Brión - ORDENANZA FISCAL Nº 19 -T, REGULADORA DA TAXA DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Publicación provisional: 12/11/2007 BOP Nº: 261
Publicación definitiva: 29/12/2007 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 29/12/2007
Derrogada: 23/03/2009 BOP Nº: 66

Artigo 1º. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa de saneamento e depuración de augas residuais", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e polo citado RDL.

Artigo 2º. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través de acometida á rede dende un inmoble.

Artigo 3º. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan :
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, o promotor, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das viviendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4º. Responsables

Responderán solidaria e subsidiariamente das obrigas tributarias as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro , xeral tributaria.

Artigo 5º. Cota tributaria

1. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios do apartado 1.b) do artigo 2º, determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos consumida polo usuario.
A tal efecto, aplicaránse as seguintes tarifas:
TARIFA 1. VIVENDAS
Por cada m³ facturado en abastecemento
Tarifa
Servicio de saneamento
0,086131 € / m³
Servicio de depuración
0,185858 €/ m³
TARIFA 2. FINCAS E LOCAIS NON DEDICADOS EXCLUSIVAMENTE A VIVENDAS
Por cada m³ facturado en abastecemento
Tarifa
Servicio de saneamento
0,086131 € / m³
Servicio de depuraciòn
0,185858 €/ m³
TARIFA 3. USUARIOS NON DOTADOS CON AUGA DO ABASTECEMENTO MUNICIPAL
Cota mensual fixa
Tarifa
Saneamento
0,861311 €/abo. mes
Depuraciòn
1,858574 €/abo. mes
TARIFA 4. INDUSTRIAS NON DOTADOS CON AUGA DO ABASTECEMENTO MUNICIPAL, OU QUE UTILICEN XUNTO CA AUGA DA REDE OUTRA DE DISTINTA PROCEDENCIA
Instalarán ó seu cargo sistemas de medida do caudal para determinación da cantidade a facturar. No caso de acordo entre o abonado e concesionario poderáselle practicar un aforo que servirá de base para a facturación. As tarifas a aplicar serán as seguintes:
Por cada m³ medido ou aforado
Tarifa
Servicio de saneamento
0,086131 € / m³
Servicio de depuraciòn
0,185858 €/ m³
TARIFA 5. ACOMETIDAS.
Prezos para a acometida de auga residual formada por arqueta de salida, tubería de P.V.C., Ø 160 mm./5 atm, incluída excavación,recheo,demolición e reposición de firme no seu caso,así como conexión a colector existente, para unha lonxitude máxima de 5 m.
 
Tarifa
Zanja en terra
317,68
Zanja en asfalto
354,62
Zanja en baldosa-acera
398,42
TARIFA 6. PRIMEIRA INSTALACIÓN EN NÚCLEOS.
Cando se realice a conexión simultáneamente coas obras de dotación da rede de saneamento ao núcleo ao que pertenza o aboado, cada conexión devengará unha cota fixa de 108,00 €, que dará dereito á instalación da rede ata o predio particular, incluída a dotación de arqueta de conexión.

Artigo 6º. Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente taxa

Artigo 7º. Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida ou de vertido esporádico sen enganche á rede, se o suxeito pasivo a formúlase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal . O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licencia pertinente e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que pode instruirse para a súa autorización.
c) Dende que se inicie a prestación do servicio de depuración . A estos efectos se entende por por inicio da prestación do servicio,a conexión á rede de sumidoiros e o consumo de auga obxeto de facturación.
2. Tódos aqueles abonados nos que a súa vivenda se atope a unha distancia igual ou menor a cen metros á rede xeral de colectores de saneamento terán a obriga de conectarse á mesma sempre que as condicións hidráulicas o permitan, e devengarán a taxa correspondente aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

Artigo 8º. Declaración, liquidación e ingreso

1. No caso de inmobles de nova construcción, os promotores, ó tempo de solicita-la licencia de obras, instarán tamén a autorización para realiza-las obras de acometida á rede xeral de sumidoiros, achegando xustificante de ter aboado a autoliquidación da cota a que se refire o apartado 1 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.
2. Os propietarios, usufructuarios ou titulares de dominio útil dos inmobles que non sexan de nova construcción, interesados na concesión de licencia de acometida á rede de sumidoiros, virán obrigados a presenta-la correspondente solicitude de acometida, achegando xustificante de pagamento da autoliquidación a que se refire o apartado 1 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.
3. Si se realiza a acometida sen mediar solicitude, procederase a practicar liquidación, esixindo o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondiente expediente sancionador.
4. As solicitudes de baixas surtirán efectos a partir do trimestre seguinte ó da súa presentación.
5. Unha vez autorizada a acometida, o cobro da taxa realizarase trimestralmente, conxuntamente co da taxa por subministración de auga, entendéndose efectuada a notificación das cotas coa aprobación do correspondente padrón aprobado polo órgano competente.
Neste caso os obrigados ó pagamento farán efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido dende o día en que se fai entrega do recibo á entidade bancaria colaboradora ata o último día do seguinte mes. As débedas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.

Artigo 9º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición derogatoria única

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derogada a Ordenanza fiscal reguladora da de saneamento e depuración de augas residuais.

Disposición Derradeira

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello do Brión en sesión celebrada o 31 de outubro de 2.007 ( modificación ) e entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de Xaneiro de 2.008.No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Brión, a 20 de decembro de 2007.
O ALCALDE