Brión - REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIONS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE BRIÓN

Publicación provisional: 24/07/2008 BOP Nº: 170
Publicación definitiva: 31/10/2008 BOP Nº: 252
Aplicable dende: 19/11/2008

CAPITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artígo 1. Ámbito

O presente regulamento ten por obxecto regular e ordenar con carácter xeral, as condicións de uso por parte dos usuarios das instalacións deportivas de titularidade municipal, agás aquelas que pola súa especificidade sexa preciso aprobar un regulamento diferente.
Se inclúen no ámbito do presente regulamento todas aquelas instalacións deportivas que, en un futuro e durante a súa vixencia, se sometan á xestión e administración directa deste Concello.

Artígo 2. Criterios de preferencia

A prioridade para a reserva de instalacións deportivas será por esta orde:
1º. O Concello de Brión , para actividades organizadas de forma directa.
2º. Os centros escolares do Concello que non posúan instalacións deportivas propias, ou as mesmas sexan insuficientes.
3º. As asociacións deportivas rexistradas como tales no concello, tendo preferencia as que non teñan infraestructuras deportivas propias, e as que compitan oficialmente de forma federada.
4º. Calquera outra persoa física ou xurídica que non reúna as anteriores condicións.

Artígo 3. Calendario e horario

O calendario e horario de utilización das instalacións, estará exposto o público, tanto no departamento de Deportes do Concello como nas propias instalacións.

Artígo 4. Solicitude e período de reserva.

1. A reserva e aluguer das instalacións, farase mediante a presentación da correspondente solicitude no rexistro municipal. O documento de solicitude para a reserva e aluguer das instalacións, consitirá nun modelo normalizado aprobado por este Concello , conforme os Anexos da presente Regulamento no que figurarán como mínimo os seguintes datos :
-Datos persoais .O solicitante deberán acreditar, en todo caso , a sua personalidade mediante fotocopia do DNI, en caso de que o usuario sexa un colectivo, só poderá representar a éste un único particular que deberá acreditar a sua representación, e que a tódolos efectos será o único interlocutor válido frente ao Concello, e asumirá tódala responsabilidade propia da súa condición de representante do colectivo.
-Breve descrición da actividade a realizar.
-Numero aproximado de usuarios
2 .O período de reserva poderá ser anual tanto para o Concello, os centros escolares e as asociacións deportivas.
O Concello poderá establecer unha reserva mensual si fose necesario dadas as previsións de demanda de uso das instalacións deportivas por persoas físicas ou xurídicas non recollidas no parágrafo anterior.

Artígo 5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitude para a reserva anual de instalacións deportivas será, preferentemente antes do comezo das competicións, permanecendo en vigor a súa concesión durante toda a temporada.
Cando a reserva sexa mensual, esta poderase facer entre os día 20 e 27 do mes anterior. Para reservas puntuais non haberá límite de prazo.
As solicitudes presentadas poderán ser denegadas, cando se incumpran as formas, os prazos, non quede suficientemente aclarada a finalidade da mesma, ou veña motivada pola aplicación dos criterios de preferencia establecidos no artigo 2. Tamén poderá denegarse o uso cando operativamente non se poda xestionar esa reserva.

CAPITULO II. USUARIOS

Artígo 6. Tipos de usos e usuarios

As instalacións terán un uso primordialmente deportivo e terán unha relación directa ca finalidade específica da mesma e sempre que non supoña un deterioro evidente da mesmas. No obstante, o uso das citadas instalacións poderáse derivar para actividades culturais, sociais ou similares ( uso non deportivo ). Este último uso engloba todas aquelas actividades de índole extradeportivo que , a criterio do órgano competente e conforme as leis e as normas, podan ser autorizadas previo cumplimento
das normas que en este texto se establezcan,así como na Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa pola utilización de piscinas e demáis instalacións deportivas municipais vixente.
USO DEPORTIVO
¿ USUARIOS LIBRES ( PARTICULARES- Individual e Colectividades )
¿ DEPORTE FEDERADO ( ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS OFICIAIS CLUBES DO MUNICIPIO )
¿ DEPORTE ESCOLAR ( ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E COMPETICIONES E COMPETICIÓNS OFICIAIS ESCOLARES)
¿ CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO.
¿ TORNEOS,COMPETICIÓNS E EVENTOS DEPORTIVOS ORGANIZADOS CUNHA DURACION PUNTUAL.
USO NON DEPORTIVO
¿ CONCERTOS,CONVENCIÓNS,REUNIÓNS, ASAMBLEAS E SIMILARES.

Artígo 7. Dereitos dos usuarios

Son dereitos do usuario, sen perxuicio doutros recoñecidos pola normativa vixente:
1. Ser tratado con respeto e consideranción .
2. Usar e disfruta-las instalacións, equipamentos e servicios nas condicións fixadas neste Regulamento e na correpondente autorización.
3. Presentar as suxerencias que consideren oportunas e as reclamacións que estimen convintes en relación co funcionamento das instalacións.
4. Ser informado e informarse de tódalas actividades, servicios e programas deportivos que se desenvolven nas instalacións, así coma das instruccións, decisións e acordos que se tomen e que lles afecte como usuarios.
5. Optar, no caso de desaxuste de horarios por causas alleas, por:
a) Prorrogar a hora de comezo da actividade a seguinte hora se non estivese alugada ou reservada.
b) Cambiar a outra instalación que estivese libre, sempre que o regulamento de uso o permita.
c) Solicitar por rexistro a devolución do aboado.
d) Solicitar troco de cambio e hora.
6. Renunciar ó uso das instalación deportiva, con dereito á devolución do aboado, ou a optar a unha nova reserva, nos seguintes casos:
-Cando por problemas ou incidencias alleas sexa suspendido o servicio ou a actividade.
- Por averías nas instalacións.
- Por especiais razóns de organización.

Artígo 8. Obrigas dos usuarios

Son obrigas do usuario:
1. Utiliza-las instalacións nos días e horarios sinalados no programa ou aluger reservado ou autorizado, aínda que o Concello por necesidades de programación, limpeza, reparación ou forza maior poderá anular ou variar as condicións establecidas, comunicando sempre esta circunstancia ós usuarios afectados con tempo suficiente.
2. Utiliza-las instalacións deportivas con atuendo deportivo e calzado apropiados ás diferentes superficies de xogo.
3. Garda-lo debido respeto ós demais usuarios e ó persoal das instalacións, ,así como cumpli-las directrices marcadas polo responsable das instalacións en todo momento. Neste sentido os responsables serán tanto os traballadores do departamento de Deportes do Concello (conserxes, animadores, técnicos¿), como o persoal de empresas de xestión deportiva de ser o caso (socorristas, monitores¿).
4. Cumpli-la lexislación referida a prohibición de fumar, o consumo de alcohol e sustancias estupefacientes. no interior das instalacións, e en xeral todas as normas específicas, e sectoriais que afecten a práctica do Deporte.
5. Non introducir, baixo os efectos do alcohol ou drogas, recipientes de vidrio, armas, instrumentos susceptibeis de ser utilizados como tales, bengalas, fogos de artificio ou obxectos análogos, pancartas, símbolos, emblemas ou lendas que impliquen a incitación á violencia, , e en xeral todas aquelas circunstancias recollidas no regulamento de prevención da violencia en espectáculos deportivos.
6. Comunicar ó persoal das instalacións as anomalías de funcionamento, roturas, deficiencias ou incumplimentos do disposto neste Regulamento.
7. Os usuarios das instalación deberán entregar o responsable da instalación a autorización do uso da mesma. O persoal da instalación poderá solicitar a identificación, do responsable e se fose preciso dos restantes usuarios da instalación, que acredite a sua condición de usuario.
8. Aboar os danos e perxuicios producidos voluntariamente ou polo mal uso das instalacións ou dos seus equipamentos. No suposto dunha entidade ou clube será esta a que responda dos actos dos seus deportistas.
9. Aboar a taxa establecida na correspondente Ordenanza Fiscal.

CAPITULO III. REQUISITOS XERAIS PARA O USO DAS INSTALACIÓN DEPORTIVAS

Artígo 9. Requisitos

1. As taxas pola utilización das instalación deberá satisfacerse na forma prevista na Ordenanza fiscal vixente en cada momento; con carácter xeral, deberán satisfacerse con carácter previo á utilización da instalación deportiva.
2.O uso das instalacións, según o seu obxeto e a condición do solicitante, requerirá para ser autorizado, a presentación dos documentos seguintes:
2.1. Usuarios libres ( particulares a modo individual e colectividades). Declaración expresa e fehaciente de eximir ó Concello de toda responsabilidade xenerada polos accidentes deportivos que poidan sufri-los usuarios.
2.2. Clubes e Asociacións Deportivas do Municipio que participen en competicións oficiais federadas :
Acreditación da personalidade xurídica do Presidente, Alta no Rexistro Municipal de Entidades, Certidficación federativa de estar inscrito en competición oficial , número de equipos que compoñen o clube e calendario oficial de competición.
2.3. Colexios e centros de ensinanza en xeral; Seguro Escolar ou Poliza de seguros de Accidentes asimilada.
2.4. Organizadores de Torneos, Competicións e eventos Deportivos: Autorización/es administrava/s de outros órganos competentes, autorización federativa, Póliza de accidentes sobre os participantes e de Responsabilidade civil que cubra os riscos de danos a tereceiros e de desperfectos na instalación e anexos.
2.5. Organizadores de concertos, espectáculos, convencións, asambleas e asimilados ( actos extradeportivos): Autorización/es administrava/s de outros órganos competentes, Póliza de Seguros de Responsabilidade Civil que cubra os riscos de danos a tereceiros e de desperfectos na instalación e anexos.
3. A cesión das instalacións deportivas é exclusivamente para uso e disfrute dos usuarios directos, non se aceptará salvo concesión municipal expresa, a utilización da instalación para unha actividade non autorizada ou a cesión da instalación a terceiros,
4. O Concello poderá autorizar o cobro de entradas para a disputa de competicións, principalmente as oficiais, previa solicitude do clube no departamento de Deportes.
5. O concello reservase en exclusiva o dereito a explotación da venda de produtos de consumo, a través dos medios que estime oportunos.
6. Nos casos de reserva exclusiva do espacio para a realización de torneos e demáis eventos, os organizadores asumirán o compromiso de deixalo en condicións para o seu posterior uso.
7. Os solicitantes atenderán os requerimentos que se lles efectúen por parte do Concello, relativos á conservación das instalacións e o bon uso das mesmas.
8. Os solicitantes deberán estar en posesión das licencias gubernativas precisas, así como de cumpli-los requisitos establecidos para a celebración dos eventos, aportando os estudios e proxectos preceptivos.

CAPÍTULO IV. DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS SEGÚN O TIPO DE INSTALACIÓNS

Artígo 10. Normas específicas de uso según o tipo de instalacións.

1. Normas en Polideportivos, pistas polideportivas descubertas, campo de fútbol de herba artificial e pistas de tenis.
1. Para utilizar as instalacións é necesario estar provisto do recibo de pago da taxa ou da autorización que corresponda, cuia presentación poderá ser requerida polo conserxe en calquera momento.
2. As pistas polideportivas descubertas terán un uso deportivo- recreativo para a que non será preciso a reserva da instalación. Será excepción a pista de tenis, que se considerara anexa o pavillón polideportivo cuberto, e será regulada no caso de demanda, por reservas dunha hora de duración.
3. Estará prohibido consumir alimentos, chicles dentro da area de xogo e nos vestiarios.
4. Os vestiarios deberán quedar recollidos e en boas condicións hixiénicas.
5. Os particulares e entidades autorizadas se comprometen a facer bo uso da instalación e do material, sendo responsables da desaparición e deterioro do mesmo.
6. A persoa que figure como responsable ante o concello estará presente na instalación durante o uso da mesma.
7. En caso de que o particular ou colectivo interesado non exerciten o dereito ó suso, total ou parcial, para o que fora autorizado,se perderá calqueira dereito, incluído o da devolución do importe abonado, si a suspensión non é comunicada, como mínimo, con unha antelación mínima de dous (2) días hábiles.
8. O plazo máximo para abandonar vestiarios e duchas unha vez rematada a actividade se establece en 20 minutos.
9. Non poderá permanecer nas pistas ningunha persoa que non este autorizada.
10. No suposto de retraso de algún dos equipos contendientes en un partido ou competición que supoña a alteración na hora de comezo, se considerará tempo de utilización o que transcurra dende a hora solicitada ata o final do mesmo. Si o retraso afectara o comezo de partidos e competicións posteriores, estos terán dereito a comezar os seus encontros a hora establecida, podendo quedar anulado o anterior en caso de desacordo entre os clubes autorizados.
11. A autorización de uso e o seu consecuente dereito poderá ser suspendida por causas de forza maior ou por outras actividades que o Concello considere prioritarias.
12. Nos usos autorizados a favor de clubes e entidades deportivas do Municipio, e sen perxuicio de imposición doutras penalidades a que haxa lugar, á terceira incomparecencia sin preaviso formal no horario autorizado procederá a revocación automática da autorización en tódolos seus términos e sobre tódalas instalacións das que a entidade sexa usuaria. Así mesmo queda prohibido calqueira modo de intercambio de horarios entre as entidades autorizadas sen previo consentimento do Concello; no caso de detectarse estas situacións anómalas, e sen perxuicio do resto de penalidades que tiveran lugar, quedará sin efecto a autorización expedida a favor das entidades que incurran nesa responsabilidade.
13. O uso das instalacións deportivas e os seus elementos anexos queda sometido as disposicións que se conteñen na presente normativa, ó documento de autorización correspondentee, en todo caso, as instruccións concretas que emanen do persoal facultado do Concello, en especial do de Conserxería,Socorristas e Monitores- Animadores Deportivos que presten os seus servicios en cada instalación.
14. Serán de aplicación inmediata cantas normas internas de uso das instalacións se dicten e publiquen en cada momento, a fin de atender a sua conservación e bo uso deportivo.
2. Normas en Piscinas.
1. Será obrigatorio o uso da ducha antes de cada inmersión, o uso de traxe de baño, gorro e chanclas.
2. Non se admite a presencia de animais.
3. Non se admite a entrada de persoas en traxe de calle ou calzadas a zona destinada ós bañistas.
4. Non se admite o uso de gafas de cristal, aletas ou calquera outro elemento.
5. Obligatoriedade de abstenerse de prácticas que xeneren o deterioro das condicións hixiénicas e de limpeza tanto da auga dos vasos da piscina como do resto das instalacións ás que tenga acceso o usuario.
6. Serán de aplicación inmediata cantas normas internas de uso das instalacións se dicten e publiquen en cada momento, a fin de atender a sua conservación e bo uso deportivo.
7. Nos supostos non previstos nas presentes normas específicas, será de aplicación o que se establece nas normas xerais de uso do resto das instalacións deportivas ou nas correspondentes normativas sectoriais.

CAPÍTULO V. USO DE ESPACIOS PUBLICITARIOS

Artígo 11. Uso de espacios publicitarios nas instalacións deportivas

Non se autorizará baixo ningún concepto, a utilización de espacios publicitarios ou a instalación de soportes fixos ou permanentes por parte das entidades ou particulares usuarios dunha instalación deportiva, salvo que medie autorización expresa do órgano competente do Concello.

CAPÍTULO VI. RESPONSABILIDADES

Artígo 12. Responsabilidades

1.- O Concello de Brión non se fai responsable de roubos ou perdidas nas súas instalacións deportivas.
2.- O Concello non se responsabiliza das posibles lesións e accidentes sufridas polos usuarios nas instalacións cando a natureza destes non sexan imputable o mesmo.
3.- Faráse responsable ós usuarios, do deterioro que puideran causar nas instalación ou no material, debendo abonar o Concello de Brión o importe integro do mesmo.

CAPÍTULO VII. INFRACCIÓN E SANCIÓNS

Artígo 13. Infraccións e sancións

1.A potestade sancionadora pola comisión de infraccións no uso das instalación deportivas municipais exerceráse de conformidade co establecido no Título XI da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e no Título IX da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, seguindo o procedemento previsto neste Regulamento e no Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
2. Os efectos deste Regulamento, constituirán infraccións suscptibles de sanción as accións e omisións que contravñan as obrigas, deberes, cargas e prohibicións que se recollen neste Regulamento e na demais normativa que sexa de aplicación.
3. Serán responsables das infraccións e destinatarios das sancións correpondentes, aqueles que teñan participado na comisión do feito infractor.
4. As infraccións poderán ser consideradas como moi graves, graves e leves.
5. Consideraranse coma infraccións moi graves as seguintes conductas:
A- As accións que supoñan riscos ou perxudiquen a saúde dos usuarios, traballadores, ou demais persoas que se encontren na instalación.
B- Causar danos, deterioro grave, relavante ou irreversible da instalación ou nos seus equipamentos intencionada e imprudentemente.
C- A reiteración de faltas graves.
D-Provocar co seu comportamento a suspensión dalgunha actividade.
6. Consideraranse coma infraccións graves as seguintes conductas:
A- As faltas de respecto, cara os traballadores, outros usuarios, ou espectadores.
B- As actuacións que impliquen un deterioro grave na instalación, ou no seu equipamento.
C- A reiteración de faltas leves.
7.Consideraranse coma infraccións leves as seguintes conductas:
A- Desobedecer ás instrucións dos responsables das instalacións.
B- As actuacións que causen un deterioro leve nas instalación, ou no seu equipamento.
C- En xeral calquera infracción a este regulamento que non teña a cualificación de grave ou moi grave.
8. As infraccións poderán ser sancionadas do seguinte xeito:
¿ As moi graves: Con multa de 501 a 1.000 euros e pérdida da condición de usuario durante o período dun ano. No suposto de reincidencia en conductas tipificadas como moi graves, poderán ser sancionadas coa pérdida definitiva da condición de usuario.
¿ As graves: Con multa de 201 a 500 euros.
¿ As leves: Con multa de ata 200 euros.
8. O procedemento sancionador iniciarase sempre de oficio por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa seta última, por petición razoada doutros órganos ou por denuncia. No obtante o persoal responsable da instalación poderá anular no dia o uso das instalacións no caso de que se detecte unha actuación neglixente das mesmas o se infrinxa o presente Regulamento.

CAPÍTULO VIII. OUTRAS DISPOSICIÓNS

Disposición Transitoria

As situacións que se contemplan no presente Regulamento con transcendencia sobre á aplicación e cobranza de taxas, non será aplicadas en tanto non entre en vigor definitivamente a ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola utilización de piscinas e demáis instalacións deportivas municipais.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta Regulamento por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición Final

O presente Regulamento, unha vez aprobado definitivamente, será publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcurra o prazos previstos nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derogación ou modificación expresa.
No caso de modificacións parciais, os artigos non modificados continuarán vixentes.
Quedan anuladas tódalas situacións de feito relacionadas co uso das instalacións deportivas municipais que se esten producindo na data da entrada en vigor da presente Normativa.