Dumbría - ORDENANZA FISCAL REGULADORA TAXA POLO APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTROS DE INTERESE XERAL

Publicación provisional: 11/09/2017 BOP Nº: 172
Publicación definitiva: 07/11/2017 BOP Nº: 211
Aplicable dende: 08/11/2017

ARTIGO 1.º.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polos artigos 4 e 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos15 a 19 do R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a taxa por utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo da vía publica a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

ARTIGO 2.º.-Feito impoñíbel.

1. Constitúe o feito impoñíbel da taxa o disfrute da utilización privativa ou os aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas ou entidades que utilizan o dominio público para prestar os servizos de subministros que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario.

2. O aproveitamento especial do dominio público producirase sempre que para a prestación do servizo de subministro se deban utilizar antenas, instalacións ou redes que materialmente ocupen o solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, con independencia de quen sexa o titular de aquelas.

3. En particular, comprenderanse entre os servizos referidos nos apartados anteriores, os subministros de auga, gas, electricidade, telefonía fixa, e outros medios de omunicación, que se presten, total ou parcialmente, a través de redes e antenas fixas que ocupan o dominio público municipal.

4. O pagamento da taxa regulada nesta ordenanza supón a exclusión expresa da exacción de outras taxas derivadas da utilización privativa ou o aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, necesarios para a prestación dos servizos de subministros de interese xeral.

ARTIGO 3.º.-Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos as empresas e entidades explotadoras de servizos de subministro que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, tales como abastecemento de auga, subministro de gas, electricidade, telefonía fixa e outros análogos, así como tamén as empresas que explotan a rede de comunicación mediante sistemas de fibra óptica, televisión por cable ou calquera outra técnica, independentemente do seu carácter público ou privado.

A estes efectos, inclúense entre as empresas explotadoras de ditos servizos as empresas distribuidoras e comercializadoras dos mesmos.

2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos as empresas ou entidades explotadoras a que se refire o artigo anterior, tanto se son titulares das correspondentes redes a través das que se efectúen os subministros coma se, non sendo titulares de ditas redes, o son de dereitos de uso, acceso ou interconexión ás mesmas.

3. Tamén serán suxeitos pasivos da taxa, as empresas e entidades, públicas ou privadas, que presten servizos ou exploten unha rede de comunicación no mercado, conforme ao previsto nos artigos 6 e concordantes da Lei 32/2003, de 3 de novembro, xeral de telecomunicacións.

4. As empresas titulares das redes físicas, ás que non lles resulte aplicable o que se prevé nos apartados anteriores, están suxeitas á taxa por ocupacións do solo, o subsolo e o voo da vía pública, regulada na ordenanza fiscal correspondente.

ARTIGO 4.-Sucesores e responsábeis.

En canto aos sucesores e responsabeis, estarase ao disposto na lexilación aplicabel.

ARTIGO 5.-Base impoñíbel e cota tributaria.

1. Cando o suxeito pasivo sexa titular da rede que ocupa o solo, subsolo ou voo das vías públicas, mediante a que se produce o goce do aproveitamento especial do dominio público local, a base impoñíbel está constituida pola cifra de ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente no termo municipal as empresas ou entidades sinaladas no artigo 3 desta ordenanza.

2. Cando para o goce do aproveitamento especial a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo tivera utilizado redes alleas, a base impoñíbel da taxa está constituída pola cifra de ingresos brutos obtidos anualmente no termo municipal minorada nas cantidades que deba aboar ao titular da rede, polo uso de mesma.

3. Aos efectos dos apartados anteriores, teñen a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación aqueles que, sendo imputábeis a cada entidade, foran obtidos pola mesma como contraprestación polos servizos prestados neste termo municipal, en desenvolvemento da actividade ordinaria; excluíndose os ingresos orixinados por feitos ou actividades extraordinarias.

A título enunciativo, teñen a consideración de ingresos brutos as facturacións polos conceptos seguintes:

a) Subministros ou servizos de interese xeral, propios da actividade da empresa que corresponden a consumos dos aboados efectuados no municipio.

b) Servizos prestados aos consumidores necesarios para a recepción do subministro ou servizo de interese xeral propio do obxecto da empresa, incluíndo os enlaces na rede, posta en marcha, conservación, modificación, conexión, desconexión e substitución dos contadores ou instalacións propiedade da empresa.

c) Alugueres, cánones, ou dereitos de interconexión percibidos de outras empresas subministradoras de servizos que utilicen a rede da entidade que ten a condición de suxeito pasivo.

d) Alugueres que teñen que pagar os consumidores polo uso dos contadores, ou outros medios utilizados na prestación do subministro ou servizo.

e) Outros ingresos que se facturen polos servizos resultantes da actividade propia das empresas subministradoras.

4. Non se incluiran entre os ingresos brutos, a estes efectos, os impostos indirectos que gravan os servizos prestados nin as partidas ou cantidades cobradas por conta de terceiros que non constituan un ingreso propio da entidade que é suxeito pasivo da taxa.

5. Non teñen a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación os conceptos seguintes:

a) As subvencións de explotación ou de capital que as empresas poidan recibir.

b) As indemnizacións esixidas por danos e perdas, a menos que sexan compensación ou contraprestación por cantidades non cobradas que se han de incluir nos ingresos brutos definidos no apartado 3.

c) Os ingresos financeiros, como xuros, dividendos e calquera outro de natureza análoga.

d) Os traballos realizados pola empresa para o seu inmobilizado.

e) As cantidades procedentes de alleacións de bens e dereitos que forma parte do seu patrimonio.

6. As taxas reguladas nesta ordenanza esixíbeis ás empresas ou entidades sinaladas no artigo 3 desta ordenanza, son compatíbeis con outras taxas estabelecidas, ou que poida estabelecer o Concello, pola prestación de servizos ou realización de actividades de competencia local, das que as mencionadas empresas sexan suxeitos pasivos.

7. A contía da taxa determinase aplicando o 1,5 por 100 á base impoñíbel definida neste artigo.

ARTIGO 6.-Período impositivo e devengo da taxa.

1. O período impositivo coincide co ano natural agás os supostos de inicio ou cesamento na utilización ou aproveitamento especial do dominio público local necesario para a prestación do subministro ou servizo, casos en que procederá aplicar o prorrateo trimestral, segundo as seguintes regras:

a) Nos supostos de altas por inicio de actividade ou liquidación por vez primeira dos feitos impoñibeis desta ordenanza, liquidarase a cota correspondente aos trimestres que restan para rematar o exercicio, incluído o trimestre en que ten lugar o alta.

b) Nos casos de baixas por remate de actividade, liquidarase a cota que corresponda aos trimestres transcorridos desde o inicio do exercicio, incluíndo aquel en que se orixina o cesamento.

2. A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace nos momentos seguintes:

a) Cando se trata de concesións ou autorizacións de novos aproveitamentos, no momento de solicitar a licenza correspondente.

b) Cando o goce do aproveitamento especial a que se refire o artigo 1 desta ordenanza non requira licenza ou autorización, desde o momento en que se tivera iniciado o citado aproveitamento. Para tal efecto, enténdese que comezou o aproveitamento especial cando se inicia a prestación de servizos aos usuarios que o soliciten.

3. Cando os aproveitamentos especiais do solo, subsolo ou voo das vías públicas se prolonguen durante varios exercicios, o devengo da taxa tera lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural.

ARTIGO 7.-Réxime de declaración e ingreso.

1. Estabelecese o réxime de autoliquidación para cada tipo de subministro, que terá periodicidade trimestral e comprenderá a totalidade dos ingresos brutos facturados no trimestre natural ao que se refire. O cese na prestación de calquera subministro ou servizo de interese xeral, comporta a obriga de facer constar esta circunstancia na autoliquidación do trimestre correspondente así como a data de remate.

2. Poderase presentar a declaración trimestral ate o derradeiro día do mes seguinte en que remate o trimestre natural, ou o inmediato hábil posterior se fóra inhabil. Presentarase ao Concello unha autoliquidación para cada tipo de subministro efectuado no termo municipal, especificando o volume de ingresos percibidos por cada un dos grupos integrantes da base impoñíbel, segundo detalle do artigo 5.3 desta ordenanza. A especificación referida ao concepto previsto na letra c) do mencionado artigo, incluirá a identificación da empresa ou empresas subministradoras de servizos ás que se lle tivera facturado cantidades en concepto de peaxe.

A contía total de ingresos declarados polos subministros a que se refire o apartado a) do mencionado artigo 5.3 non poderá ser inferior á suma dos consumos rexistrados en contadores, ou outros instrumentos de medida, instalados neste municipio.

3. As empresas que utilicen redes alleas deberán acreditar a cantidade satisfeita aos titulares das redes co fin de xustificar a minoración de ingresos a que se refire o artigo 5.2 da presente ordenanza. Esta acreditación acompañarase da identificación da empresa ou entidade propietaria da rede utilizada.

4. O concello de Dumbría poderá establecer un modelo de declaración e autoliquidación de acceso telemático aos efectos de facilitar aos suxeitos pasivos o cumprimento das súas obrigas tributarias.

5. Por razóns de custo e eficacia, cando da declaración trimestral dos ingresos brutos se derivara unha liquidación de cota inferior a 6,00 euros, acumularase á seguinte. A presentación das autoliquidacións despois do prazo fixado no punto 2 deste artigo comportará a esixencia dos recargos de extemporaneidade, segundo o previsto no artigo 27 da LXT.

6. A empresa ¿Telefónica de España, S.A.U.", á que Telefónica, S.A. cedeu os diferentes títulos habilitantes de caracter tributario, tributará conforme ao establecido na lexislación aplicabel.

As restantes empresas do ¿Grupo Telefónica" se suxeitan ao pago da taxa regulada nesta ordenanza.

ARTIGO 8.-Infraccións e sancións.

1. A falla de ingreso da débeda tributaria que resulta da autoliquidación correcta da taxa dentro dos prazos estabelecidos nesta ordenanza, constitue infracción tributaria tipificada no artigo 191 da Lei Xeral Tributaria (LXT), que se cualificará e sancionará segundo dispón o citado artigo.

2. O resto de infraccións tributarias que se poidan cometer nos procedementos de xestión, inspección e recadación desta taxa tipificaranse e sancionaranse de acordo co que se prevé na LXT, e no Regulamento Xeral das actuacions e os procedementos de xestión e inspección tributarias, aprobado por Real decreto 1065/2007 .

3. A falla de presentación de xeito completo e correcto das declaracións e documentos necesarios para que se poida practicar a liquidación desta taxa constitúe unha infracción tributaria tipificada no artigo 192 da LXT, que se cualificará e sancionará segundo dispón o mencionado artigo.

Disposicións

Disposición adicional 1.ª.-Modificación dos preceptos da ordenanza e das referencias que fai á normativa vixente, con motivo da promulgación de normas posteriores.

Os preceptos desta ordenanza fiscal que, por razóns sistemáticas reproduzan aspectos da lexislación vixente e outras normas de desenvolvemento, e aquelas en que se fagan remisións a preceptos de esta, entenderase que son automaticamente modificados e/ou substituidos, no momento en que se produza a modificación dos preceptos legais e regulamentarios de que traen causa.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 7 de setembro de 2017 e publicada no BOP de ___ de ________ de 2017.

Entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comenzando a aplicarse ao día seguinte da súa publicación e continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.