Oleiros - Regulamento do uso do galego na Administración municipal de Oleiros

Publicación provisional: 29/04/1998 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 01/09/1998 BOP Nº: 200
Aplicable dende: 01/09/1998

Artigo 3.

Serán redactadas en galego:

a) As convocatorias das sesión de tódolos órganos colexiados da corporación e nomeadamente as do Pleno, comisión de goberno, comisións informativas, consellos sectoriais e tribunais de oposicións e concursos.

b) As actas das sesións dos citados órganos municipais.

c) As resolucións do alcalde, dos concelleiros-delegados e o seu libro de rexistro.

Artigo 8.

Os estudios, proxectos e traballos semellantes que o Concello encargue a terceiros dentro do ámbito territorial galego terán que ser redactados en galego, aínda que a súa finalidade esixa tamén a redacción noutra lingua.

Artigo 9.

Os anuncios oficiais da corporación que se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia ou calquera medio de comunicación radicado no territorio da nosa comunidade autónoma, serán redactados en galego.

Artigo 12.

Consonte ó que dispón o artigo 10 da Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, a única forma oficial dos topónimos do territorio municipal do Concello de Oleiros é a lingua galega, ó igual que a dos demais topónimos de Galicia.

Artigo 14.

1.-A declaración da oficialidade do idioma galego esixe que todo o persoal ó servicio da corporación está en condicións de empregalo nos dous niveis, oral e escrito, en igualdade co castelán e de acordo coa natureza do seu posto de traballo.

2.-Para acadar ese obxectivo, establécense as seguintes regras:

a) O persoal que actualmente traballa ó servicio da corporación e non estea capacitado para o uso do galego de acordo co disposto no apartado número 1 do presente artigo deberá adquirir tal coñecemento. Con ese fin o Concello desenvolverá un programa de formación e perfeccionamento.

b) Nos procedementos de selección do novo persoal incluirase unha proba de coñecemento da lingua galega axeitada ó nivel e contido da praza convocada.

c) Nos procedementos de provisión de postos de traballo, o coñecemento da lingua galega terá a consideración de mérito.

d) O persoal ó servicio da corporación que teña acreditado o coñecemento do idioma galego ou participara nos programas de formación ou perfeccionamento, utilizarao no seu traballo de acordo coas disposicións que contén o presente regulamento.

Artigo 15.

As actuacións realizadas polo Concello perante os órganos de xustiza faranse en lingua galega, consignándose sempre por escrito o cumprimento do art. 7.2 da Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, referente á utilización da lingua galega por parte da Administración de Xustiza.

Artigo 4.

A documentación dos expedientes administrativos que dean lugar á adopción dos acordos e resolucións referidos no artigo anterior tamén será redactada e tramitada en galego, idioma no que se elaborarán os modelos de documentos e impresos.

Nos plans e procesos de información e racionalización administrativa deberase ter en conta o citado obxectivo.

Artigo 10.

Con carácter xeral, as publicacións editadas polo Concello, teñan ou non carácter periódico, e as campañas de divulgación e publicidade, realizaranse en lingua galega.

Artigo 13.

Os rótulos e sinalizacións da Casa do Concello, dos outros edificios e servicios públicos e da rede viaria municipal serán redactadas en idioma galego.

Cando o interese xeral o requira, tamén se poderán redactar noutros idiomas.

Artigo 5.

Os documentos contractuais subscritos polo Concello serán redactados en galego.

Se a outra parte contratante o solicita ou o negocio debe producir efecto fóra do territorio da comunidade autónoma, tamén será redactado en castelán.

Artigo 11.

Os cargos do Concello expresaranse xeralmente en galego nos actos públicos celebrados en Galicia, sempre que a intervención sexa por razón do propio cargo.

Artigo 6.

Sen prexuízo do que para os rexistros públicos establece o art. 9 da Lei 3/1983, nos rexistros administrativos das oficinas do Concello os asentos faranse sempre en galego, independentemente da lingua na que estean escritos.

Artigo 1.º .

1. O galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de Oleiros.

2. Os cidadáns teñen dereito a ser atendidos e obter copia ou recibir notificación da documentación municipal no idioma oficial da súa elección.

Artigo 2.

O Concello de Oleiros empregará normalmente o galego nas súas actuacións administrativas internas e nas relacións cos cidadáns e coas entidades públicas sitas en Galicia.

Nas relacións coas persoas ou entidades radicadas fóra do territorio da nosa comunidade autónoma, o Concello empregará normalmente o castelán ou outra lingua oficial do lugar onde residan aquelas.

CAPÍTULO II. DAS RESOLUCIÓNS E DA DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA

CAPÍTULO III. ATENCIÓN Ó PÚBLICO

Artigo 7.

Os servicios da oficina de información e demais unidades administrativas que teñan unha relación co público máis intensa, promocionarán o uso do idioma galego mediante a súa utilización como lingua normal de comunicación e a información ós cidadáns dos seus dereitos lingüísticos, de acordo cos criterios de máximo respecto e non discriminación.

CAPÍTULO IV. RELACIÓNS COAS EMPRESAS PRIVADAS

CAPÍTULO V. ANUNCIOS E PUBLICACIÓNS

CAPÍTULO VI. TOPÓNIMOS, SINALIZACIÓNS E RÓTULOS

CAPÍTULO VII. DO PERSOAL Ó SERVICIO DA CORPORACIÓN

CAPÍTULO VIII. RELACIÓN CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

CAPÍTULO IX. DO GRUPO DE PROXECTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Artigo 16.

O grupo de proxecto de normalización lingüística programará e coordinará as accións necesarias para dar cumprimento ó espírito que aniña neste regulamento.

A ter en conta para artigos e citas:

Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

Lei 30/92, do Procedemento Administrativo Común".