Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 7, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1. Normativa aplicable.
O imposto sobre construcións, instalacións e obras rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. O feito impoñible prodúcese pola mera realización das construcións, instalacións e obras mencionadas; e afecta a todas aquelas que se realicen neste termino municipal, aínda que se esixa a autorización doutra Administración.
Artigo 3. Construcións, instalacións e obras suxeitas.
Son construcións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas nas que a execución implique a realización do feito impoñible definido no artigo anterior e, en particular, as seguintes:
a) As obras de nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou de reforma que afecten á estrutura, ó aspecto exterior ou á disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) A construción de vados para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construcións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto ás obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrución ou arranxo do que puidera estragarse coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, aterraplenados, agás que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de cerre dos solares ou dos terreos e dos valos, os andamios e as andamiaxes de precaución.
h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa o seu emprazamento.
i) Os usos e instalacións de carácter provisional.
j) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valas que teñan publicidade ou propaganda.
k) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, ás actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.
l) A realización de calquera outras actuacións establecidas polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licencia municipal, sempre que se trate de construcións, instalacións ou obras.
Artigo 4. Exencións.
Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais, que estando suxeitas ó mesmo, vaian a ser directamente destinadas a estradas, ferrocarril, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Artigo 5. Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Ós efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2. No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
Artigo 6. Base impoñible.
A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra entendéndose por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construción instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.
Artigo 7. Tipo de gravame e cota.
1. O tipo de gravame será o 2,80 por cento.
2. A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
Artigo 8. Bonificacións.
1. Establécese unha bonificación de ata o 50 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
1.1.-A estes efectos decláranse de interese social as obras de construción, ampliación, reforma e conservación de explotacións gandeiras e agropecuarias no termino municipal de Cerceda, que cumpran ca normativa urbanística e dispoñan de licenza de apertura ou, de ser o caso, esta estivese substuida pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa, previa tramitación do expediente ambiental que corresponda. A bonificación será do 50% da cota e outorgarase, de ser o caso, previa solicitude por escrito do interesado, a cal deberá presentarse previamente ó pago do ICIO por parte do interesado, e elevarase ó Pleno Corporativo, o cal decidirá por maioría simple sobre a súa concesión ou non.
A presente bonificación levarase a cabo sobre as naves, rochos, etc, vinculados directamente á explotación, sen que en caso algún poida efectuarse a mesma sobre edificacións destinadas a vivenda ou outros usos non gandeiros ou agropecuarios.
En ningún caso procederá a aprobación da citada bonificación se a obra foi iniciada sen a oportuna licenza, declaración responsable ou comunicación previa, salvo no caso de legalización de explotacións preexistentes nos termos sinalados pola normativa vixente.
2. Establecerase unha bonificación do 30 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refire o apartado anterior.
3. Establécese unha bonificación do 90 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados anteriores.
Artigo 9. Devengo.
O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 10. Xestión.
1. A xestión do imposto, levarase a cabo polo órgano da Administración que resulte competente, ben en virtude de competencia propia, ben en virtude de convenio ou acordo de delegación de competencias; todo iso conforme ó preceptuado nos artigos 7, 8 e 103 do Real decreto 2/2004; así como nas demais disposicións que resulten de aplicación.
2. A xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto levarase a cabo conforme ó preceptuado nos artigos 2.2, 10, 11, 12, 13 e 104 do Real decreto lexislativo 2/2004; e nas demais normas que resulten de aplicación.
3. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar ante este Concello declaración-liquidación segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente. Dita declaración-liquidación deberá presentarse acompañada de xustificante de ter ingresado a cota tributaria, ó mesmo tempo que insta o outorgamento da correspondente licencia urbanística.
Artigo 11. Revisión.
Os actos de xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto serán revisables conforme ó procedemento aplicable á entidade que os dite. En particular, cando ditos actos sexan ditados por unha entidade local, os mesmos revisaranse conforme ó preceptuado no artigo 14 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais.
Artigo 12.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.