Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO DO SERVIZO DE TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Publicación provisional: 09/07/2018 BOP Nº: 129
Publicación definitiva: 05/09/2018 BOP Nº: 169
Aplicable dende: 01/10/2018

Artigo 1º: -FUNDAMENTO E OBXECTO

1. En uso da facultade concedida polo artigo 31.3 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece unha prestación patrimonial de carácter público non tributario como contraprestación pola prestación do servizo público de tratamento e depuración de augas residuais no termo municipal de Arteixo, que se rexerá pola presente Ordenanza.

A prestación patrimonial de carácter público non tributario que se regula na presente ordenanza terá carácter coactivo e será exixida sempre que se presten algúns dos servicios públicos que se relacionan no apartado seguinte.

2. . É obxecto desta prestación patrimonial, o tratamento e depuración de augas residuais. Así como a recepción, vertido e tratamento de residuos procedentes de pozos negros, en EDAR DE BENS, S.A.

Este servizo se prestará pola entidade EDAR BENS SA, sociedade mercantil de capital público.

En xeral, todos aqueles servizos propios obxecto desta Ordenanza que sexan provocados polos interesados ou que especialmente redunden no seu beneficio, aínda cando estos non solicitaren a prestación, e que, sendo de competencia municipal, teñan carácter obrigatorio en virtude de precepto legal ou regulamentario.

Artigo 2º.- OBRIGADOS AO PAGO

1.-Están obrigados ao pago os titulares do contrato de suministro de auga potable, solicitantes ou destinatarios do servizo, entre os que se incluirán os que utilicen pozos ou captacións subterráneas propias.

2.-Serán responsables subsidiarios do pago, os propietarios destes inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 3º.- CUANTIFICACIÓN DAS TARIFAS

1.Tarifa Prestación de servizos de tratamento e depuración de excretas, augas pluviais, e residuais.

Se determinan as seguintes contías que se incrementarán, no seu caso, co IVE vixente en cada momento.

1.1. Coeficiente de verteduras (EDAR BENS, S.A) que dispoñan de servizo domiciliario de auga, por m3 de auga consumida será o seguinte:

a) Para Consumos domésticos: Compoñente fixa Compoñente variable.

Sen consumo trimestral 1,50 € 0,00 €/m3

Con consumo trimestral 1,50 € 0,28 €/m3

b) Para Consumos non domésticos: Compoñente fixa Compoñente variable.

Sen consumo trimestral 1,50 € 0,00 €/m3

Con consumo trimestral 1,50 € 0,35 €/m3

Non obstante, aos consumos non domésticos cun volumen total de auga consumida durante o ano natural anterior inferior a 2.000 metros cúbicos, aplicaránselles as tarifas previstas para os ¿consumos domésticos". No suposto de que no primeiro ano de uso do auga o consumo se teña iniciado con posterioridade ao 1 de xaneiro, extrapolaranse os datos do consumo ao ano enteiro.

1.2. No caso de usuarios da rede de sumidoiros municipal que non se atopen conectados á rede de abastecemento de auga, tributarán polo mínimo de 25 m3, a razón de 0,28 €/m3.

Non obstante, no suposto de que o suxeito pasivo instalase un caudalímetro homologado de augas residuais, liquidaráselle a taxa en razón do volume de auga reflectida no mesmo.

1.3. Recepción, verquido e tratamento de residuos procedentes de pozos negros en EDAR BENS, S.A.:

6.1. Ud. De cuba de 6 m3 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿....¿¿¿ 0,00 €

6.2. Ud. De cuba de 12 m3 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿....¿¿ 100,00 €

* Non se admitirán vequidos de cubas de máis de 12 m3

2. Tarifas reducidas e Exentas.

1. Os obrigados ao pago que teñan recoñecido pola Xunta de Galicia o dereito ao cobramento da renda de inclusión social (RISGA), consonte á lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, terán dereito ao recoñecemento dunha redución do 100% na tarifa regulada nesta ordenanza. O recoñecemento desta redución realizarase, trimestralmente, por Resolución do órgano municipal competente á vista das resolucións administrativas ditadas pola Consellería da Xunta de Galicia competente na materia que, ou ben sexan achegadas polos propios contribuintes, ou ben sexan notificadas directamente ao Concello de Arteixo por parte da Administración Autonómica".

2. Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real Decreto Lei 3/2004, do 25 de xuño), e a teor do sinalado no artigo 24.4 do texto refundido da Lei das facendas locais, terán unha redución do 50 % da tarifa

3. Os obrigados ao pago que teñan recoñecida polo organismo autonómico competente, a deducción na cota íntegra do canon do auga ó abeiro do disposto no art. 24.2 do Decreto 36/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Canon do auga e do coeficiente de verteduras a sistemas públicos de depuración de augas residuais, por pertencer a unha unidade familiar que teña a condición de familia numerosa, terán dereito a unha redución na tarifa regulada nesta ordenanza do 50%.

O recoñecemento desta redución realizarase por Resolución do órgano municipal competente á vista das comunicacións realizadas pola entidade ¿Augas de Galicia" a este Concello, relativas ao concepto referido no parágrafo anterior.

4.As reducións descritas nos apartados 2 e 3 non resultarán compatibles entre sí, polo que únicamente poderá aplicarse unha delas, nas liquidacións correspondentes a contribuíntes que reúnan os requisitos esixidos en ámbolos dous casos

Artigo 4º.- OBRIGACIÓN DE PAGO

1. A obriga do pago dos importes das tarifas nace na data que teña lugar a efectiva acometida, se obtivese ou non licenza; sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

Artigo 5º.- NORMAS DE XESTIÓN

Unha vez autorizada a acometida, o percibo da tarifa realizarase trimestralmente, conxuntamente coa taxa do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable,e prestación do servizo de sumidoiros entendéndose efectuada a notificación das cotas coa recepción do correspondente recibo de auga potable/sumidoiro/depuración.

A explotación, mantemento e conservación da EDAR de Bens e emisario submarino está encomendada á sociedade EDAR BENS S.A., como medio propio municipal, segundo acordo do pleno de data do 2013. En consecuencia, en virtude, non só da potestade tarifaria do Concello, e ao tratarse dunha sociedade mercantil sometida ao réxime de dereito privado, a mesma percibirá, en concepto de contraprestación do servizo que presta, as tarifas recadadas relativas aos servizos sinalados no artigo 3º desta Ordenanza.

DISPOSICIÓN FINAL:

A presente Ordenanza entrará en vigor o primeiro día do trimestre natural seguinte á data de publicación do texto íntegro desta Ordenanza no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.