Vimianzo - ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE INTERMEDIACIÓN LABORAL DENOMINADO BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE VIMIANZO
Artigo 1. Obxecto.
Artigo 2. Ámbito de aplicación.
a) Como demandantes de emprego: as persoas empadroadas en Vimianzo que se atopen sen emprego, que desexen mellorar a súa situación laboral ou que pertenzan a colectivos, especialmente estudiantes, que se están preparando para introducirse no mercado de traballo.
b) Como ofertantes de emprego: particulares, empresas e institucións que abran procesos de recrutamento de persoal.
Artigo 3. Definición.
Artigo 4. Requisitos das persoas aspirantes.
a) Ser maior de dezaseis anos. No caso de que a persoa demandante de emprego non teña a maioría de idade a solicitude deberá ir asinada polo representante legal ou titor/-a da persoa solicitante.
b) Estar empadroado en Vimianzo
c) No caso de persoas estranxeiras, deberán estar en posesión do correspondente permiso de residencia e traballo.
Artigo 5. Inscricións.
Unha vez cumprimentada e acompañada da documentación esixida, presentarase no Rexistro do Concello de Vimianzo, dirixida ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local, e desde ese departamento asinaráselle un número de rexistro de usuario.
Este trámite poderá realizarse a través de administración electrónica cando estea habilitado na web www.vimianzo.es.
No caso de persoas menores de idade ou con discapacidade psíquica, a inscrición debe estar asinada polo representante legal.
Artigo 6. Documentación esixida.
- Documento de identidade
- Tarxeta de demandante de emprego
- Curriculum Vitae (CV)
- Permiso de residencia e traballo, no caso de persoas estranxeiras que o necesiten
- Documentos que acrediten a formación regrada e non regrada
- Documentos que acrediten a experiencia laboral, incluíndo en todo caso o informe de vida laboral e contratos de traballo ou última nómina.
- Carnés profesionais e permisos de conducir
- Outra á que faga referencia o CV.
Artigo 7. Funcionamento da Bolsa de Emprego do Concello de Vimianzo.
Calquera variación dos datos achegados á Bolsa de Emprego deberá comunicarse presentando a través do Rexistro o impreso de modificación, recollido no anexo II desta ordenanza, acompañado da documentación oportuna.
A persoa inscrita ten a obriga de comunicar ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a modificación das súas circunstancias laborais, e de aqueles datos que integren o seu expediente persoal.
Artigo 8. Expediente persoal.
Artigo 9. Actualizacións das solicitudes.
Artigo 10. Baixas na Bolsa de Emprego.
Artigo 11. Xestión das ofertas de emprego.
A empresa indicará o modo en que desexa que se xestione a súa oferta: solicitude de listaxe de candidatos e/ou publicidade nos medios da Bolsa de Emprego.
Unha vez recibida a oferta de emprego, asignaráselle un número de rexistro de oferta para o seu control e arquivo.
a) Solicitude de candidatos. A elaboración da listaxe de candidatos realizarase tendo en conta o perfil solicitado polo ofertante. Á empresa remitiráselle o impreso de comunicación de candidatos (anexo IV desta ordenanza) acompañada da listaxe que incluirá nome e apelidos e datos de contacto.
O ofertante de emprego, unha vez recibidos os datos, deberá encargarse de realizar a selección poñéndose en contacto cos candidatos incluídos na lista.
b) Publicidade nos medios da Bolsa de Emprego. Cos datos recollidos no impreso do anexo III desde a Bolsa de Emprego elabórase un anuncio que se pode dar a coñecer na web municipal, nos boletíns informativos e no taboleiro. Outro medio son as mensaxes SMS, cuxo custe se repercutiría ao ofertante, no caso de que solicitase esta modalidade de divulgación.
O ofertante, independentemente da modalidade de xestión da súa oferta, deberá notificar á Bolsa de Emprego o resultado do proceso de selección, empregando o impreso do anexo IV.
O proceso de xestión da oferta, desde a súa recepción ata o envío da lista e/u publicitación non será superior a catro días hábiles, o que permitirá aos ofertantes dispoñer de candidatos de forma rápida e sinxela.
Artigo 12. Procesos selectivos do Concello de Vimianzo.
Artigo 13. Protección de datos.
Os datos de carácter persoal serán tratados co grao de protección adecuado, segundo o real Decreto 944/1999, de 11 de xuño, tomándose as medidas de seguridade necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que o poidan empregar para finalidades distintas ás desexadas polo usuario. Non está permitida a cesión de outros datos e a outras entidades diferentes do ao que se contempla nesta ordenanza.
Disposición derrogatoria.
Queda derrogado o ¿Documento marco sobre o Servicio Municipal de Emprego. Creación dun censo de desempregados no concello de Vimianzo. Bolsa de emprego temporal no Concello de Vimianzo. Regras xerais de selección do persoal laboral temporal por este Concello de Vimianzo", publicado no Boletin Oficial da Provincia da Coruña nº 13 de 13/01/2002.