Vimianzo - Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Vimianzo

Publicación provisional: 04/08/2016 BOP Nº: 147
Publicación definitiva: 23/09/2016 BOP Nº: 182
Aplicable dende: 24/09/2016

DISPOSICIÓN XERAIS.

Artigo 1.-

A presente Ordenanza ten por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións no ámbito do municipio de Vimianzo e garantir ós cidadáns e entidades ó acceso a estas prestacións en igualdade de condicións, para a prestación de servizos e realización de actividades que complemente ou suplan ós atribuídos á competencia municipal, o amparo do que establece a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS) e Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003.

Artigo 2.-

Considérase subvención calquera auxilio directo ou indirecto, valorable economicamente, que outorgue o Concello ás súas expensas, e, entre eles, as becas, primas, premios e demais gastos de axuda persoal.

Esta Ordenanza Xeral non será de aplicación nos seguintes casos:

a) Subvencións impropias reguladas pola lexislación tributaria ou sectorial aplicable.

b) Subvencións outorgadas o concesionario dun servizo público que as recibe como contraprestación do funcionamento do servizo.

c) Subvencións concedidas por outras Administracións nas que a Entidade Local actúe como simple intermediario.

d) Achegas do Concello de Vimianzo, destinadas a financiar globalmente as actividades dos entes receptores: organismos autónomos; entidades públicas empresariais; consorcios; mancomunidades; fundacións; asociacións, etc¿ nas cales este representadas o propio Concello e os que, anualmente, se fan achegas económicas para financiar os seus orzamentos.

e) Subvencións a favor das asociacións a que se refire a disposición adicional 5a da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local (Federación e Asociación de Municipios).

f) Subvencións os grupos políticos representados na Corporación para atender os seus gastos de funcionamento.

Artigo 3.-

O outorgamento de subvencións suxeitarase ás seguintes normas:

1.º .-Terá carácter voluntario e eventual, agás o disposto nesta Ordenanza.

2.º .-As subvencións concedidas non serán invocables como precedente.

3.º .-Non excederán, en ningún caso, do cen por cen do custo da actividade á que se apliquen.

4.º .-Non é esixible o aumento ou revisión da subvención.

Artigo 4.-

Serán nulos os acordos ou resolucións de concesión de subvención que obedezan a mera liberalidade ou que se destinen a finalidades que o Concello poida cumprir por si mesmo coa mesma eficacia e sen maior gasto co representado pola propia subvención.

Artigo 5.-

A xestión das subvencións a que se refire a presente Ordenanza Xeral efectuarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimentos dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

As subvencións concederanse mediante concorrencia competitiva ou concesión directa.

A concorrencia competitiva é a forma ordinario de concesión das subvencións.

As subvencións poderán outorgarse directamente, non sendo preceptivas nin a concorrencia competitiva nin a publicidade da convocatoria cando estean consignadas nominativamente no orzamento xeral inicial do Concello ou en modificacións de crédito aprobadas posteriormente conforme os requisitos establecidos nas Bases de Execución do Orzamento.

Con carácter xeral, a concesión directa formalizarse nun convenio. O convenio ou resolución de concesión, segundo proceda, expresará claramente o beneficiario, a contía da subvención, o obxecto, o prazo e a forma de xustificación.

As subvencións nominativas, publicarase a súa concesión na Base Nacional de Subvencións.

Artigo 6.-

Poderán ser beneficiarios de subvencións e polo tanto solicitalas:

a) As entidades e asociacións sen fins de lucro, domiciliadas no municipio de Vimianzo e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e tamén asociación ou agrupacións de vimianceses no exterior, así como outras entidades previstas no artigo 11 da lei xeral de subvencións.

b) As persoas físicas, en representación particular dun grupo para unha iniciativa de carácter esporádico, sen finalidade de lucro.

c) As persoas físicas para unha iniciativa propia.

En tódolos casos será requisito imprescindible non ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, así como estar os beneficiarios e mailos seus representantes ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello.

Artigo 7.-

As respectivas convocatorias fixarán as contías máximas das subvencións susceptibles de concesión, imputables a partidas orzamentarias e con créditos dispoñibles, atendendo en todo caso, o establecido nas Bases de Execución do Orzamento.

As bases reguladoras da convocatoria poderán esixir un importe de financiamento propia para cubrir a obra ou actividade subvencionadas.

A contía da subvención poderá vir determinadas de forma individualizadas ou ben resultar de aplicación de porcentaxes destinados a gastos ou actividades que se fixen na convocatoria.

En calquera caso, a contía máxima subvencionable non poderá superar o importe solicitado nin o total da actividade.

Será a convocatoria a que determinen o réxime de compatibilidade ou incompatibilidade para a percepción de outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, así como a realización de pagos a conta ou pagos anticipados. Estes últimos suporán entregas de fondos con carácter previo a xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo actuacións inherentes a subvención.

En ausencia de previsión na respectiva convocatoria, o pago da subvención realizarase previa xustificación polo beneficiario da realización da actividade ou proxecto.

Artigo 8.-

As subvencións terán a consideración de gastos públicos e a efectividade das mesmas quedará condicionada a existencia de crédito orzamentario suficiente.

Artigo 9.-

Considerarase gastos subvencionables, aos efectos que prevé esta Ordenanza Xeral, aqueles que de xeito indudable respondan a natureza da actividade subvencionada, e se realicen no prazo establecido nas diferentes bases reguladoras das subvencións. En ningún caso, o seu custe poderá ser superior o valor de mercado.

Salvo que as bases específicas das subvencións expresen o contrario, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade a finalización do período de xustificación fixado na norma reguladora da subvención.

En concreto, poderán ser obxecto de axuda ou subvención municipal as actividades programadas que teñan lugar durante o ano da súa petición no ámbito territorial do municipio, referentes ás seguintes áreas:

a) Deportes: Gastos de organización de actividades deportivas ou relacionadas coa promoción do deporte, preferentemente cando se trate de actos excepcionais, de gran transcendencia ou vinculados ás tradicións locais. Gastos de organización de actividades, incluso compra de material deportivo, para fomento da educación física e da práctica deportiva nos centros escolares.

b) Cultura: Actividades relacionadas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura e teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais ou artísticas, así como actividades de animación tendentes a fomentar a participación e creatividade e o mantemento das tradicións locais.

c) Servizos sociais: Prevención e loita contra as drogodependencias, e actividades, en xeral, encamiñadas á promoción do benestar social.

d)) Fomento e colaboración coa galeguidade de orixe vimiances no exterior

e) Aquelas outras que se especifiquen nas Bases de Execución do Orzamento

Artigo 10.-

O Pleno do Concello, segundo as dispoñibilidades existentes, consignará no Presuposto de cada exercicio os importes correspondentes para atender ao programa anual de subvencións, distribuída segundo a planificación e definición de obxectivos fixados para o exercicio. Nas propias bases de execución do orzamento estableceranse aquelas subvencións nominativas, que se estime conveniente outorgar polo sistema de concesión directa, para as que se poderán establecer normas específicas sempre dentro do marco da normativa reguladora das subvencións.

Artigo 11.-

A Xunta de Goberno local, aprobará e publicará as Bases reguladoras das convocatorias, previo informe de Intervención de fiscalización das citadas Bases.

Unha vez aprobadas as bases, estarán vixentes dende a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, cuxo texto completo poderá consultarse na plataforma da Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index). Tamén serán publicadas na páxina web municipal (www.vimianzo.gal).

Artigo 12.-

Os solicitantes de subvencións, haberán de presentar a seguinte documentación:

a) Instancia individualizada por cada actividade, asinada polo Presidente da Entidade ou Asociación, ou por quen teña conferida a delegación, debidamente acreditada, en modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais, no que constará o nome, apelidos, DNI e enderezo do representante, nome, enderezo e CIF, no seu caso, da entidade ou asociación, e nome, apelidos, DNI e enderezo de tódolos seus integrantes, cando o solicitante sexa un grupo de veciños para unha iniciativa aillada.

No caso de persoas físicas, instancia individualizada por cada actividade obxecto de subvención, no modelo normalizado que se facilita nas oficinas municipais, no que constará o nome, apelidos, DNI e enderezo.

b) Programa ou memoria detallada da actividade que se pretenda realizar.

c) Presuposto detallado dos gastos ocasionados pola actividade para a que se solicita subvención e dos ingresos previstos para financiala.

d) Declaración das axudas solicitadas ou que se teña previsto solicitar para a mesma finalidade.

e) Compromiso de cumprir as condicións da subvención.

f) Documentación acreditativa de reunir os requisitos específicos esixidos.

g) Datos bancarios para a transferencia do importe da subvención, no caso de ser concedida.

As respectivas Bases de cada convocatoria poderán esixir a presentación doutra documentación complementaria.

Artigo 13.-

As solicitudes, xunto coa documentación á que se refire o artigo anterior, serán presentadas no Rexistro Xeral do Concello no prazo e datas que fixen nas bases que se aproben para cada convocatoria. Non terán validez para futuras convocatorias e, polo tanto, deberán de ser novamente solicitadas, as peticións non seleccionadas e as presentadas fóra do prazo antedito.

Artigo 14.-

Ademais dos criterios específicos que estableza a Xunta de Goberno Local ó aprobar as bases de cada convocatoria, considéranse básicos os seguintes:

a) O interese xeral da actividade.

b) O grao de déficit na oferta de actividades análogas.

c) O grao de coordinación e cooperación coas actividades ou programas culturais, deportivos e sociais de directa execución polo Concello que a entidade solicitante manteña.

d) A meirande economía na consecución do resultado.

e) A dificultade na execución da actividade sen a concesión da subvención.

Artigo 15.-

Analizadas as solicitudes polos Servizos municipais correspondentes, estes realizaran unha proposta de concesión, e someterase o expediente a fiscalización de Intervención. A Xunta de Goberno Local resolverá as solicitudes presentadas, a vista da proposta realizada polo departamento municipal correspondente.

As subvencións concedidas, publicaranse na Base Nacional de subvencións, con indicación segundo cada caso, da convocatoria, o programa e crédito orzamentario o que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e obxectivo ou finalidade da subvención con expresión dos distintos programas ou proxecto subvencionados.

Artigo 16.-

Son obrigas dos beneficiarios:

As actividades subvencionadas terán lugar e rematarán nas datas ou prazos fixados en cada convocatoria.

As subvencións destinaranse exclusivamente ós fins para os que foron concedidas, quedando expresamente prohibido calquera cambio de destino ou variación na súa aplicación.

Toda subvención concedida sométese á condición de facer constar na documentación, soporte impreso ou publicidade de todo tipo referente á actividade subvencionada, que a mesma se realiza co financiamento do Concello de Vimianzo.

Someterse as actuacións de comprobación e control que sexan debidamente requiridas polo órganos municipais, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio de estas actuacións e que estean relacionadas coa concesión da subvención.

O simple feito de solicitar unha subvención ou axuda do Concello implica o coñecemento e aceptación desta Ordenanza e das Bases reguladoras da correspondente convocatoria. O incumprimento das obrigas e condicións establecidas en ditas disposicións poderá dar lugar á revogación da subvención.

Artigo 17.-

As subvencións concedidas aboaranse do seguinte xeito, salvo que nas súas bases reguladoras se dispoña outra cousa:

a) O sesenta por cento dela dentro dos dez días anteriores á da data fixada polo solicitante/s para o comezo das actividades.

b) O corenta por cento restante unha vez presentada no Concello a seguinte documentación:

- Memoria detallada da actividade realizada.

- Instancia suscrita polo representante da entidade beneficiaria ou beneficiario, dirixida ó Alcalde, solicitando o pagamento e indicando a conta bancaria á que efectuar a transferencia.

- Facturas polo importe total da realización da actividade.

- No seu caso, un exemplar de toda a documentación impresa xerada pola actividade.

As facturas ás que fai referencia o artigo anterior, haberán de reunir os seguintes requisitos:

a) Serán orixinais ou copias compulsadas polo Secretario do Concello.

b) Estaren datadas no período establecido para a realización da actividade subvencionada.

c) Expresar o CIF ou DNI do acredor, a súa sinatura e selo e tódolos demais requisitos sinalados nas vixentes disposicións.

Os premios e becas, terán un réxime especial que se regulara nas bases reguladoras que se aproben en cada caso en relación co pago e xustificación da achega.

Artigo 18.-

A documentación xustificativa á que fai referencia o artigo 19 presentarase dentro dos trinta días seguintes ó da finalización da actividade. A aprobación e pagamento corresponderá á Xunta de Goberno Local, que poderán reducir a subvención na porcentaxe que corresponda se os gastos efectivamente realizados foran inferiores ós inicialmente presupostados.

Artigo 19.-

O procedemento para un posible reintegro de subvencións rexerase polo disposto na LXS e no RLXS.

As infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións, serán as establecidas na LXS.

Disposición Final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor día seguinte da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales..... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.