Cabanas - ORDENANZA FISCAL NUMERO 26, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES SOCIO-CULTURAIS, DEPORTIVAS E RECREATIVAS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co 41 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas que se rexerá polo disposto no referido TRLRFL e na presente ordenanza.
Artigo 2.-Concepto.
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos socio-culturais, deportivos ou recreativos prestados polo Concello de Cabanas.
Artigo 3.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, en concepto de suxeitos pasivos, aquelas persoas que se beneficien dos servizos socio-culturais, deportivos ou recreativos prestados polo Concello de Cabanas ós que se refire a presente ordenanza.
Artigo 4.-Contía.
A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será o fixado na seguinte tarifa:
A) Actividades socio-culturais:
- Participación en talleres culturais: o prezo aplicarase en función do número de horas semanais da actividade:
Duración da actividade 1 hora semanal, 7 euros/persoa/mes
Duración da actividade 2 horas semanais, 14 euros/persoa/mes
Duración da actividade 3 horas semanais, 21 euros/persoa/mes
No caso de que varíe a duración anterior da actividade, facturarase por períodos de media hora.
- Competencias dixitais_Aula multimedia:
Ata 10 horas: 10,00 euros/persoa/curso
De 11 a 25 horas: 33,10 euros/persoa/curso
Máis de 25 horas: 33,10 euros/persoa/ curso, máis 1,60 € por cada hora a maiores
B) Actividades deportivas e recreativas:
- Participación en actividades: o prezo aplicarase en función do número de horas semanais da actividade:
Duración da actividade 1 hora semanal, 7 euros/persoa/mes
Duración da actividade 2 horas semanais, 14 euros/persoa/mes
Duración da actividade 3 horas semanais, 21 euros/persoa/mes
No caso de que varíe a duración anterior da actividade, facturarase por períodos de media hora.
- Participación en actividades de tenis e pádel: o prezo aplicarase en función do número de horas da actividade: Duración da actividade 1 hora semanal, 9 euros/persoa/mes
Duración da actividade 2 horas semanais, 18 euros/persoa/mes
Duración da actividade 3 horas semanais, 26 euros/persoa/mes
C) Actividades musicais:
Clase colectiva 30 euros/persoa/mes
Clase individual 40 euros/persoa/mes
Clase individual quincenal 20 euros/persoa/quincena
D) Cursos e obradoiros:
- Cursos de vela, 60,00 euros/persoa/curso
- Ludoteca, campamento urbano e outros, 40 euros/persoa/quincena e 65 euros/persoa/mes
- Cursos de formación:
Ata 10 horas: 10,00 euros/persoa/curso
De 11 a 20 horas: 20,00 euros/persoa/curso
Máis de 20 horas: 20,00 euros/persoa/curso, máis 1,00 euro por cada hora a maiores
E) Outras actividades sociais:
- Programa mencer na escola:
Servizo entre 4 e 5 días/semana, 30 euros/mes con almorzo e 21 euros/mes sen almorzo
Servizo en 1 e 3 días, 15 euros /mes con almorzo e 10 euros/mes sen almorzo
Días soltos, 3 euros/día con almorzo e 2,50 euros/día sen almorzo
Cando sexa necesario material para o desenvolvemento dalgunha actividade ou curso, os participantes terán que achegar lo mesmo pola súa conta segundo se especifique no momento da inscrición, xa que non se inclúe no prezo establecido.
F) Promoción de actividades:
- Torneo de Pádel: 10 euros/persoa pola participación nunha categoría e 15 euros/persoa pola participación en dúas categorías
G) Viaxes en barco polo río Eume: 6 euros/persoa maior de idade/viaxe e 3 euros/persoa menor de idade/ viaxe. Ata os 11 anos, incluídos, é gratuíto
Artigo 5.-Obrigación de pagamento.
A obriga de pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, nace dende o día en que se inicie a prestación dos servizos ou actividades relacionados no artigo anterior, mediante a solicitude de participación nos cursos ou actividades sinalados.
Cando por causas non imputables ao obrigado ó pagamento do prezo público, o servizo ou a actividade non se preste ou se desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.
Artigo 6.-Exencións e bonificacións.
6.1. De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.
6.2. Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 44.2 do referido Texto refundido, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes exencións e bonificacións:
a) Estarán exentos do pagamento deste prezo público, os escolares dos centros de ensino do municipio que participen nas actividades escolares organizadas polo Concello de forma específica para ese centro. Queda excluído o programa mencer na escola.
b) Para fomentar a participación da veciñanza bonificarase ás persoas residentes neste Concello (xustificación co DNI ou certificado de empadroamento) que participen nas actividades mencionadas nos epígrafes A) e B) do artigo 4, establécense sobre a contía sinalada, as seguintes bonificacións:
- Con carácter xeral, unha bonificación do 30 por 100.
- Unha bonificación do 10 por 100 para os participantes que sexan membros de familia numerosa.
Unha bonificación do 10 por 100 para os participantes membros de unidade familiar na que os ingresos per cápita non acaden o IPREM. A estes efectos entenderase como unidade familiar a composta por todas as persoas que figuren inscritas na mesma folla padroal.
- Unha bonificación do 10 por 100 do prezo público cando participen tres ou máis membros da mesma unidade familiar.
c) Para o programa mencer na escola establécense as seguintes bonificacións:
- Bonificación do 50 por 100 do prezo público cando participen 2 ou máis membros da mesma unidade familiar.
d) Para as viaxes en barco polo río Eume:
- Bonificación do 50 por 100 do prezo inicial para as persoas residentes neste Concello (xustificación co DNI ou certificado de empadroamento), tanto para maiores como menores de idade (ata os 11 anos, incluídos, será gratuíto).
6.3. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.
Artigo 7.-Requisitos.
O Concello poderá establecer condicións ou requisitos que deben reunir os participantes para asegurar os riscos inherentes a realización de actividades da desenvolver, así como, as normas de desenvolvemento das actividades aplicando a suspensión temporal ou definitiva ós participantes que as incumpran segundo a gravidade do incumprimento.
Artigo 8.-Normas de xestión.
8.1 O pagamento do referido prezo público efectuarase da seguinte forma:
- Para as actividades, ao inicio da actividade aboarase a primeira mensualidade e as seguintes mensualidades aboaranse ao inicio de cada mes, dentro dos dez primeiros días.
- No caso de cursos o pagamento realizarase nunha soa vez no momento de formalizar a inscrición no curso correspondente.
- O pagamento deste prezo público realizarase preferentemente mediante domiciliación bancaria.
O non pagamento das contías do prezo público no prazo establecido, sen solicitar e obter o seu aprazamento por causas debidamente xustificadas, dará lugar á baixa na participación nas actividades en que participe a persoa usuaria.
8.2 Para aplicación das bonificacións establecidas no artigo 6 os interesados deberán formular a correspondente solicitude no momento de realizar a inscrición achegando os xustificantes acreditativos de inscrición padroal, ingresos da unidade familiar ou inscricións, segundo corresponda.
8.3 No caso de existir varias solicitudes que superen o número de participantes a admitir, darase preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Cabanas por orde de inscrición no rexistro, e no caso de entidades ás que teñan a sede social no Concello, por orde de inscrición no rexistro.
8.4 As débedas polos prezos públicos desta ordenanza poderán esixirse polo procedemento de constrinximento.
8.5 Sobre as contías do prezo público establecido no artigo 4 coas bonificacións do artigo 6, aplicarase o IVE que no seu caso corresponda.
8.6 Unha vez iniciada a participación nunha actividade, a baixa no período de desenvolvemento da mesma, salvo xustificación ou acreditación persoal que a xustifique, só se aceptará mo mes de xaneiro.
Artigo 9.-Actualización de prezos e actividades non tarifadas.
No suposto de que o servizo ou actividade socio-cultural ou deportiva-recreativa a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, bastará co acordo da Xunta de Goberno e, no caso de non existir, por resolución da Alcaldía para o establecemento da contía do prezo público da actividade a desenvolver ou actualizar a súa contía segundo o IPC.
Disposición final.
A presente Ordenanza, aprobada definitivamente segundo acordo do Pleno da Corporación en sesión realizada o 25 de abril de dous mil dezaoito, derroga a ata agora vixente publicada no BOP nº 233 do 12 de decembro de 2016, entrará en vigor o día seguinte de publicada no Boletín Oficial da Provincia, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.