Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 18, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.
Artigo 1º .-Fundamento e réxime.
Artigo 2º .-Feito impoñible.
Artigo 3º .-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.
2.-Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais, titores ou calquera outro representante legal.
Artigo 4º .-Responsables.
Artigo 5.-Cota tributaria.
Inferiores ó 50 % do S.M.I * | reducción do 100 por cento | 0 € |
Entre o 50 e o 75% do S.M.I. | reducción do 70 por cento | 33 € |
Entre o 76 e o 99 € do S.M.I | reducción do 40 por cento | 66 € |
Entre o 100 e o 150 do S.M.I. | reducción do 10 por cento | 99 € |
Artigo 6º .-Reduccións.
Suprimido
Artigo 7º .-Período impositivo e retribución.
1.-O período impositivo coincide co mes natural de prestación de servicios. A cota tributaria resultante da aplicación dos dous preceptos anteriores non poderá reducirse aínda cando a prestación do servicio non teña lugar durante todo o mes natural.
2.-A taxa retribúese co inicio do mes natural, agás nos casos de incorporación ó servicio con posterioridade a tal data, nos que se retribuirá a taxa coa correspondente alta.
Artigo 8º .-Xestión e recadación da taxa.
1.-A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberánas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilia-los recibos.
2.-A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.