar, ten a obriga de coloca-lo disco de control no parabrisas do seu vehículo, no lado máis próximo á beirarrúa, ou calquera outro medio indicador que permita comprobar a hora de chegada.

O disco de control consiste nunha pequena roda de 11 x 11 cm aproximadamente, onde na ventá da esquerda deberá figura-la hora de chegada que fixará o conductor ó xira-lo disco e automaticamente aparecerá na ventá da dereita a hora límite á que ten que abandona-lo lugar, de acordo coa franxa horaria establecida na presente ordenanza.

Artigo 7.-Horario e datas de estacionamento:

Luns a venres, salvo festivos
Días feirados e de mercado exceptúase a rúa Colón
Hora de chegada Hora de saída
Despois das 19.00 horas
Antes das 9.00 horas
10.00 horas
Entre as 9.00 e as 9.30 horas 10.30 horas
Entre as 9.30 e as 10.00 horas 11.00 horas
Entre as 10.00 e as 10.30 horas 11.30 horas
Entre as 10.30 e as 11.00 horas 12.00 horas
Entre as 11.00 e as 11.30 horas 12.30 horas
Entre as 11.30 e as 12.00 horas 13.00 horas
Entre as 12.00 e as 12.30 horas 13.30 horas
Entre as 12.30 e as 15.30 horas 16.30 horas
Entre as 15.30 e as 16.00 horas 17.00 horas
Entre as 16.00 e as 16.30 horas 17.30 horas
Entre as 16.30 e as 17.00 horas 18.00 horas
Entre as 17.00 e as 17.30 horas 18.30 horas
Entre as 17.30 e as 18.00 horas 19.00 horas
Entre as 18.00 e as 18.30 horas 19.30 horas
Entre as 18.30 e as 19.00 horas 20.00 horas

 

Artigo 8.-Estacionamentos non permitidos na zona azul

Non poderán estacionar na zona azul:

1.-Os vehículos de PMA superior a 1.000 kg, salvo autorización expresa.

2.-Os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, salvo que tivesen lugar nos espacios expresamente habilitados para tal fin ou o fixesen coa oportuna autorización municipal.

Artigo 9.-Vehículos exentos de limitación na zona azul

Están exentos das limitacións de estacionamento de "zona azul":

1.-Os vehículos que dispoñan de título habilitante especial outorgado polo Concello.

2.-Aqueles vehículos que tivesen licencia municipal para actividades específicas de ocupación de vía pública.

3.-Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.

4.-Os vehículos de representacións diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.

Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.

5.-As ambulancias e vehículos dos servicios de urxencia, cando se atopen cumprindo tales servicios.

TÍTULO II

Infraccións e procedemento sancionador

Artigo 10.-Infraccións

Considéranse infraccións a esta ordenanza:

a) Estacionar en zona limitada e excede-lo tempo máximo autorizado reflectido no disco de control.

b) Estacionar en zona limitada sen ter colocado no vehículo o disco de control, ou elemento que o substitúa á vista.

c) Estacionar en zona limitada e te-lo disco de control, ou elemento que o substitúa colocado de forma non lexible.

d) Estacionar en zona limitada e indicar, no disco de control ou elemento que o substitúa, un horario distinto ó de chegada.

e) Estacionar en zona limitada e modifica-lo horario no disco de control, ou elemento que o substitúa sen retirar antes o vehículo a máis de 250 m do lugar de chegada.

Artigo 11.-Medidas cautelosas

Sen prexuízo da denuncia correspondente, o Concello poderá adoptar, nos supostos de infracción previstos no apartado 1 do artigo anterior, as medidas cautelosas seguintes:

1.-A inmobilización do vehículo en tanto non se identifique ó seu conductor.

2.-A retirada do vehículo da vía pública e o seu traslado ó Depósito municipal.

O axente encargado da vixilancia en zona azul poderá requiri-lo servicio do guindastre municipal ou, se é o caso, do privado, para retira-lo vehículo que incumpra as normas na presente ordenanza.

- Exceder no dobre o tempo máximo autorizado segundo a hora reflectida no disco de control ou noutro medio que o substitúa.

- Carecer de disco de control á vista, ou doutro medio que o substitúa.

Procedemento sancionador

O procedemento sancionador aplicable ás infraccións desta ordenanza será o establecido na normativa e o que no seu día figure na futura Ordenanza xeral de circulación.

Artigo 13.-Cadro de infraccións e multas

Establécese o seguinte cadro de infraccións e multas:

 

Art. Inf. Feito denunciado Multa
154 L Estacionar en zona azul sen ter colocado no vehículo o disco de control ou medio que o substitúa, á vista 91
154 L Estacionar en zona azul e excede-lo tempo máximo autorizado reflectido no disco de control ou elemento que o substitúa 60
154 L Estacionar en zona azul e te-lo disco de control, ou elemento que o substitúa, colocado de forma non lexible 60
154 L Estacionar en zona azul e marcar no disco de control, ou elemento que o substitúa, un horario distinto ó de chegada 91
154 L Estacionar en zona azul e modifica-lo horario no disco de control ou elemento que o substitúa, sen retira-lo vehículo a máis de 250 m do lugar de chegada 91

 

Disposición final

Esta ordenanza entrará en vigor ó mes da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.