Negreira - REGULAMENTO DE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO DE NEGREIRA
Disposicións xerais de aplicación a tódalas instalacións de carácter cultural e/ou deportivo.
Artigo 1. Obxeto
O presente Regulamento ten por obxeto regular o uso e disfrute das instalacións deportivas e culturais do Concello de Negreira e dos servizos que nelas se prestan.
Enténdese por instalación deportiva e cultural, aos efectos deste Regulamento, toda instalación, campo, dependencia ou espazo, de calquer característica, tanto ao aire libre como cuberta, pechada ou aberta, dedicada á practica do deporte e a actividade física ou cultural , en toda a súa gama de modalidades, posibilidades e finalidades. Incluíndo as zonas de equipamento complementario como graderíos, vestiarios, taquillas, almacéns etc...
Artigo 2. Condición de usuario/a
Considérase usuario/a a toda persoa física ou xurídica que, previo os requisitos previstos neste regulamento, faga uso das mesmas (instalacións, actividades deportivas, culturais).
Artigo 3.-
O concello de Negreira terá prioridade para o uso de calquer instalación ou inmoble dos regulados por este regulamento.
Artigo 4.- Dereitos dos/as usuarios/as
a) Os/as usuarios/as teñen dereito á práctica deportiva ou actividade cultural e ao uso das instalacions deportivas e culturais, nas condicións que regulamentariamente sexan establecidas.
b) O dereito de uso tamén se axustará ás condicións da autorización municipal e aos horarios aprobados regulamentariamente.
c) A ser tratados/as con educación e amabilidade por todo o persoal que presta servizos tanto nas instalacións como nas actividades e a que se respete a súa integridade e dignidade persoal.
d) Os/as usuarios/as teñen dereito ao uso de tódolos servizos das instalacións deportivas e culturais en condicións de igualdade con suxeción aos principios democráticos de convivencia, ás normas que contén o presente regulamento e ás instruccións que na súa execución diten as autoridades municipais e os encargados, no seu caso, da xestión do/s servizo/s.
e) Os/as usuarios/as teñen dereito ao uso dos servizos e espazos complementarios como taquilla (onde estas existan), e vestiario, co seu equipamento e duchas.
f) A atopar as instalacións, o mobiliario é o material en perfectas condicións de uso.
g) Ser informado das condicións de uso das instalacións e servizos ofertados (regulamento, precios públicos, follas de inscripcións, actividades...)
h) A presentar queixas , reclamacións ,suxerencias..., para elo os usuarios/as terán a súa disposicións nas instalacións, as follas oficiais para exercer o dereito á reclamación no Libro de Queixas e Suxerencias segundo o RD 208/1996, do 9 de febreiro.
Artigo 5.- Deberes e responsabilidades dos/as usuarios/as
5.1.- Os usuarios teñen os seguintes deberes e responsabilidades:
a) Colaborar no mantemento das debidas condicións de limpeza e hixiene da instalación. O uso antihixiénico ou incorrecto da instalación pode ser motivo de expulsión e da perda da condición de aboado, no seu caso
b) Depositar os desperdicios nas papeleiras ou outros recipientes destinados para tal efecto.
c) Respecta-las normas sobre o uso axeitado do equipamento e mobles das instalacións deportivas e/ou culturais obxecto do presente regulamento conforme ás normas que contén o presente regulamento e ás instruccións que na súa execución diten as autoridades municipais.
d) As avarías, danos ou perdas que se xeren no material ou nas instalacións como consecuencia da desaxeitada ou neglixente utilización darán lugar á responsabilidade por parte do seu autor ou autores, que lles será esixida de conformidade co procedemento legal e regulamentariamente establecido. Todo iso sen prexuízo da sanción administrativa que proceda.
e) Respectar os horarios e espazos destinados ás diferentes actividades.
f) Devolver o material didáctico que se lles emprestara ao sitio indicado despois do seu uso.
g) Seguir as indicacións do persoal das instalacións en todo momento.
h) No referente ás instalacións da piscina climatizada, abandonar as zonas de piscina e ximnasio 15 minutos antes do horario de peche, co obxecto de respectar os horarios establecidos.
i) Comunicar ao monitor de apoio (naquelas instalacións e/ou actividades que existan) se o usuario padece, ou padeceu, algunha enfermidade de carácter cardiovascular ou derivada, nos últimos 2 anos.
j) Aboar os prezos públicos que en cada momento determine a Ordeanza Fiscal correspondente, que poderá ser obxecto de actualización anual.
k) Observarase o cumprimento das normas xerais de uso e de aquelas outras normas particulares e instruccións que dite o centro a través do persoal da instalación. A transgresión de calquera norma establecida poderá causar o cese de uso da instalación, o cal ditaminarase pola comisión de seguimento do centro deportivo, sendo debidamente comunicado o interesado, ademais da comunicación da incidencia ao Concello de Negreira.
l) Os abonados teñen obriga de mostrar na súa entrada á instalación o carnet de abonado entregado polo persoal do centro. En caso da súa ausencia, o persoal da instalación pode solicitarlle o DNI para a verificación dos datos de abonado.
5.2.- Asemade establécense ás seguintes prohibicións:
a) Fumar en toda a instalación.
b) Uso de cámaras, vídeo ou móbiles.
c) Entrada á instalación de animais de compañía.
d) O consumo de calquera tipo de bebidas
e) O consumo de comidas na zona de praia reservada a bañistas (no caso das instalacións da piscina climatizada) así coma nos vestiarios
f) O acceso a toda persoa que padeza calquera enfermidade infecto-contaxiosa que poida poñer en risco a saúde dos demais usuarios.
g) No caso das instalacións relativas á piscina climatizada, entrar na zona de baño vestidos con roupa ou calzado de rúa. O público, espectadores visitantes e/ou acompañantes frecuentarán unicamente os locais e áreas reservados a estes, empregando para isto os accesos específicos.
h) No caso das instalacións relativas á piscina climatizada, os acompañantes dos abonados - cursillistas teñen prohibida a entrada ós vestiarios e zonas de praia de piscina, así como as persoas non participantes nas actividades deportivas que se desenvolvan. Os acompañantes de persoas con imposibilidade para cambiarse poderán acceder os vestiarios coa autorización do persoal da instalación. No caso de nenos de 6 anos ou menores de 6 anos accederán ó vestiario do sexo do acompañante.
i) Abandonar desperdicios dentro dos recintos das instalacións.
5.3.- O persoal das instalacións está autorizado para facer cumprir a normativa vixente cara a garantir o bo funcionamento das instalacións e uso destas.
O persoal das instalacións é o responsable de mirar polo cumprimento destas normas, calquera persoa que as incumpra poderá ser expulsada das instalacións e, se é o caso, perderá a condición de aboado. Unha comisión composta por membros do Concello e da empresa concesionaria ( se é o caso) valorará a seu dereito o retornar á instalación.
5.4.- Calquera variación que afecte á actividade maioritaria dos usuarios (celebración de competicións deportivas ou doutra índole, modificación de horarios e actividades, etc.) notificarase mediante carteis informativos nas instalacións (taboleiro de anuncios á entrada/saída das instalacións).
Artigo 6. Faltas disciplinarias.
As faltas disciplinarias califícanse en moi graves, graves e leves.
Consideraranse como faltas moi graves:
1. Agredir ao persoal das instalacións, entrenador/a, monitor/a ou a outros/as usuarios/as con dano físico.
2. Que se adopten aptitudes de acoso físico, moral ou sexual que poidan considerarse moi graves.
3. Provocar co seu comportamento a suspensión dalgunha actividade (pelexas, revoltas, falsas alarmas).
4. Quebrantalas sancións impostas.
5. Causar danos (pintar, rachar, raiar,etc...) nas instalacións ou en materiais intencionada ou imprudentemente con deterioro grave con custo de reparación superior aos 1500 €.
6. Roubar nas instalacións ou a calquer usuario/a.
7. Acceder ás instalacións, dependencias ou vestiarios non autorizados, sin o pago do precio das cuotas regulamentarias.
8. Incumprimento das normativas de seguridade.
9. Ser sancionado pola comisión de tres faltas graves nun período dun ano.
Consideraranse como faltas graves:
1. Ameazar, coaccionar, ou realizar actos vexatorios de palabra ou de obra ao persoal, entrenador/a, monitor/a ou a outros/as usuarios/as das instalacións.
2. Insultar, ofender ou facer caso omiso das indicacións do persoal das instalacións, monitores/as, entrenadores/as.
3. Agredir a algún/a usuario/a, cando delo non resulte dano fisico.
4. Causar danos sen intencionalidade nas instalacións ou nos materiais.
5. Emporcar intencionadamente as instalacións.
6. En xeral tódalas conductas que atenten de maneira grave á disciplina, ou bo orden, e ao respeto cos demais usuarios/as e o persoal.
7. Causar danos (pintar, rachar, raiar,etc...) nas instalacións ou materiais das instalacións intencionada ou imprudentemente con deterioro grave con custo de reparación entre os 600 e os 1500 €.
8. A reiteración ou reincidencia nas faltas leves.
Consideraranse faltas leves:
1. Protestar as decisións do persoal das instalacións.
2. Adoptar unha actitude pasiva ou neglixente no cumplimento das instruccións do personal das instalacións, entrenadores/as,monitores/as.
3. Dirixirse ao persoal das instalacións, entrenadores/as,monitores/as ou outros/as usuarios/as con expresións de menosprecio, ou cometer actos de desconsideración hacia eles tales como ameazas, coaccions, ofensas.
4. Xogar perigosamente ou realizar bromas imprudentes que poidan causar danos propios ou axenos.
5. A ausencia reiterada e sen xustificación nas actividades inscritas.
6. Causar danos (pintar, rachar, raiar,etc...) nas instalacións ou materiais das instalacións intencionada ou imprudentemente con deterioro leve con custo de reparación entre os 600 e 1 €.
7. Facer un uso incorrecto das instalacións e materiais das instalacións.
8. O/as usuarios/as que inducisen a outros/as á realización de actos ou conductas constitutivas de falta disciplinaria ou cooperen na súa execución, incurrirán na mesma responsabilidade que estos.
9. Tamén aqueles usuarios/as que encubran a outros/as de faltas consumadas, sendo a súa sanción menor que a da falta.
Artigo 7. Sancións disciplinarias.
1. As sancións teñen carácter educativo, preventivo e correctivo, e a súa imposición terá sempre como finalidade o manter o interés xeral e o prestixio das instalacións.
2. Pola razón das faltas as que se refiere este Regulamento poderánse impor as seguintes sancions:
a) Pérdida definitiva da condición de aboado/a, Cursillista ou usuario/a das instalacións e actividades deportivas ou culturais.
b) Suspensión da condición de aboado/a, cursillista ou usuario/a das instalacións de 1 a 4 anos.
c) Suspensión da condición de aboado/a, cursillista ou usuario/a das instalacións de 3 meses a 1 ano.
d) Suspensión da condición de aboado/a, cursillista ou usuario/a das instalacións de 7 días a 3 meses.
e) Apercibimento.
f) Reposición ou reparación dos danos causados.
As sancións a) e b) serán impostas só por faltas moi graves. As sancións do apartado c) poderán imporse pola comisión de faltas graves. As faltas leves soamente poderán ser correxidas coas sancións que se sinalan nos apartados d) e e). E por último a sanción f) poderase impor por calquer falta cometida.
Son causas eximentes o caso fortuito e a forza maior.
Son circunstancias atenuantes:
- No ter sido sancionado en ningunha ocasión.
- A de ter precedido, inmediatamente á comisión da falta provocación suficente.
- A de ter procedido o/a culpable, por arrepentimento espontáneo a reparar ou disminuir os efectos da falta, e a dar satisfacción ao/á ofendido/a ou a confesar aquela.
Son circunstancias agravantes:
- Ser reincidente. Existe reincidencia cando o/a autor/a da falta foi sancionado con anterioridade por outra de análoga natureza, ou outra castigada con igual ou maior sanción ou por dúas ou máis castigadas con sanción menor.
- As sancions de suspensión, afectan ás condicións pola que foron impostas e tamén para o uso de tódalas instalacións e servizos da mesma en calquer outra circunstancia.
- As sancións de reparación ou reposición, abonaránse ou solucionaranse dentro dos trinta días seguintes a notificación do fallo.No suposto dun usuario que pertenza a un clube ou colectivo, será este o responsable subsidiario do mesmo, ou solidaria e mancomunadamente as persoas que realmente empregaron as instalacions ou servizos co sancionado.
Normas de aplicación exclusivamente ás instalacións corresponentes á piscina climatizada e instalacións anexas. Artigo 8-. Modalidades de Acceso.
8. 1. Aboados.
Coa condición de aboado, pódese ter acceso á piscina climatizada, sala fitness (con apoio do monitor de sala e prescrición de táboas personalizadas de exercicio), todos os espazos de uso libre, sen ningunha restricción de tempo nin espacio.
Ten ademais a posibilidade de ser ¿cursillista" cun desconto mínimo do 40% no prezo de cada curso.
A cota de aboado ten carácter anual, aínda que o pago farase mensual, trimestral ou anual.
8. 2. Cursillistas
Teñen esta condición, aquelas persoas inscritas nalgún curso de piscina, que desexen participar nalgunha actividade con monitor. Unicamente poden facer uso das instalacións, durante o tempo que dura a clase.
Os cursiños son de carácter trimestral, aínda que o pago poderase facer mensualmente. É posible renovalo ata que o desexe o usuario, cumprindo cos prazos de notificación de baixa (ver apartado correspondente). A última semana de cada mes, ofertaranse as novas prazas do mes seguinte (consultar en recepción as datas exactas).
Cada clase ten unha duración total de 45 minutos, con excepción das clases de bebés que terán unha duración total de 30 minutos.
8. 3. Entradas puntuais.
Aboando o custo da entrada no momento do acceso á instalación, os beneficiarios das entradas poden usar tódolos espazos da instalación (na sala fitness sen o apoio personalizado do monitor da sala), por un tempo estimado de unha hora e media, con restrición de uso en función da ocupación.
A compra dunha entrada permite usar a instalación durante o horario de mañán ou o horario de tarde establecidos, pero en ningún caso será válida para o acceso de todo o día.
Artigo 11-. Normas xerais de uso por espazo e para acceso a grupos
11.1. O uso dos espazos da piscina e instalacións anexas con caracter xeral será o seguinte:
A- PISCINA CLIMATIZADA
- É obrigatorio ducharse antes da inmersión na auga dos vasos.
- Está totalmente prohibido acceder con aceites e/ou cremas.
- É obrigatorio usar gorro, chanclas e bañador, recomendándose o uso de lentes de baño.
- Prohíbese totalmente saltar á auga de cabeza, desde os laterais ou sentarse nas corticeiras. Tampouco está permitido ningún tipo de xogo ou actividade que comporten saltar, empuxar, correr pola praia da piscina, afundir a outros e toda conduta que perturbe o normal uso e disfrute a tódolos usuarios ou que atente contra a seguridade das persoas. O socorrista poderá obrigar a abandona-lo vaso a todas aquelas persoas que non respecten esta norma.
- Cada usuario debe respecta-la rúa indicada polo socorrista, determinada segundo o seu nivel.
- Nadar sempre polo lado dereito da rúa, sen traspasa-los límites dos carrís usados polos demais nadadores.
- Respecta-las indicacións de cada rúa (curso, nado rápido, lento, etc) e seguir as indicacións do persoal da instalación.
- Por motivos de seguridade, os menores de 12 anos deberán estar permanentemente acompañados por un adulto no interior da piscina que asuma a súa responsabilidade.
- Os nenos maiores de 12 anos e menores de 16 anos que saiban nadar só poderán entrar sós á piscina co consentimento por escrito do pai, nai ou titor/a. Se o persoal da instalación aprecia que non teñen o suficiente dominio do medio acuático para desenvolverse con autonomía dentro da auga, pode obrigarlles a saír dela e que cese a súa actividade.
- As persoas asistentes a cursiños accederán ós vestiarios 15 minutos antes do inicio da sesión. Unha vez rematada deberán dirixirse ós vestiarios para abandonar a instalación.
- Os usuarios deberán respecta-los espazos reservados para eles, cando se impartan cursos na piscina.
- Prohibido ouriñar e cuspir na piscina.
- O número máximo de usuarios no vaso, segundo o establecido no Decreto 53/1989, do 9 de marzo, Consellería de Sanidade, polo que se aproba Regulamento sanitario de piscinas de uso colectivo, e as súas modificacións, en función da superficie de lámina de auga, segundo consta na documentación técnica da instalación deportiva ascende a 104 persoas no vaso grande, 18 no de actividade e 20 no vaso infantil.
- Para evitar riscos sanitarios está prohibida a entrada na zona reservada ós bañistas, daquelas persoas que padezan enfermidades cutáneas ou doutro tipo que pola súa natureza se poidan contaxiar a través da auga.
- Non está permitido o emprego de colchóns, flotadores, lentes de cristal, ou calquera elemento que, a xuízo dos responsables da seguridade do vaso, poidan supoñer algún risco para o resto de usuarios. Na piscina haberá material auxiliar- táboas, pulls¿-, que poderán ser empregados por calquera abonado, o cal o solicitará ó monitor e/ou ó socorrista, quedando a criterio deste a conveniencia do seu uso.
B- XIMNASIO E SALA DE ACTIVIDADES
- Os menores de 14 anos non poden utilizar a sala fitness por motivos de saúde. Entre os 14 e 15 anos, poderán facer uso desta sala baixo autorización médica e dos pais (ambas por escrito). Os menores de 16 e 17 anos terán acceso a sala fitness coa autorización por escrito dos seus pais.
- Toda persoa que utilice o material de musculación por primeira vez deberá poñerse en contacto co monitor da sala. Tódolos abonados poderán esixir ademais unha ficha de seguimento individual.
- Débese por unha toalla sobre cada aparello do que se faga uso, por motivos hixiénicos.
- A indumentaria deportiva será a indicada para a práctica de actividade física no ximnasio, sendo necesario para accecer calzado deportivo diferente ó da rúa (está prohibido o uso de chanclas).
- É obrigatorio acceder a sala de bike con calzado deportivo adecuado. En caso de utilización de ¿calas" estas deben ser postas na mesma sala para evitar o deterioro da tarima da instalación.
- Os aparellos deben utilizarse correctamente segundo as indicacións expostas (en caso de dúbida dirixirse sempre ó persoal da instalación) e recollelos unha vez remate o seu uso.
- Os usuarios con rutinas de traballo deberán deixalas no ficheiro da instalación, pois son propiedade desta.
- Deberá respectarse a lista de espera nos aparatos que a teñan, así coma o tempo máximo de utilización (20 minutos) cando haxa moito aforo na sala.
- O aforo da Sala Fitness e das actividades dirixidas estará determinado polo número de aparatos e as rotacións que se programen polo monitor ou encargado.
- Non está permitido deixar mochilas ou prendas persoais na sala. Estes artigos deberán gardarse nos vestiarios.
- O persoal do ximnasio poderá solicitar a tarxeta de acceso ou entrada para controlalo acceso. Tamén poderá solicitar o DNI para comprobar o dereito de acceso.
- A sala de actividades só se poderá utilizar baixo as indicacións do persoal da instalación, a súa capacidade máxima é de 30 persoas, podendo ser inferior o número según o criterio do instructor.
- É necesario comunicar ao monitor de apoio se o usuario padece, ou padeceu, algunha enfermidade de carácter cardiovascular ou derivada, como mínimo dos últimos 2 anos.
C- SAUNA E BAÑO DE VAPOR
- Por motivos de seguridade e saúde, os menores de 14 anos non poden facer uso desta zona. Entre os 14 e 15 anos, poderán facer uso desta zona baixo autorización médica e dos pais (ambas por escrito). Os menores de 16 e 17 anos terán acceso coa autorización por escrito dos seus pais.
- Antes de entrar é imprescindible ducharse con auga quente e xabón e secarse ben. Por motivos hixiénicos, no caso de querer facer uso da piscina posteriormente, débese duchar de novo.
- Débese facer algo de exercicio físico antes de facer uso desta zona.
- É imprescindible o uso da toalla, para sentarse ou tombarse nos bancos.
- Non se permite afeitarse ou depilarse na instalación.
- Non se permite o uso de esencias ou calquera sustancia que poida molestar aos demais usuarios.
- Por tratarse dunha zona de relax débese manter a tranquilidade e evitar o ruído ou o alboroto.
- A sauna seca ten unha temperatura aproximada de 80-90ºC., e unha humidade que ronda o 20-30 %. O tempo máximo recomendado de utilización é de 15 minutos.
- Non poderán facer uso da sauna aquelas persoas que padezan problemas de hipertensión ou cardiopatías graves.
- Está prohibida a manipulación dos botóns de control da sauna.
- O aforo máximo da sauna é de 10 persoas.
- O baño de vapor ten unha temperatura aproximada de 40º C e unha humidade do 90-99%. O tempo máximo recomendado é de 20 minutos.
- O aforo máximo do baño de vapor é de 10 persoas.
Contraindicacións para o uso da sauna e baño de vapor:
- Contraindicacións absolutas. Non os poden usar os usuarios que leven algunha prótese metálica interna ou marcapasos.
- Contraindicacións relativas: Hipertensión arterial, enfermidades cardiovasculares, varices, embarazo, uso posterior a inxesta de alimentos ou bebidas alcohólicas.
- Deben consultar co seu médico en caso de calquera enfermidade ou dúbida. Recoméndase contactar co persoal responsable da zona antes de acceder por primeira vez.
- En caso de dúbida sobre a forma de acceso ou uso dirixirse ó persoal da instalación.
- Debe respectarse as indicacións do persoal da instalación.
- Lentes, lentes de contacto e obxectos metálicos deben retirarse antes de entrar no baño de vapor.
Accidentes: Lémbrase que a sauna e o baño de vapor son lugares de ocio e benestar, de uso libre e persoal. En consecuencia, a utilización dos mesmos implica a asunción voluntaria de ditos riscos daqueles/as que o utilicen. A Piscina Municipal de Negreira non se fai responsable dos danos sufridos polos/as usuarios/as que non as utilicen de forma adecuada.
O persoal da instalación será o encargado de facer cumprir a tódolos usuarios as normas de uso da mesma, e poderán no seu caso, expulsar do recinto a aqueles/as que incumpran o contido das mesmas.
D- VESTIARIOS
- Os vestiarios deben manterse en correctas condicións hixiénicas de utilización.
- Está prohibido fumar dentro dos vestiarios.
- É obrigatorio o uso de chancletas para ducharse e circular polos vestiarios.
- Está prohibido realizar accións hixiénicas como afeitarse, depilarse ou tinguirse.
- Os armarios deben deixarse baleiros despois do seu uso.
- O vestiario feminino ou masculino son de uso exclusivo de persoas deste sexo, será excepcional cambiar nenos/as menores de 6 anos que acudan con seus pais.
E-1. Duchas
- Non se pode introducir nelas obxectos de vidro.
- Por consideración cos demais usuarios, deben manipularse con coidado e só durante o tempo necesario.
E-2 Taquillas:
- Funcionan con cadeado. Cada usuario debe traer o seu.
- Deben deixarse libres unha vez finalizada a actividade.
- As taquillas revisaranse ó finaliza-lo día. Se se atopa algunha pertenza persoal, gardarase na sección de obxectos perdidos por un período máximo de 15 dias.
- En caso de que algún usuario deixe o candado pechado nas taquillas o persoal da instalación está autorizado a romper dito candado, non tendo obriga de facer a devolución do prezo do mismo. En consecuencia o usuario deberá conseguir outro.
11.2. Normas para acceso a grupos
Para procurar o mellor funcionamento e coordinación establécense as seguintes normas para facilita-lo acceso de tódolos grupos a actividade:
- Tódolos colectivos que desexen acceder á instalación deben preinscribirse na recepción.
- Cada grupo debe facilitar unha lista coa relación de participantes e a súa idade, así coma unha persoa de contacto.
- Cada día realizarase un control na recepción coa toma de lista dos asistentes previa ó acceso a vestiarios.
- O primeiro día levarase a cabo unha proba de nivel de dominio acuático para organizalos asistentes en grupos por niveis e idade.
- A actividade infantil vai dirixida a nenos de entre 4 e 14 anos.
- Indumentaria imprescindible: bañador, chanclas e gorro. Recoméndase o uso de gafas.
- Os nenos maiores de 6 anos non poderán ir con acompañante ós vestiarios, deben cambiarse sós. Accederán ós vestiarios 15¿ antes da actividade.
- Os pais/acompañantes que acompañen a nenos menores de 6 anos ou a persoas que necesitan axuda para cambiarse entrarán con eles 15 minutos antes, cando o persoal de recepción así llo indique. Deben abandonar os vestiarios cando o neno/usuario saia cara a piscina e poderán entrar de novo 45 minutos despois, ó remate da súa quenda, cando o monitor acompañe ós nenos de volta.
- Nunca poderá haber máis dun acompañante por neno/usuario, e tratarase, na medida do posible, que acceda o menor número de acompañantes.
- Por motivos de hixiene, na zona de duchas é obrigatorio o uso de chanclas. Non podendo estar ninguén con calzado da rúa.
- A instalación ten unha actividade continua, hai máis usuarios á mesma hora, polo tanto, respectémolas zonas de paso e as indicacións do persoal da instalación, así coma os espazos reservados para os grupos.
- Os acompañantes deben agardar nas zonas indicadas, nunca dentro dos vestiarios.
- Os monitores recollen ós nenos/usuarios a hora puntual de inicio da quenda para dar comezo a actividade (deberán de estar duchados), e acompáñanos ata os vestiarios ao fin do curso.
- O obxectivo da actividade é educativo. Comezando polo uso correcto da instalación, orden e coidado da súa roupa, autonomía e independencia nas duchas, que aprendan a vestirse sós, a respectar aos compañeiros, ¿ O labor dos pais no aspecto hixiénico é de educación e control, non face-lo traballo dos nenos.
- Calquera comportamento ou problema que detectemos comunicarémosllo o coordinador do grupo. Do mesmo xeito esperamos que nos fagades saber calquera suxestión ou problema que poida xurdir.
- Non se poderán recuperar os días que non se acuda xa que os grupos e e quendas están pechados. Cada neno ten que vir co seu grupo e figurar na lista deste.
- Para calquera consulta sobre o desenrolo da actividade ou seguimento do neno deben dirixirse ó coordinador.
- Non poderá acudir a actividade ningún neno que padeza algunha enfermidade infecto-contaxiosa. O persoal da instalación mirará polo cumprimento desta norma.
- O persoal da instalación mirará polo cumprimento destas normas e para solucionar calquera problema que poida xurdir, deben seguir as súas indicacións. Ante calquera dúbida ou suxestión pregamos nola fagan chegar para darlle resposta o antes posible.
- A empresa xestora e o concello non se farán responsables da perda de obxectos na instalación. Existe taquillas para gardar as pertenzas.
- Forma de pago das taxas: o pago realizarase por anticipado, respectando a modalidade acordada (trimestral ou cuadrimestral).
Artigo 9-. Tramitación das solicitudes e baixas
9.1. Tramitación dos abonos:
- Cumprimentar todos os datos da folla de inscrición.
- Fotocopia do D.N.I. (en caso de ser Abono Familiar, fotocopia dos documentos nacionais de identidade de todos os beneficiarios do abono).
- Fotocopia do Nº de Conta Bancario, onde aparezan os nomes dos titulares da conta (e DNI do titular, en caso de non se corresponder coa persoa que se vai inscribir).
- Fotocopia do Libro de Familia, exclusivamente no caso de Abono Familiar.
- En caso de seren parella de feito, é imprescindible presentar o certificado de convivencia expedido polo Concello.
- Foto tamaño carnet de todas as persoas que se desexen abonar.
- Fotocopia da tarxeta do paro, exclusivamente no caso de Abono para Colectivos Desfavorecidos.
- Fotocopia do certificado de discapacidade, exclusivamente no caso de Abono para Colectivos Desfavorecidos.
- Cumprimentar todos os datos da folla de orden de domiciliación de adeudo directo Sepa.
- A firma polo usuario da solicitude de inscrición implica que coñece e se comprome a respectar a normativa de réxime interno.
- Ao inscribirse na instalación autorízase a utilización dos datos persoais e o seu tratamento informático para a xestión da instalación e no seu caso envío de información comercial inherente a xestión do centro.
9.2. Tramitación da participación en cursiños.
- Cubrir todos os datos da folla de inscrición.
- Fotocopia do D.N.I.
- Fotocopia do Nº de Conta Bancario, onde aparezan os nomes dos titulares da conta (e DNI do titular, en caso de non se corresponder coa persoa que se vai inscribir).
- Cumprimentar todos os datos da folla de orden de domiciliación de adeudo directo Sepa.
9.3. Tramitación para a adquisición dunha entrada puntual:
- Por motivos de seguridade, poderá pedirse aos usuarios que presenten o seu DNI, ou calquera outra documentación acreditativa de idade, ó mercar unha entrada. O persoal da instalación poderá denegar o acceso á ela se o usuario se negase a amosar a devandita documentación.
- Cumprir coas normas que, en función da idade, ten cada espacio deportivo da instalación.
9.4. Solicitude de Baixa (abonados e cursillistas):
Para formalizar a baixa, debe notificarse por escrito na recepción da Instalación (cubrir a folla de solicitude de baixas correspondente), antes do día 20 do mes anterior.
Todas aquelas baixas notificadas despois do día 20, non serán tidas en conta a efectos de devolucións dos importes correspondentes.
9.5. Solicitude de cambio de grupo (cursillistas) ou de tipo de abono (abonados)
A solicitude deberá presentarse por escrito na recepción da instalación (cubrir a folla de solicitude correspondente), preferentemente antes do día 20 do mes anterior.
En caso de querer facelo con posterioridade á devandita data, e sempre que sexa posible o cambio, o usuario perdería a posibilidade da devolución correspondente en caso de existir.
9.6. Matrículas:
Todos os aboados, están obrigados a facer o pagamento en efectivo dunha matrícula, no momento no que se dan de alta. A duración desta cota, de carácter irrecuperable, será dende a data de formalización da inscrición ata a data na que o aboado cause baixa. A cota de matrícula para cursillistas por outra banda, terá duración de setembro a agosto, unha vez finalizado o citado prazo haberá que volver a aboala de cara a nova tempada.
9.7. Pagamentos:
A matrícula e máis a primeira cota, tanto para abonados como para cursillistas, deberán pagarse en efectivo na recepción ou mediante o ingreso bancario. Os demais pagos faranse por domiciliación bancaria, segundo os datos facilitados na folla de inscrición. Os recibos pasaranse nos primeiros cinco días de cada mes.
9.8. Devolucións bancarias:
No caso de devolucións de recibos da mensualidade por parte da entidade bancaria, o usuario terá un prazo de 2 días, a partir da data do aviso por parte da dirección da instalación, para realizar o pagamento en efectivo do recibo e máis dos gastos de devolución que se xeneren, na recepción da instalación.
- No caso de non cumprir o prazo establecido, o usuario perderá a praza (cursillistas) e os dereitos de aboado e procederase a causar baixa automática no centro.
- En caso dunha nova inscrición o aboado deberá volver realizar o pagamento da taxa de matriculación.
- A Dirección das instalacións resérvase o dereito de anular a condición de aboado dun titular, se os recibos mensuais son devoltos pola entidade bancaria ao expedidor de maneira reiterada.
9.9. Outros trámites.
Se un usuario desexa realizar cambios nos seus datos persoais (dirección, teléfono, datos bancarios, etc.), o comunicará persoalmente ou por escrito na recepción da Piscina Climatizada de Negreira.
Artigo 10-. Tarifas
As tarifas para os distintos abonos, cursos e outros servizos serán os establecidos pola Ordenanza Municipal correspondente reguladora das tarifas pola prestación do servizo para uso e disfrute da Piscina Municipal e Instalacións anexas, suxeitas ao incremento do IPC.
Artigo 12. Horario das instalacións
12.1. O horario de apertura da instalación na tempada invernal, de 1 de setembro a 30 de xuño, será o que segue:
- Luns a Venres 8:00 a 12:30 h. e 16:30 a 22:30 h.
- Sábados de 9:00 a 12:30 h.
12.2. O horario estival, do 1 de xullo ao 31 de agosto, colocarase con antelación suficiente as datas sinaladas.
12.3. A instalación estará pechada como mínimo durante quince día polos condicionantes do Decreto 103/2005 Regulamento Técnico-Sanitario de Piscinas de Uso Colectivo da Xunta de Galicia e/ou por causas de mantemento esencial, baleirado, limpeza e desinfección.
12.2. O Centro Deportivo e o seu persoal asi como o Concello de Negreira non se farán responsables de ningunha perda, dano ou hurto de calquera dos bens pertencentes aos usuarios, a menos que sexa debido a unha neglixencia da propia instalación. Asemade o Centro Deportivo e o seu persoal non serán responsables das mortes, danos persoais ou lesións que se produzan nas instalacións ou como resultado da utilización desta e/ou dos equipos postos a disposición pola instalación, salvo que se produza por calquera acto de neglixencia ou omisión por parte da instalación e do seu persoal.
Normas de aplicación exclusivamente ás instalacións integradas na Área Recreativa de Cobas. Artigo 13.- Solicitude de uso
Para a utilización das instalacións citadas establécese a obriga de presentar solicitude no Rexistro Xeral do concello, identificando ao/á solicitante, o local ou instalación que se prentende utilizar, a data ou datas nas que se pretende a citada utilización.
O concello á vista da solicitude poderá, mediante resolución do alcalde ou da persoa na que delegue, conceder á autorización para o uso das instalacións, ou ben denegala ou realizar os cambios que estime procedentes, á vista das necesidades municipais de uso das mesmas ou da posible coincidencia con outras solicitudes presentadas co mesmo obxecto.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Coa entrada en vigor do presente Regulamento derróganse expresamente a Ordenanza reguladora do uso de instalacións de propiedade municipal dependentes da Concellería de Cultura integradas na Área Recreativa de Cobas e publicada no BOP da Coruña nº224 de 23 de novembro de 2012, o Regulamento do servizo público da piscina climatizada e instalacións anexas publicada no BOP da Coruña nº 91 de 18 de maio de 2015 e calesqueira outras normas, ordenanzas ou regulamentos anteriores sobre esta materia.
DISPOSICIÓN FINAL
Este regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.