Pobra do Caramiñal A - Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da Taxa a utilización de calquera dos tipos de prestacións definidos no artigo 4 do regulamento e baremo do servicio de axuda domiciliaria.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
Os/as que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello ás que se refire o artigo anterior.
Artigo 4.- Base Impoñible
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
A contía a pagar polos beneficiarios será a resultante de aplicar a cantidade fixa de 12 €/hora, aos seguintes coeficientes de ponderación que se recollen a continuación en base á capacidade económica do suxeito pasivo:
Coeficientes de ponderación de ingresos en relación ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM)
Copagamento
Capacidade económica ≤ 100% IPREM
0%
100% IPREM< Capacidade económica ≤ 150% IPREM
10%
150% IPREM< Capacidade económica ≤ 200% IPREM
12%
200% IPREM< Capacidade económica ≤ 250% IPREM
15%
250% IPREM< Capacidade económica ≤ 300% IPREM
20%
300% IPREM< Capacidade económica ≤ 350% IPREM
28%
350% IPREM< Capacidade económica ≤ 400% IPREM
37%
400% IPREM< Capacidade económica ≤ 450% IPREM
45%
450% IPREM< Capacidade económica ≤ 500% IPREM
60%
500% IPREM< Capacidade económica
65%
A capacidade económica determinarase de acordo co previsto no artigo 17 da orde de Vicepresidencia da Igualdade e Benestar, de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar.
Artigo 6.º .-Exencións.
De conformidade co artigo 45.3 da Lei 39/88, do 28 de Decembro, estarán exentos/as do pago da taxa os/as beneficiario/as seguintes:
a) As persoas que residan soas nun domicilio, cando a contía dos seus ingresos sexa igual ou inferior á pensión mínima establecidas.
b) Usuarios/as en situación familiar moi conflictiva cando a contía dos seus ingresos sexa igualou inferior á pensión mínima establecida.
c) Unidades familiares compostas por dúas persoas cando a contía dos seus ingresos sexa igual ou inferior ó 75% da pensión mínima establecida.
d) Unidades familiares de máis de dúas persoas cando a contía dos seus ingresos sexa igual ou inferior ó 75% da pensión mínima establecida.
Artigo 7.º .-Normas de xestión.
a) As persoas interesadas na prestación do Servicio ó que se refire esta Ordenanza deberán presentar no Departamento de Servicios Sociais do Concello solicitude, segundo modelo normalizado, sobre o servicio interesado e a documentación que se especifica no artigo 6 do Regulamento do servicio de axuda domiciliaria.
b) As cantidades esixibles con arreglo á tarifa liquidaranse polo servicio prestado, e serán irreducibles por períodos mensuais.
c) O/a asistente/a social do Concello comprobará as declaracións formuladas polos/as interesados/as mediante visitas a domicilio, entrevistas e outros medios de investigación, emitíndose informe ó respecto sobre a procedencia ou non de acceder ó solicitado e ó tipo de prestación.
d) A forma de prestación do servicio, a súa autorización e cese serán resoltas pola Comisión de Goberno, atendendo ós criterios e obxectivos do propio servicio e tendo en conta a valoración dos/as profesionais.
e) Unha vez autorizada a prestación do Servicio, entenderase prorrogada mentes non se acorde, por parte da Comisión de Goberno, a súa caducidade ou se presente baixa xustificada polo/a interesado/a ou polos/as seus/súas lexítimos/as representantes.
f) A baixa da prestación terá efectos a partires do día seguinte hábil á data da notificación da resolución do cese.
Artigo 8.º .-Devengo.
A liquidación da taxa practicarase por meses naturais, levándose a cabo o cobro dentro da primeira semana natural do mes seguinte ó correspondente á prestación por medio das entidades bancarias que se sinalen.
Artigo 9.º .-Períodos vacacionais dos/as usuarios/as da A.D.
As persoas que estean recibindo o Servicio e se ausenten do seu domicilio, por vacacións ou viaxes, deberán avisar con antelación ó departamento de servicios sociais do Concello. Durante ese tempo, se desexan que se lles reserve a praza dentro do Servicio de Axuda Domiciliaria, terán que seguir aboando a cota mensual correspondente.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.