Dodro - ORDENANZA NÚM. 22, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR IMPARTICIÓN DE CURSOS, LUDOTECAS, VIAXES, CAMPAMENTOS XUVENIS E OUTRAS ACTIVIDADES DE CARÁCTER DEPORTIVO, LÚDICOPOPULAR E/OU SOCIOCULTURAIS ORGANIZADAS POLO CONCELLO
Artigo 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades concedidas polo artigo 106.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigo 127 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47, ambos inclusive, do R.D.L. 2/2004, establécese o prezo público por impartición de cursos, ludotecas, viaxes, campamentos xuvenís e outras actividades de carácter deportivo lúdico-popular e/ou socioculturais organizadas polo Concello.
Artigo 2.º. CONCEPTO.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público a satisfacer polos usuarios/beneficiarios que voluntariamente soliciten algún dos servizos ou actividades de índole deportivo, lúdicopopular e/ou socioculturais organizados polo Concello de Dodro, tales como talleres, cursiños, seminarios, excursións, campamentos, viaxes, ludotecas, actividades deportivas, culturais, de índole lúdico-tradicional e demais de natureza análoga, sempre que os mesmos non sexan de solicitude ou recepción obrigatoria polos usuarios/beneficiarios, e non estean reservadas á Entidade Local.
Artigo 3.º. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.
Están obrigados ao pagamento do prezo público establecido nesta ordenanza os usuarios/beneficiarios dos servizos ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4.º. ESTABLECEMENTO E CONTÍA.
1.-O establecemento e contía do prezo público regulado nesta ordenanza será o que fixe en cada caso a Xunta de Goberno Local por delegación do Pleno da Corporación,de conformidade co disposto no artigo 47.1 do R.D.L. 2/2004 o artigo 23.2 b) da Lei 7/85, e no artigo 4.º da Ordenanza n.º 21, reguladora dos prezos públicos do Concello de Dodro.
2.-A estes efectos, con carácter previo ó inicio das actividades, a Xunta de Goberno Local, en base ós informes previos do Xefe de cada Servizo ou Concellería e da Intervención Municipal sobre os custos soportados polo Concello, establecerá o prezo concreto de cada actividade, que conforme o artigo 44.1 do R.D.L. 2/2004, deberán cubrir como mínimo o custo do servizo prestado ou da actividade a realizar.
Non obstante o anterior, conforme ó disposto no artigo 44.2 do R.D.L. 2/2004, cando exista razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a Xunta de Goberno Local poderá fixar prezos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes supostos deberán consignarse nos presupostos da Entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante se a houbera.
3.-Acordados os prezos de cada servizo ou actividade, o acordo será exposto no taboleiro de anuncios do Concello a efectos da súa publicidade por un prazo de 15 días.
4.-Con motivo de fomentar a participación de determinados colectivos en actividades deportivas, musicais, teatrais, etc., a Xunta de Goberno Local, previos os informes xustificativos dos servizos correspondentes, poderá establecer prezos por debaixo do custe do servizo, para o cal deberá terse en conta o establecido no artigo 4.2, parágrafo segundo, desta ordenanza.
Artigo 5.º. NORMAS DE XESTIÓN.
1.-A obrigación do pagamento do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se preste o servizo ou se inicie a realización das actividades, se ben poderá esixirse o depósito previo conforme ó disposto no artigo 46.1 do R.D.L. 2/2004.
2.-A estes efectos, o obrigado deberá facer a pertinente declaración a fin de que se lle practique a correspondente autoliquidación, conforme ó disposto no artigo 45 do R.D.L. 2/2004, debendo ingresar o importe do prezo público nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello, e sempre antes de do inicio da prestación dos servizos ou actividades.
3.-Conforme ó disposto no artigo 46.2 do R.D.L. 2/2004 cando por causas non imputables ó obrigado o pagamento do prezo, o servizo ou a actividade non se preste, procederá a devolución do importe correspondente.
Artigo 6.º. RÉXIME XURÍDICO SUPLETORIO.
En todo o que no apareza regulado na presente ordenanza, será de aplicación con carácter supletorio a Ordenanza n.º 21, reguladora dos prezos públicos do Concello de Dodro.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 e 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.